Ir al contenido principal

2 Domingo Coresma 2018

Fronte á tentación da vulgaridade, Ti, Señor, empéñaste en seguir alentándonos para facer da fe sopro renovador das nosas decisións e opcións
Descarga o ficheiro
SINAL DE CORESMA
Continuamos, neste segundo domingo de coresma, engadindo pedras ao redor da árbore da esperanza. Esta semana colocamos o letreiro coa palabra vulgaridade. Si, porque a forza de non pensar sobre a razón e sentido da nosa fe, acabamos facendo dela unha vulgaridade, algo que non valoramos, inda que si consumimos. Por iso nesta coresma poderiamos poñer todo o noso esforzo por facer do seguimento de Xesús e da fe que iso supón, unha opción persoal, libre e responsable, que rompa coa tentación da vulgaridade e da rutina.
CANTO GOZOSO
o   ENTRADA: Eu sei de quen me fiei (Nº 64)
o   LECTURAS: Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade
o   OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32)
o   COMUÑÓN: Acharte presente na vida (nº 51)
PARA NON PERDER O PASO
            Na Palabra de Deus que hoxe imos proclamar aparece Abraham poñéndose ao dispor de Deus. O seu “aquí estou” é toda unha carta branca para deixarse enchoupar pola presenza de Deus no camiño da súa vida. Unha presenza que será apoio nas dificultades, confirmación ante as inseguridades e confianza á hora de responder aos retos que tiña por diante respecto ao seu pobo. Coma el, tamén nós hoxe somos confrontados a responder á chamada que Deus tamén nos fai. Seremos quen de actuar coa confianza, seguridade, sinceridade e liberdade coa que actuou Abrahám? Facer a vontade de Deus non é negarnos a nosa capacidade de decidir libre e responsablemente, todo o contrario. Non deixemos logo, como tampouco o fixo Abraham, que a vulgaridade entre na nosa vida e se estenda coma un virus ao que non se lle pode facer fronte.
CO CORAZÓN FERIDO
·         Polas nosas infidelidades aos valores do Evanxeo; SEÑOR, SEGUE A CAMIÑAR CON NÓS.
·         Polo noso “alzheimer” espiritual, que nos baleira e nos fai perder a esperanza; CRISTO, SEGUE A CAMIÑAR CON NÓS.
·         Polas nosas desconfianzas, que nos fan persoas débiles e solitarias; SEÑOR, SEGUE A CAMIÑAR CON NÓS.
UNHA PALABRA QUE AGROMA
ü  As probas da vida son constantes, tanto como os días e horas aos que temos que darlle contido e sentido. Por iso é tan importante que a resposta a todas estas situacións que se nos presenten non sexa nin vulgar nin acomodaticia. Todo o contrario. Ante os retos que imos atopando cada día, e que nos esixen ter que tomar decisións, é fundamental non deixarnos ir ao chou; senón que temos que aprender a discernir, valorar, analizar e contrastar as nosas decisións desde as opción de vida que teñamos tomado, para que non acabemos sendo monicreques mesquiños e facilmente manipulables. A lectura que acabamos de escoitar móstranos como respondeu Abrahám ao reto de poñerse á fronte dun pobo que necesitaba iniciar un camiño de liberación e cambio. Non tivo medo, senón que os seus foron pasos de confianza, de convencemento de superación de calquera actitude interesada ou egoísta. El responde con convicción porque sabía de quen se fiaba. Apesares que o que se lle pedía supoña ter que actuar contra aquel ao que lle dera a vida: o seu fillo. Gustaríanos seguir esta mesma metodoloxía? A metodoloxía de saír das nosas zonas de conforto, de desestabilizarnos facendo que comecemos de novo sen medo e sen mirar atrás ao que deixamos. A nostalxia non axuda a madurar, ao contrario: infantilízanos. Que mellor que este tempo de coresma para preguntárnolo e poñérnolo como tarefa que nos dea azos e claridade nas decisión que necesitamos tomar.
