Ir al contenido principal

16 domingo TO A 2017

NON HAI XUSTIZA SEN HUMANIDADE, NON O ESQUEZAMOS

CANTO GOZOSO

ENTRADA: Non vou so (Nº 60)
LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 54) 
OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36)
COMUÑÓN: Acharte presente na vida (Nº 51)
ESCOITA ACTIVA
Unha das frases da primeira lectura de hoxe dinos que “ao xusto lle cómpre ser humano”. Nestas seis sinxelas palabras, atopamos unha estupenda síntese na que poderiamos resumir a fe cristiá. Si, porque a salvación da que tantas veces falamos en abstracto non ten outra concreción que a capacidade que nós teñamos de ir facendo visible a xustiza de Deus e o recoñecemento da humanidade no actuar en relación cos demais. Só deste xeito poderemos poñerlle rostro e sentido ás palabras. Do contrario non faremos máis ca teatro e poesía, pero non estaremos respondendo á gozosa chamada á construción do Reino que nos fai Xesús. 
CORAZÓN MISERICORDIOSO
Porque nos falta capacidade para agarimar e nos sobran miradas que nos distancian e xulgan; SEÑOR, QUE SEXAMOS MÁIS HUMANOS.
Porque somos xusticeiros, pero non xustos; CRISTO, QUE SEXAMOS MÁIS HUMANOS.
Porque somos de oído duro e man pechada; SEÑOR, QUE SEXAMOS MÁIS HUMANOS.
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
Non ser capaz de acadar a perfección, non acertar en moitas das decisións que tomamos, coller camiños equivocados na vida… son algunhas das maneiras de poñer de manifesto que os seres humanos estamos cheos de limitacións. Sabelo e aceptalo é signo de madurez e responsabilidade. Non telo en conta non é máis que un xeito de expresar que nos falta fondura humana e capacidade de empatía para cos demais. Porque quen non é consciente da propia limitación, dificilmente vai ser capaz de ver, e moito menos de entender, e non digamos nada de axudar, a quen se ve incapaz de realizar calquera tarefa. Sabernos pequenos e necesitados dos demais, afasta de nós a tentación da autosuficiencia, e polo tanto da soberbia. Nunha palabra: fainos sentir humanos. De aí que o libro da Sabedoría nos invite a profundar nesta idea: só quen sabe que necesita arrepentirse é capaz de abranguer os retos que se propoña. Nun mundo no que moitas veces non distinguimos o núcleo da casca, o fundamental do accesorio, temos que saber dar razón da nosa esperanza camiñando neste binomio xustiza-humanidade ao que se nos invita neste domingo. 
Para non sentírmonos solos neste esforzo por deixar atrás a tentación da soberbia e da autosuficencia e así poder ir desenvolvendo este proxecto de Deus artellado no binomio xustiza/humanidade, Paulo lémbralles aos romanos, e tamén vale para nós hoxe, que nunca estaremos ao pairo. Deus, que é Pai-Nai cheo de agarimo e preocupación polos seus fill@s, fainos o mellor dos agasallos: o Espírito Santo, que sabe estar, agarimar, alentar, acompañar os moitos camiños que ao longo da vida imos percorrendo. Unha vez máis, e non deberamos cansar de repetilo e asumilo, non estamos solos. O Deus cuxa fe profesamos non nos deixa nin nos cambia por outr@s, senón que nos acolle e nos invita a agocharnos ao seu carón.
Dispostos sempre a deixarnos agarimar por este presenza, ben seguro que atoparemos os folgos necesarios e suficientes para ir sabendo distinguir o xoio do trigo. Necesitamos organizar e aprender a descubrir o importante e o que non o é, aínda que estea moi de moda e o fagan tod@s, converténdose en viral. Distinguir o que humaniza do que escraviza non sempre é fácil, por iso é tan importante formarnos, coñecer e diferenciar, para non confundirnos nin deixarnos ir como arrastrados por quen berra máis, manipula mellor ou aparece máis veces na TV. Non porque unha cousa se diga, se vexa ou repita moitas veces se converte en boa se non o é. Na vida, xoio e trigo van camiñando tan á xunta que moitas veces, se non poñemos a atención debida, poden confundirse.
FRATERNIDADE ORANTE
Porque queremos ser herba boa e camiñar construíndo comunidades xustas e solidarias, compartimos xuntos a nosa oración e dicimos: 

SEÑOR, QUE A TÚA SEMENTE CREZA EN NÓS

Para que na Igrexa nunca deamos amparo ás herbas malas que enrarecen a vida da comunidade e a fidelidade á mensaxe de Xesús, OREMOS. 

SEÑOR, QUE A TÚA SEMENTE CREZA EN NÓS

•Para que non deixemos que no medio das nosas comunidades medre o xoio da desunión, a envexa, a soberbia e o desprezo, OREMOS.

SEÑOR, QUE A TÚA SEMENTE CREZA EN NÓS

Para que na nosa vida persoal non deamos entrada a canto mata a frescura dunha fe que nos chama a construírnos desde a paz, a xustiza, o respecto de uns polos outros e a igualdade, OREMOS.

SEÑOR, QUE A TÚA SEMENTE CREZA EN NÓS

Axúdanos, Señor, a afastar de nós e das nosas comunidades as herbas malas que contaminan a nosa fe e confunden as actitudes que nos propós como tarefa para facer das nosas casas, parroquias e países ámbitos de sinceridade e amor fraterno. P.X.N.S. Amén.

MIRADA DIFERENCIADA

Ti es, Xesús, a primeira semente do reino de Deus.
Ti es a primeira árbore, o primeiro lévedo.
O reino de Deus vén contigo.
Se che damos fe,
nós tamén seremos reino de Deus.
E medraremos.
E teremos sitio para todas as persoas que veñan.
E fermentaremos.
E faremos fermentar a todas as persoas que atopemos.
Medrará na escuridade a túa semente dentro de nós,
con toda seguridade.
E medrará nos nosos compañeiros.
E sementaremos, tod@s xunt@s,
contigo,
unha semente,
unha semente co teu nome no campo do mundo.
E será a terra,
por nós,
un pouco máis que antes, Reino de Deus.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor