Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2017

22 domingo TO A 2017

PASAR POLO GÓLGOTA… PARA CHEGAR AO TABOR

Descarga o ficheiro https://drive.google.com/file/d/0B-QLZ-tpDg-aOEx2SE5mS3NUbGs/view?usp=sharing
CANTO GOZOSO
öENTRADA: Non vou so (Nº 60)
öLECTURAS: Déixate querer (Nº 61)
öOFERTORIO: Misioneiro (Nº 37)
öCOMUÑÓN: Acharte presente (Nº 115)
ESCOITA ACTIVA
Vivimos nunha sociedade na que todo se move polos cartos, que mesmo nos fan perder a cabeza. O desexo de acumular máis e máis lévanos á competencia, á deshumanización e á morte.
E nesta sociedade nosa que atropela aos máis febles e aplaude aos que gañan, Xesús hoxe lémbranos, coa súa pregunta, que o sentido da vida non está no materialismo abafante nin no utilitarismo tan en boga, senón que somos invitad@s a saber descubrir que só gaña a verdadeira vida quen é capaz de entregala xenerosamente.
Oxalá que a Palabra proclamada e o Pan compartido nos axuden a non deixarnos engaiolar por falsos cantos de sereas.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
*Porque seguimos sen ser capaces de descubrirte na dor da persoa enferma, na…

21 Domingo TO A 2017

EN TEMPOS DE INVISIBILIDADE, REIVINDIQUEMOS A VISIBILIDADE QUE NOS DÁ A TOD@S O SER FILL@S DO DEUS QUE NOS CREA COA MESMA DIGNIDADE E IGUALDADE Descarga o ficheiro
CANTO GOZOS ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5)
LECTURAS: A túa Palabra (Nº 25)
OFERTORIO: Velaquí, Señor (Nº 37)
COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Nunca tanto coma hoxe temos escoitado a palabra invisibilidade: invisible é a morte -renegamos dun dos elementos da nosa condición humana: somos limitad@s e para un tempo-, invisible é a enfermidade, invisible é a pobreza, invisible é a limitación e a nosa incapacidade para moitas cousas –sobrevaloramos, entón, a aparencia-, invisibles son tantas e tantas persoas que nin son populares, nin teñen poder nin saen a todas horas nas televisións nin nas revistas. Pero, nos guste ou non, seguen a ser persoas coa mesma dignidade ca nós. Por iso esta mañá a chamada a cantos participamos na celebración é a de non deixarnos domear nin conquistar pola moda da invisibilidad…

20 domingo TO A 2017

ANTE A MULLER CANANEA, XESÚS NIN A APARTA NIN SE APARTA... POR QUE NÓS SI O FACEMOS? Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO
öENTRADA: Acharte presente (Nº 51)
öLECTURAS: Canta o sol (Nº 22)
öOFERTORIO: Eu soñei (Nº 58)
öCOMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)
ESCOITA ACTIVA
Unha vez máis a Palabra sae ao noso encontro para clarificarnos e axudarnos a superar a tentación de converter a vida cristiá nun conxunto de preceptos, normas, mesmo dogmas, que pouco ou nada axudan a recoñecer nelas ao Señor.
Diante deste reducionismo tan ao uso, Xesús fálanos da universalidade, da apertura, da superación de fronteiras da fe cristiá. So así poderemos actuar, vivir e concretar o aquí do seguimento de Xesús.
Que a celebración que agora comezamos nos faga caer na conta de que as sementes do Reino están en todas as persoas, e non só nuns poucos elixidos.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
*Porque son demasiadas as veces nas que utilizamos o teu nome en van para cangar os ombreiros dos irmáns e das irmás con pesados fardos que non son má…

19 Domingo TO A 2017

OS MEDOS BLOQUEAN E INHIBEN; A CONFIANZA LÉVANOS A CRECER, MADURAR E AVANZAR
Descarga o ficheirohttps://drive.google.com/file/d/0B-QLZ-tpDg-aZ0RyMTEyZ0MyTzg/view?usp=sharing
CANTO GOZOSO
öENTRADA: Eu sei de quen me fiei (Nº 64)
öLECTURAS: As túas palabras (Nº 113)
öOFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 117)
öCOMUÑÓN: Non vou so (Nº 60)
ESCOITA ACTIVA
Unha certeza nos guía” cantamos moitas veces. A certeza de que no camiño da vida non imos solos, que ao noso lado temos o amigo que sempre está, que acompaña, que escoita, que alenta, que se fai presente porque nos quere e non nos abandona.
A celebración que agora comezamos quere que sintamos esa presenza, que sexamos conscientes de que, no camiño das nosas vidas, o Deus de Xesús é a mellor das compañas. A compaña que nunca nos deixa nas beiras.
Nun mundo con tantas persoas na exclusión e no abandono, urxe que tamén nós collamos a boa pegada, a pegada que vai deixando Xesús, para seguila sen desfalecer nin desacougar. E se nós non imos solos,…