Ir al contenido principal

20 domingo TO A 2017


ANTE A MULLER CANANEA, XESÚS NIN A APARTA NIN SE APARTA... POR QUE NÓS SI O FACEMOS?
Descarga o ficheiro

CANTO GOZOSO


ö ENTRADA: Acharte presente (Nº 51)

ö LECTURAS: Canta o sol (Nº 22)

ö OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58)

ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)

ESCOITA ACTIVA


Unha vez máis a Palabra sae ao noso encontro para clarificarnos e axudarnos a superar a tentación de converter a vida cristiá nun conxunto de preceptos, normas, mesmo dogmas, que pouco ou nada axudan a recoñecer nelas ao Señor.

Diante deste reducionismo tan ao uso, Xesús fálanos da universalidade, da apertura, da superación de fronteiras da fe cristiá. So así poderemos actuar, vivir e concretar o aquí do seguimento de Xesús.

Que a celebración que agora comezamos nos faga caer na conta de que as sementes do Reino están en todas as persoas, e non só nuns poucos elixidos.

CORAZÓN MISERICORDIOSO


*        Porque son demasiadas as veces nas que utilizamos o teu nome en van para cangar os ombreiros dos irmáns e das irmás con pesados fardos que non son máis ca un reflexo da nosa intolerancia e do noso medo, dicímosche coma a muller cananea: SEÑOR, TEN COMPAIXÓN DE NÓS.

*        Por ter convertido a nosa oración non nun diálogo contigo, senón nunha listaxe de peticións, coma se foses unha grande superficie comercial na que atopamos de todo, pedímosche coma a muller cananea: CRISTO, TEN COMPAIXÓN DE NÓS.

*        Porque seguimos considerando ás mulleres coma o sexo débil, porque seguimos sen ter en conta a súa opinión, a súa voz, o seu criterio á hora de tomarmos decisións dentro da Igrexa, suplicámosche coma a muller cananea: SEÑOR, TEN COMPAIXÓN DE NÓS.

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN


·        As lecturas que vimos de proclamar hoxe teñen un eixo común: a universalidade da fe, ou o que é o mesmo: Deus chama por todas as persoas, homes e mulleres; brancos, negros ou amarelos; dunha e doutra cultura; nad@s neste ou naquel país. E, como a fe non é un privilexio duns poucos, ninguén se debe sentir diferente ou superior a ninguén. Así, fronte a ese crerse mellores do pobo xudeu, Isaías anuncia que os estranxeiros tamén entrarán na casa do Señor; Paulo lémbralles aos romanos que os xentís tamén obtiveron a misericordia de Deus e Xesús no evanxeo ten un diálogo interesantísimo cunha muller cananea, doutra cultura e doutra relixión que se achega a El movida pola fe. Polo tanto, a Palabra dinos que Deus non é destes ou dos outros, ao contrario, non fai distingos. E se El non os fai, pide que nós tampouco os fagamos. Ninguén ha sentirse inferior, tampouco superior, a ninguén, porque a dignidade é a mesma en e para todas as persoas. As exclusións non son máis que formas de soberbia e falsa superioridade, xa que tod@s valemos e temos talentos. Cómpre traballar para que todas as persoas teñamos as mesmas oportunidades para poder desenvolvelos.

·        E cando se fala de excluír non só nos referimos a persoas, senón que tampouco debemos excluír culturas, falas, feitos... sempre que respecten a dignidade do ser humano. E isto, que se nos ten repetido tantas e tantas veces, está ben lonxe de ser unha realidade na nosa vida. Porque... podemos dicir que non somos unha Igrexa excluínte? Só coa boca pequena. Se nos paramos un chisquiño, tampouco cómpre moito tempo para decatarse, descubriremos que nos falta moito camiño por andar para sermos unha Igrexa incluínte.

·        Malia iso, se queremos ser fieis a Xesús, non nos queda outra que andar polos seus vieiros, uns vieiros marcados sempre polo respecto e o diálogo. O Evanxeo que vimos de proclamar é boa proba do que falamos. A protagonista é muller e cananea, estranxeira, desconcertante, pobre, pagán, alguén a quen non se lle debía nin facer caso nin prestar atención . Malia iso, Xesús nin a aparta nin se aparta. Ao contrario, achégase e no seu diálogo vainos mostrando como é posible rezar xunt@s, camiñ@r xunt@s e buscar canto une, e non marcar a diferenza no que separa. Hoxe tamén son moitas as mulleres cananeas que nos interpelan: refuxiad@s, vítimas da violencia de xénero, abusad@s, desfiuzad@s... e que nos berran. “ten compaixón de min”. Seremos tan insensibles como para seguir de longo e darlle as costas?

FRATERNIDADE ORANTE


Poñémonos agora nas mans amorosas e abertas de Deus Pai-Nai e dicímoslle xunt@s:

GRAZAS POR NON EXCLUÍR A NINGUÉN

o   Pola Igrexa, que formamos tod@s nós, para que descubramos que a fe non é excluínte nin se pode impoñer, senón que hai que ofrecela desde o respecto a todas as persoas, independentemente do seu xénero, e desde a fidelidade á mensaxe de Xesús, e non a unhas frías formulacións teolóxicas, OREMOS.

GRAZAS POR NON EXCLUÍR A NINGUÉN

o   Polas nosas comunidades, para que nunca caiamos na doada tentación de pechalas só en nós e nos que pensan coma nós, e sexamos capaces de abrirnos a todas as persoas, tamén ás que opinan de xeito distinto, OREMOS.

GRAZAS POR NON EXCLUÍR A NINGUÉN

o   Por cada un e cada unha de nós, que nos xuntamos nesta mañá de domingo celebrando e agradecendo a universalidade da fe, para que nunca nos deixemos levar da uniformidade nin da intolerancia, que non fan máis que matar a creatividade e a frescura do Evanxeo, OREMOS.

GRAZAS POR NON EXCLUÍR A NINGUÉN

Grazas, Señor, porque unha vez máis déixasnos claro que na túa casa hai sitio para tod@s. Que as nosas actitudes reflictan esa universalidade á que ti nos chamas. P.X.N.S. Amén.

MIRADA DIFERENCIADA


Grazas

polas persoas que aman no concreto

e fan do amor martelo para romper barreiras establecidas.

Grazas

pola xente que sofre porque ama

e converte o sufrimento en camiños de esperanza.

Grazas

polas persoas que cren e esperan

máis alá de calquera límite interesadamente posto.

Grazas

polas persoas que teñen palabra humilde e convencida

para facer triunfar as solidariedades.

Grazas

polas persoas que resisten e aguantan,

a proba de fracasos, os seus amores todos.

Grazas

por todas as nais dolorosas,

que aman e loitan sen límite para que os seus fillos e as súas fillas teñan vida.

Grazas

por aquela muller descoñecida, chamada a cananea

e por todas as cananeas do mundo, de onte e de hoxe.

Grazas

polos grupos e pobos

que quixeron coller o teu estilo

para que a vida, a túa vida, triunfe e soleza

nos corazóns e nas casas dos máis pequenos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor