Ir al contenido principal

Pentecoste 2017

Domingo de Pentecoste 2017

Descarga o ficheiro

Fronte ao medo e as portas pechadas dos discípulos, poñamos nós confianza e capacidade de acollida


Cantos

        Entrada.-  Que ledicia miña  ( 4  )
        Lecturas.- Manda,  o teu Espírito ( 126 )
        Ofertorio.-  Non vou so ( 60 )
        Comuñón.- Gracias, Señor ( 50 )

Escoita activa

            O medo so aporta desconfianza e inseguridade. Contra isto loitou constantemente Xesús. Por esta loita foi pola que se celebrou aló polos anos sesenta do século pasado o Concilio Vaticano II; contra isto, día tras día non deixa de loitar, por medio da palabra e o testemuño persoal o papa Francisco. Non deixemos logo que o medo e a inseguridade cubran de tristura ennegrecida a nosa experiencia de fe, o sentido comunitario e a capacidade de achegarse e dialogar con quen pensa distinto ou ten outro xeito de  entende-la construción do  mundo. Só unha cousa nos ha levar a non colaborar: a violencia,a falta de respecto, a dúbida ante a igualdade que compartimos e a dignidade que nos fai a tod@s humanos. A partir de aí todo é peixe, de formas e clases distintas, que cae na rede para poder alimentarnos da rica experiencia humana que nos complementa en reciprocidade e nos fai saír dos noso medos e inseguridades.


Corazón misericordioso


·      Polos medos, as inseguridades e a falta de confianza. Señor,lévanos sempre da túa man.

·      Polos esquecementos, as rutinas e a falta de ilusión.. Cristo,lévanos sempre da túa man.

·      Polo individualismo e a a negación da vida de comunidade. Señor,lévanos sempre da túa man.

Palabra acollida

·               Unha das cousas que máis chama a atención da primeira comunidade de cristiáns é a súa capacidade de ir xerando relación comunitaria. De non ir cada quen por libre e  ao seu aire. Na lectura que acabamos de escoitar  hoxe mesmo, incídese sobre este feito. O que nos pode axudar a que cada un de nós nos preguntemos se ese é o xeito que nos temos de vivir a fe e de sentírmonos cristiáns neste século XXI. E fronte a tendencia da sociedade, cada vez maior, de ir xerando actitudes individuais e egoístas, nós somos capaces de poñer colaboración, capacidade comunicativa, dimensión comunitaria, compromiso social... porque se non somos  nin actuamos de xeito comunitario, que podemos aportar ao seguimento de Xesús? El non deixou de insistir na importancia de sentírmonos unidos e dispostos a construír comuñón entre nós e cos demais. Por iso, neste domingo de Pentecostes, domingo no que a forza do Espírito quere deixarse sentir entre nós, que mellor que deixarnos guiar polo sopro renovador e esperanzado que o Espírito nos trae para non renunciar endexamais a ser construtores do reinado de Xesús desde a nosa experiencia comunitaria; na que o eu  integre ao tu e xuntos sexamos capaces de facer nós.O nós que sendo plural e poliédrico, non nos enfronta senón que nos complementa. So sabendo respectar, escoitar  colaborar nesta pluralidade seremos capaces de reflectir que a Igrexa non é unha estrutura de pasado nin tampouco un escenario de revanchas e enfrontamentos. Iso que non cansa de manifestar continuamente o papa Francisco cando, dirixíndose a nós, os cristiáns afirma que non han ser as ansias de quedar ben, medrar en poder, ser autoridade para impoñer aos demais ou grupo que fai da fe folclore e non compromiso cos empobrecidos e descarreirados do mundo do que formamos parte. A forza do espírito non está no poder senón no servizo. E este ha ser sempre o camiño. Que mellor que lembralo e poñelo en practica desde a festa que hoxe celebramos: a pluralidade dunha fe na que o seguimento de Cristo, e non outras cousas é o que nos une e alenta.

