Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2017

17 Domingo TO A 2017

QUE NON CAIAMOS NA TENTACIÓN DE FACER DA VIDA DOS DEMAIS UN INFORMATIVO DE TELEVISIÓN, SENÓN UNHA SALA DE URXENCIAS NA QUE ACOLLAMOS E ATENDAMOS SEN PREXUÍZOS Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS: Benaventurados (Nº 118)  OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32) COMUÑÓN: No colo de miña nai (Nº 49) ESCOITA ACTIVA Cantas veces temos escoitado palabras que soan moi ben ao oído pero que non acaban de converterse en actitudes e comportamentos reais, vivos e concretos! Cantas veces nos temos comprometido en cambiar, en facer as cousas doutro xeito, en non volver cometer os mesmos erros, en... pero que fráxiles somos! Na mesma medida que o temos prometido, temos caído de novo. A pesares da nosa inconstancia, Deus segue ao noso lado, non nos deixa, non cansa de nós. Ao contrario, segue a dicirnos que a dignidade que puxo en tod@s nós non cambia nin se abandona: permanece. E desde esta permanencia, hoxe, agradecidos, queremos compartir este

Apóstolo 2017

DESDE A FRAXILIDADE DE SABÉRMONOS VASOS DE BARRO, GRAZAS, SEÑOR, POR POÑER EN NÓS O GRAN TESOURO DA DIGNIDADE COMPARTIDA CON TODAS AS PERSOAS Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Temos unha festa (Nº 6) LECTURAS: Pai, Pai, póñome nas túas mans OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) ESCOITA ACTIVA Desde a paz do Señor que hoxe nos convoca á súa mesa, comezamos a celebración cos ollos abertos á realidade difícil e complexa na que vivimos e cos pés no chan nun mundo cheo de dificultades pero tamén de persoas dispostas a non deixarse levar pola rutina e o desespero. Reunímonos no nome do Señor para compartir este momento de fe e esperanza no día no que celebramos a festa do Apóstolo Santiago e da Nosa Terra, Galicia. Que este gran tesouro do que gozamos, terra e fe, sexan sempre motivos que fagan que non nos deixemos abater ante os problemas e dificultades que o cáliz da vida, non sempre doada, nos vai presenta

16 domingo TO A 2017

NON HAI XUSTIZA SEN HUMANIDADE, NON O ESQUEZAMOS CANTO GOZOSO  ENTRADA: Non vou so (Nº 60)  LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 54)   OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36)  COMUÑÓN: Acharte presente na vida (Nº 51) ESCOITA ACTIVA Unha das frases da primeira lectura de hoxe dinos que “ao xusto lle cómpre ser humano”. Nestas seis sinxelas palabras, atopamos unha estupenda síntese na que poderiamos resumir a fe cristiá. Si, porque a salvación da que tantas veces falamos en abstracto non ten outra concreción que a capacidade que nós teñamos de ir facendo visible a xustiza de Deus e o recoñecemento da humanidade no actuar en relación cos demais. Só deste xeito poderemos poñerlle rostro e sentido ás palabras. Do contrario non faremos máis ca teatro e poesía, pero non estaremos respondendo á gozosa chamada á construción do Reino que nos fai Xesús.  CORAZÓN MISERICORDIOSO  Porque nos falta capacidade para agarimar e nos sobran miradas que nos distancian e xulgan; SEÑOR, QUE SEXAMOS MÁIS

14 Domingo TO A 2017

MANSOS E HUMILDES, SI. DOMESTICADOS, NON Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ö ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) ö LECTURAS: A túa palabra (Nº 25)  ö OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) ö COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA “ Hai que facer discípulos, non prosélitos... non basta que deas o Evanxeo, has de abrir coa túa vida a paixón por comelo ”. Esta cita de Pedro Casaldáliga axúdanos a situar a nosa celebración de hoxe. Si, porque Aquel que é a nosa bendición preséntasenos de xeito modesto, sinxelo e sen facer apenas barullo, como sen que se note.... pero si que está. E está para converter a nosa vida nunha treboada de disposición e esforzo por levar sorriso de dignidade e xustiza alí onde a violencia, o abuso e a utilización das persoas para fins interesados acabaron impóndose. Está para alentar e encher a nosa vida de valores, actitudes e opcións nas que a igualdade e dignidade humanas son berce de presenza de Deus... Paga ou non a pena embarcarse n

13 Domingo TO A 2017

NA SOCIEDADE LÍQUIDA E INDIVIDUALISTA, APRENDER A MIRAR AOS OLLOS, TENDER A MAN A QUEN ESTÁ SÓ E ACOMPAÑAR A QUEN BUSCA O SEU CAMIÑO, SUPÓN TOMAR EN SERIO A INVITACIÓN DO DEUS PAI/NAI QUE FAI DA TENRURA SINAL DA SÚA PRESENZA E IDENTIDADE Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Eu soñei (Nº 58) LECTURAS: Escoita ti (Nº 6) OFERTORIO: Non vou so (Nº 60) COMUÑÓN: Acharte presente na vida (Nº 51) ESCOITA ACTIVA Escoitamos moitas veces a palabra acoller. Políticos, empresarios, sindicalistas, eclesiásticos, profesores, xornalistas... non deixan de pronunciala constantemente. Pero, preguntémonos: é só palabra ou está chea de contido?. Porque se só é palabra, convértese en algo baleiro e sen sustancia; pero se o que queremos é darlle contido, enchela de sentido, supón que temos que pasar do teórico ao real e práctico. Practiquemos logo, de verdade e sen a mentira da linguaxe, a acollida que fai que os demais sexan recoñecidos como pers