Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2017

Defuntos 2017

QUÉDATE, SEÑOR, CONNOSCO CANTO GOZOSO ENTRADA: Que o Señor para sempre che abra as portas do paraíso LECTURAS: Pai, Pai, póñome nas túas mans OFERTORIO: Ergo os meus ollos (Nº 112) COMUÑÓN: Se o Señor resucitou (Nº 85B) ESCOITA ACTIVA Lembramos e encomendamos hoxe aos nosos familiares, amigos e veciños que xa non están fisicamente ao noso lado. Non están fisicamente; pero seguro que seguen a estar no noso pensamento, no noso corazón, e nas miradas que tantas veces facemos das persoas e cousas que a eles nos uniron. A súa lembranza está presente porque foron deixando pegada na nosa vida, por iso non queremos esquecel@s. É esta a razón que tamén nos trae ata a igrexa este día: seguir compartindo a súa presenza por medio e a través da oración. Unha oración que queremos que sexa comunitaria e compartida desde a fe e a esperanza que a tod@s nos une en Cristo. Abramos logo o corazón para celebrar, compartir e participar xunt@s desta exper

Santos 2017

--> CELEBRANDO O GOZO DE PASAR POLO MUNDO FACENDO O BEN CANTO GOZOSO ENTRADA: Benaventurados (Nº 118) LECTURAS: O amor é o meirande (Nº 119) OFERTORIO: Quédate Señor connosco (Nº 63) COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) ESCOITA ACTIVA A mesa do altar volve ser para tod@s nós sinal de encontro e oración compartida. Na comuñón que nos une a cant@s hoxe estamos aquí, reunímonos para rezar xunt@s e agradecer o testemuño de vida compartida das persoas que pasaron pola nosa vida deixando pegada de amor, felicidade, axuda e alegría. Fagamos logo memoria agradecida desta fe que podemos compartir desde a lembranza á que lle poñemos rostro, con nome e apelido, das persoas que Deus puxo ao noso carón para que fosen luz no noso camiñar de cada día. Vivamos este momento do oración, non como costume, senón como experiencia compartida no Deus do amor que acolle na súa tenrura ás persoas boas e xenerosas. CORAZÓN MISERICORDIOSO *    Porque nos pode máis o que dicimos que o