·           E nesta plural diversidade cada un de nós temos a misión, por medio da nosa vida, do quefacer cotián, de ir mostrando que de verdade a palabra de Xesús é guieiro que vai marcando o camiño que percorremos. Un vieiro ao longo do cal nos imos atopando con  xente de credos, culturas, ideas ou filosofías diferentes, pero aos que sempre podemos achegarnos para comprender e ofrecer. Comprender o que din e ofrecen; ofrecer o que a nós nos guía, alenta e ilusiona, que non ha ser outra cousas máis que o seguimento de Xesús. De aí que, como Paulo dicía aos corintios, e tamén nos di a nós hoxe: na diversidade está a riqueza, a reciprocidade a complementariedade que nos da a coñecer uns aos outros e aparta de nós a tentación de formarnos ideas equivocadas polo que oímos, nos dixeron ou contaron, pero das que nós non temos sido testemuñas. Deixar de enrocarnos e abrirnos máis alá do que temos visto e  oído sempre, é o que fai que a presenza do espírito sexa cada vez máis necesaria e fundamental na Igrexa. Pois na diversidade, que non esparrama senón enriquece, está El.

·               Por iso é hoxe o día de perde-lo medo, como fixeron os apóstolos,e non quedar dentro coas portas pechadas, senón de saír e con xeito respectuoso e ledo transmitamos coa nosa maneira de face-las cousas que ser cristián paga a pena.Que Xesús non é unha pantasma do pasado, senón que foi quen de non calar ante a inxustiza e tamén nos chama a nós a facer da Igrexa unha experiencia de portas abertas onde se acolla e nunca se exclúa. Pero para que iso poida ser, necesitamos que nós comecemos desde xa a actuar.

Oración compartida   


   Porque Deus non é un Deus morto, senón que se mostra, presente e activo, no noso actuar e na capacidade que nós teñamos de recoñecelo no rostro dos demais, dicimos xunt@s: que acompañados do Espírito, te recoñezamos no rostro dos irm@ns.

·      Para que sexamos unha verdadeira Igrexa: comunidade,  pluralidade, acompañamento, xenerosidade e sempre disposta a acoller. Oremos. Que acompañados do Espírito, te recoñezamos no rostro dos irm@ns.

·      Para que nos nosas parroquias, nos esforcemos por romper as rutinas poñendo os ollos, os oídos e as mans, non tanto en mirar ao pasado.No que foi; canto no presente e no futuro: o que ten que ser e ha ser. Oremos.. Que acompañados do Espírito, te recoñezamos no rostro dos irm@ns.

·      Para que acollendo a forza do Espírito, que nos chega chamándonos a non ter medo ,a poñer en marcha accións que nos fagan referentes de coherencia no actuar convencido e xusto,fagamos da fe compromiso que nos leve e entendernos e non a enfrontarnos cos que non a teñen. Oremos.  Que acompañados do Espírito, te recoñezamos no rostro dos irm@ns.

Grazas, Señor, por este recuncho de oración comunitaria que nos fai poñer o noso pensamento e o noso corazón na busca de canto une e achega, deixándonos guiar sempre pola presenza do Espírito.Amén.

Mirada diferenciada


Porque Non nos das as costas nin te afastas de nós.
Grazas pola presenza do Espírito!
Porque nos buscas inda que nós nos teñamos ido lonxe.
 Grazas pola presenza do Espírito!
Porque os nosos medos superan a nosa confianza en  Ti.
Grazas pola presenza do Espírito!
Porque o afán de loita poñémolo moitas veces por riba das ganas de reconciliarnos e pedir perdón.
Grazas pola presenza do Espírito!
Porque inda que te chamamos moitas veces Pai, non sabemos comportarnos coma fillos.
Grazas pola presenza do Espírito!
Porque namentres Ti nos abres as portas, nós estamos empeñados en pechalas e practica-la exclusión cos irm@ns.
Grazas pola presenza do Espírito!
Porque nos queres, inda que nós no acabemos de saber por que.
Grazas pola presenza do Espírito!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor