NACE PARA QUE NON
ESVAREMOS SOBRE A VIDA UNHA MIRADA DE TURISTAS, SENÓN DE PROFETISAS E PROFETAS
Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO
Panxoliñas
o ENTRADA:
o LECTURAS:
o OFERTORIO:
o COMUÑÓN:
o BICADO DO NENO
PARA NON PERDER O PASO
Bos días e Bo Nadal para
tod@s vós!!!!.Porque o nacemento dun neno non era unha festa para tod@s; porque
á meirande parte das persoas a vida resultáballes unha triste e penosa
escravitude; porque un poder tiránico asoballaba a liberdade dos pobos
impoñendo leis inxustas, unha paz muda e unha cultura uniforme; porque a
dignidade da persoas medíase pola forza, a riqueza ou a sorte; porque a
humanidade vivía nunha crise desesperanzada e deprimente; porque só Deus podía
salvar ás persoas... enviou ao seu Fillo ao mundo.
Se Deus se fixo un de
nós, todo pode e debe cambiar: novas serán as persoas, nova será a sociedade,
nova será a terra. Deixemos atrás a mirada de turistas, que só se preocupan
polo externo. Aprendamos a mirar desde o corazón; aprendamos a mirar tamén aos
lados; aprendamos a mirar ás persoas e non o que teñen ou o importantes que son! Abramos o noso corazón e acollámolo: vén para
traernos felicidade e vida.
CO CORAZÓN FERIDO
- Deus enviou ao seu Fillo ao mundo para ensinarnos a vivir na sinxeleza, e nós reducimos o seu nacemento a unha festa puramente consumista, por iso che dicimos: SEÑOR, GRAZAS POR VARRER A NEGRURA DO NOSO CORAZÓN.
- Deus enviou ao seu Fillo ao mundo para que vivísemos a fraternidade; pero nós seguimos dando voltas para non atoparnos con quen precisa de nós, por iso che suplicamos: CRISTO, GRAZAS POR VARRER A NEGRURA DO NOSO CORAZÓN.
- Deus enviou ao seu Fillo ao mundo para que sementásemos esperanza e ilusión; pero nós seguimos ancorados no pesimismo e no desánimo, por iso che rogamos: SEÑOR, GRAZAS POR VARRER A NEGRURA DO NOSO CORAZÓN.
UNHA PALABRA QUE AGROMA
Os
emperadores rexían o mundo a base de decretos e lexións. Decrétase que Roma ha
ser a cidade, o centro do mundo, e as lexións recorrerán a xeografía para
implantar o selo romano. Decrétase que as únicas leis que valerán serán as
aprobadas polo Senado Romano ou as que dite o emperador. Decrétase que todos os
súbditos do imperio han ter papeis romanos e pagarán impostos con moeda romana.
Por un
deses decretos, unha parella nova tivo que desprazarse cara á Belén a pesares
do embarazo avanzado da muller. Non tiñan a documentación en regra nin tampouco
lles sobraban os denarios; pero ela pariría nunha cova a quen ía ser a meirande
xustificación e riqueza das persoas. Aquel Neno traía paz, tenrura,
xenerosidade… e atopou unha manxadoira, uns cueiros e un par de corazóns
acendidos que tremían diante do misterio.
Roma e
Belén son todo un contraste: Roma é o poder dun home endeusado; Belén, a
pequenez dun Deus humanado. Roma é o triunfo da forza; Belén, o triunfo do amor.
Roma é un canto de gloria; Belén, un sinal de marxinación. Roma é imposición;
Belén, respecto. A Roma conflúen os ríos das finanzas; Belén é fonte de desprendemento.
Roma é un resume da inhumanidade; Belén, o comezo dunha nova humanidade.
Hoxe
Roma e Belén tamén se poñen ante nós para que cadaquén escolla onde se sente
máis cómodo e desde onde quere organizar a súa vida. Nós estamos aquí en
comunidade porque queremos que Belén, con todo o que evoca, sexa eixo desde o
cal darlle sentido á nosa vida. Porque do mesmo xeito que naquel tempo, tamén
hoxe o neno que chega peta na nosa porta. Non fagamos coma os pousadeiros de
Belén!. Non lle pechemos as portas. Se somos capaces de abrirlle a nosa casa, a
nosa vida, o noso corazón... seguro que comezaremos a ver a luz do día con máis
claridade, con outros ollos, con outra actitude. Porque a luz xa chegou,
invitémola a pasar, sentémola á nosa mesa, compartamos con ela o noso pan. Porque
Deus está aquí, recoñezámolo!. Cambiemos a nosa mirada, non sexamos coma as
persoas turistas que deixan esvarar a súa mirada sen que iso supoña algún
compromiso. Camiñemos cos ollos ben abertos e sexamos capaces de interpretar o
mundo e o que o compón con ollos e corazón de profeta. Déusenos un Neno para
que vivamos na esperanza. Empoderemos!!!!!!!!!!
DESDE A ORACIÓN COMPARTIDA
Neste día santo no que se nos deu un Salvador, dicimos:
GRAZAS, SEÑOR, POR VIR COMPARTIR A NOSA VIDA
Para que a encarnación de Deus nos leve a cantos somos Igrexa a loitar e esforzarnos en vivir coma Xesús nos ensinou, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POR VIR COMPARTIR A NOSA VIDA
Para que o que non atopou casa ao nacer, atope en nós un corazón quente e esperanzado, sen pedras negras que o manquen, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POR VIR COMPARTIR A NOSA VIDA
Para que Deus, que se fixo pobre para enriquecernos, mova os nosos corazóns á solidariedade de compartir o que somos e temos, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POR VIR COMPARTIR A NOSA VIDA
Para que o Deus connosco nos converta en mans amigas, abertas, sinceras e solidarias para todas as persoas, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POR VIR COMPARTIR A NOSA VIDA
Grazas, Señor, por facerte un de nós para traernos a felicidade e a
esperanza. P.X.N.S. Amén
PARA QUE TOD@S SINTAMOS A LEDICIA DO
COMUNITARIO
Unha
vez máis tes, onda ti, de balde, o Nadal.
Coma
outros moitos anos desde que es consciente
el
pasará, onda ti, tal como es, sen disfraces.
Que
raro se nos fai!
Chamará
á túa porta, con suavidade ou inoportunamente,
coma
outros moitos anos, esperando escoitar a túa voz:
voz
de traballo, voz de rúa,
voz
de ledicia ou de dor,
forte
ou suave,
a
túa, sen disfraces.
Que
raro se nos fai!.
Non
che pedirá nada,
porque
a pesares de que o quere todo,
quéreo
de balde, entendes?.
Que
raro se nos fai!.
Nadal
para ti se soñas e compartes,
se
camiñas e te encarnas, coma El,
xunto
aos que nada teñen.
Nadal
para ti, se aínda te atreves,
coma
os primeiros cristiáns,
a
dicir cada día:
“Gloria a Deus no ceo
e paz na terra aos homes
e mulleres que El quere tanto”.
Comentarios