ü  Estar decididos a facer da coresma un tempo de calidade non é doado. Máis ben supón todo o contrario: esforzo, incomprensión, afastamento do cómodo e fácil... evitar caer na vulgaridade. Pero se imos acadando pequenos logros, como se reforza a nosa autoestima e que ben nos sentimos! Para poder ir dando estes pasos é necesario que desexemos andar na presenza do Señor, confiar nel, deixarnos agarimar pola súa palabra e pola invitación de facer da nosa vida compromiso por levar palabra alentadora alí onde vexamos que é necesario; facer o posible porque a confianza que Deus nos ofrece, e que nós acollemos, sexa a mesma que trasladamos a quen vive na desconfianza, no desacougo ou na tristura máis profunda. Porque a fe, se non somos capaces de volvela contido concreto que transforme as estruturas, á vez que nos vai transformando a nós, quédase en algo baleiro e sen capacidade para mover/transformar ás persoas. Por iso, nesta coresma, debemos preguntarnos: que quero acadar? Que estou disposto a poñer da miña parte? Porque só sendo capaz de responder ás preguntas que axudan a situar a fe no noso universo persoal, seremos capaces de facer dela non unha tradición nin unha rutina, senón unha opción desde a que querer construír a propia vida. 
ü  E iso só o podemos facer se o noso convencemento é tan profundo que nos faga sentir a presenza de Deus como guieiro da vida. Así o entendía Paulo cando lle dicía aos romanos que si Deus está connosco –e para iso hai que sentilo e crelo– nunca nos sentiremos nin abandonados nin ao pairo. Deus é acollida, non deserto. E así o entenderon os que estaban con Xesús. Eles sabían facer do pequeno e sinxelo fondura e gratitude. Cando acompañan a Xesús ao monte –lugar que sempre expresa presenza de Deus é capacidade para orar– logo do vivido alí, comezaron a facerse preguntas e a perder medos. Nós hoxe, ante o testemuño de tantas persoas –non esquezamos que na prensa soamente saen as que distorsionan, non as que coa súa vida e coherencia seguen a poñer a ledicia de Xesús nos corazóns empobrecidos e explotados– que son verdadeiras rochas que non se deixan vencer polo desalento, e que fan da súa vida xenerosidade, non podemos quedar nin quedos nin asustados. Por iso se nos invitaba, na rocha que hoxe non podemos deixar que entre no noso corazón, a afastarnos da vulgaridade. Busquemos e transmitamos entre os vivos, e aprendamos a rezar polos mortos!
DESDE A ORACIÓN COMPARTIDA
Porque Deus  non é un Deus nin morto nin de mortos, compartimos este momento de oración dicindo: 
QUE MOSTREMOS O TEU CAMIÑO COA NOSA VIDA
v  Para que co noso actuar non convertamos á Igrexa en vulgaridade, sen capacidade para ilusionar e entusiasmar ao estilo de Xesús, OREMOS.
QUE MOSTREMOS O TEU CAMIÑO COA NOSA VIDA
v  Para que fagamos da parroquia lugar onde nos encontremos e aprendamos a servir e axudarnos uns aos outros; OREMOS.
QUE MOSTREMOS O TEU CAMIÑO COA NOSA VIDA
v  Para que esta coresma sexa tempo de prestar atención á Palabra de Deus que nos fala a través do testemuño de tantas persoas que son incapaces de pasar e darlle as costas a quen sofre e os necesita, OREMOS. 
QUE MOSTREMOS O TEU CAMIÑO COA NOSA VIDA
Acompaña, Señor, canto hoxe rezamos xunt@s; acolle tamén o que desde o silencio do corazón queremos compartir contigo. PXNS. Amén.

PARA QUE TODOS SINTAMOS A LEDICIA DO COMUNITARIO
A gratuidade é unha graza que non pode convivir coa promoción e cando un sacerdote, un seminarista, un relixioso, unha relixiosa entra ‘en carreira’, non digo mal, en carreira humana, empeza a enfermar de Alzheimer espiritual e empeza a perder a memoria de onde me sacaron.
Dous principios para vós sacerdotes, consagrados e consagradas: todos os días renovade o sentimento de que todo é gratis, o sentimento de gratuidade da elección de cada un de vós, ningún a temos merecido e pedide a graza de non perder a memoria, de non sentirse máis importante. É moi triste cando un ve a un sacerdote, un consagrado, unha consagrada que na súa casa falaba o dialecto ou falaba outra lingua, unha desas nobres linguas antigas que teñen os pobos... e é moi triste cando esquecemos a lingua, é moi triste cando non a queremos falar, iso significa que nos esquecemos de onde vimos.

Non vos esquezades disto, e pedide a graza da memoria.

                (Francisco no Ecuador 08/07/2015)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel