Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

2 Domingo TO B 2018

A SÚA VOZ NON TEN PROGRAMA PROPIO NIN NA TELEVISIÓN NIN NA RADIO, SENÓN A TRAVÉS DA MIRADA ANGUSTIADA DE QUEN NON TEN CASA OU TEN QUE ABANDONAR O SEU PAÍS PARA SALVAR A SÚA VIDA. TRABALLEMOS PARA FACER DA VIDA ACOMPAÑAMENTO NO CAMIÑO DO INVISIBLE AO VISIBLE Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSOENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS: As túas palabras, Señor, son espírito e vida (Nº 113) OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 117) COMUÑÓN: Déixate querer (Nº 61) PARA NON PERDER O PASOSomos invitad@s hoxe desde as palabras de Xesús a, como noutro tempo o foi Pedro, a ser pedras. Pedras de esquinal, pedras que asentan, pedras que non esmorecen nin caen cando as cousas van en senso contrario ao que pensabamos que deberían ir. Nunha palabra, Xesús invítanos a ser pedras construtoras do mundo como casa onde se acolle; casa na que as fronteiras non se pechan senón que están permanente abertas para ir e vir; pedras desde onde construír pontes que unen e achegan e non muros que poñen distancia entre n…