Ir al contenido principal

4 Domingo Coresma 2017 A


Porque Deus non olla coma os homes, senón desde o corazón, avancemos na conversión do noso corazón de pedra en corazón de carne
SINAL DE CORESMA
Colocamos o cuarto elemento do quebracabezas sobre o corazón que temos no taboleiro situado diante do altar.

Descarga o ficheiro

CANTO GOZOSO
o   ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (nº 11)
o   LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27)
o   OFERTORIO: Eiquí están, Señor (Nº 32)
o   COMUÑÓN: Eu sei de quen me fiei (Nº 64)
ESCOITA ACTIVA
         Nun mundo no que estamos permanentemente expostos, e no que parece que a privacidade comeza a ser un ben cada vez máis escaso, o profeta Samuel lémbranos que o ollar de Deus non queda na simple exposición, no superficial, no previsible que todos esperan, senón que vai ao profundo: ao corazón. E nas nosas comunidades ao longo desta coresma estamos tentando substituír a dureza do corazón de pedra no que ás veces caemos pola quentura do corazón de carne. Esforcémonos para que a ollada de Deus poida ser tamén a nosa ollada, vencendo a tentación de fixarnos só no de fóra, no superficial, para afondar no que nos descobre coma iguais e irmáns.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
·      Para que o noso ollar sexa profundo e non superficial; SEÑOR, ACOLLE A NOSA ORACIÓN.
·      Para que non caiamos na tentación de xulgar aos demais; CRISTO, ACOLLE A NOSA ORACIÓN.
·      Para que aprendamos a falar despois de pensar, e non arroutadamente; SEÑOR, ACOLLE A NOSA ORACIÓN.
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
“Non te fixes no seu bo ver, nin na súa estatura. Ese está excluído, pois Deus non olla coma os homes. Os homes ven as aparencias, pero Deus ve o corazón". As palabras de Samuel apuntan cara unha experiencia de Deus que está moi lonxe da nosa vida. Fálasenos do Deus que mira o profundo, que non queda no superficial que se mostra para o aplauso fácil, o sorriso benevolente ou a falsa amizade. Así é o noso ollar; pero este xeito de achegarnos e relacionarnos uns cos outros está moi lonxe do ollar de Deus. O seu é o ollar de quen escoita, acompaña, alenta, faise presente inda que custe e doia. O actuar de Deus é o actuar de quen verdadeiramente quere e se sente amigo... por riba de recoñecementos, intereses ou poder. El móstrasenos na sinxeleza do amigo. Pero non só iso, senón que nos chama e invita a que tamén nos mostremos nós así con aqueles cos que nos relacionamos. A amizade é un don que hai que construír desde actitudes de confianza e fidelidade, non desde a busca do beneficio nin a ganancia. Que nos pide senón a coresma cando nos invita ao cambio do corazón?
Guíame por vereas rectas,por mor do seu nome. Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas, ningún mal temería, pois ti vas comigo”. E porque isto non é un sopro de xenialidade, senón un proceso no que hai que ir implicándose, ao longo de todo el non imos solos. El vainos facendo de guía. O guía da tenrura, da entrega xenerosa, do compromiso cos máis pobres, na nosa presenza evanxelizadora nos lugares onde xa se foron todos porque, desde o punto de vista do sistema de ganancia e beneficios, xa nada se pode, xa nada se vai sacar. Pois cando parece que non hai xa ninguén, e non queda máis que o abandono; alí está Deus. El é o Pastor que vive por e para as súas ovellas. E a pesares das dificultades, os fracasos, as incomprensións, as inxustizas... todo o contrapunto dun vivir humano, alí está El connosco, o que fai que perdamos o medo e arrisquemos por todo canto paga a pena.
Ti naciches todo metido en pecados ¿e vasnos ensinar a nós?” El está no silencio e no barullo, na incomprensión e na ledicia. Pero non está para estigmatizarnos, para sinalarnos ou xulgarnos. Para iso xa nos valemos nós solos; e como ben sabemos, somos campións. Non. El está non para pedir contas: os prexuízos tíñannos os que estaban alí, non Xesús, por iso na súa soberbia, coidan que ninguén sabe máis ca eles:”Vasnos ensinar ti a nós?”. Verdade que esa frase témola pronunciado nós moitas veces cando nos consideramos mellores, máis listos ou sabios ca os demais? Pois ese non é o xeito de mirar de Deus. A súa mirada non pestanexa, non se pon nerviosa cando tamén outros o miran a El, non disimula aparentando o que non é. El para, escoita e acolle. Non xulga. E o que sae dos seus beizos sempre é un alento, un empurrón cara adiante, unha palabra de ánimo: vai. É dicir, non te quedes, non te pares, non te deixes levar polo que oes. Sé ti mesmo. Aí atoparás a felicidade, e comezarás a entender por que é necesario cambiar o corazón. Que non cansemos nunca de dicir: Señor, que vexa!!!
FRATERNIDADE ORANTE
Na man do Señor, pastor sempre preocupado, poñemos agora a nosa oración e dicimos:
GUÍANOS POLAS VEREAS RECTAS
Para que a Igrexa traballe pola paz, o entendemento e a xustiza; OREMOS.
GUÍANOS POLAS VEREAS RECTAS
Para que nas nosas parroquias non renunciemos á fe que nos une, nos reúne e nos chama a preocuparnos uns dos outros; OREMOS.
GUÍANOS POLAS VEREAS RECTAS
Para que nós nos esforcemos para facer deste tempo de coresma un tempo de verdadeira renovación ,interior e exterior, aprendendo da mirada de Deus; OREMOS.
GUÍANOS POLAS VEREAS RECTAS
Grazas, Señor, por espertar en nós a sensibilidade a mirar o mundo con ollos de humanidade e non de destrución. PXNS. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
Señor, que aprendamos a mirar coa profundidade dos teus ollos:
·      Un ver desde dentro, sentíndonos dispostos a tender a man para axudar.
·      Un ver desde a solidariedade: con corazón capaz de cambiarnos e facer posible que outros cambien .
·      Un ver desde a perspectiva evanxélica dos pobres e insignificantes. Ter ollos para o pequeno e o humilde.
·      Un ver con sentido crítico, buscando sempre a razón das cousas, o que é xusto, o que fai ben.
·      Ver en profundidade, intentando chegar ás actitudes éticas e espirituais das que temos a Xesús como camiño, verdade e vida.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel