Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2017

8 domingo TO A 2017

A MEMORIA MISERICORDIOSA DE DEUS NON ESQUECE NUNCA A SÚA TENRURA PARA CON NÓS Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: Eu sei de quen me fiei (Nº 103) OFERTORIO: Benaventurados (Nº 118) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Deus é memoria; memoria sempre agradecida. A súa é unha memoria que lembra e acompaña, unha memoria que esperanza, unha memoria que non condena senón que acolle e camiña a noso lado. A memoria de Deus é unha memoria para mostrarnos a beleza e a alegría da súa gran noticia: quérenos, para El somos alguén! E non pode facer outra cousa máis que querernos. Non será nunca un Deus xusticeiro, que condena, que berra, que castiga ou que non é capaz de poñer o corazón e a mirada humanizadora en nós. Gocemos, entón, da celebración que imos comezar participando da alegría de reunirnos no nome dun Deus que só, e sempre, ten o amor como guieiro. Que afortunados somos!

7 Domingo TO A 2017

SÓ SUPERANDO A TENTACIÓN DA AUTORREFERENCIALIDADE LOGRAREMOS ENTENDER POR QUE TEMOS QUE SER, CON INSISTENCIA E SEN DESCANSO, UNHA IGREXA PERMANENTEMENTE EN SAÍDA, MOVIDA POLO AMOR, E SENDO CAPAZ DE DEIXAR ATRÁS A TENTACIÓN DA CONDENA E A DESCUALIFICACIÓN Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Seguirei os teus pasos (Nº 103) LECTURAS: O amor é o meirande (Nº 120) OFERTORIO: Misioneiro (Nº 115) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) ESCOITA ACTIVA Ser Igrexa en saída, escoitámoslle dicir moitas veces a curas e bispos, tratando de imitar ao papa. E como ben sabemos, os imitadores, se non son moi bos, e parece que este non é o caso, convértense en malos remedos do imitado. Claro que temos que ser unha Igrexa sen medo, sen complexos, con capacidade de erguer a voz alí onde hai inxustiza e maltrato para as persoas; claro que temos que ser unha Igrexa que volva ao Evanxeo e non se escude na lei do Dereito canónico; claro que temos que ser unh

6 Domingo TO A 2017 Mans Unidas

O MUNDO NON PRECISA MÁIS COMIDA; PRECISA MÁIS XENTE COMPROMETIDA (CAMPAÑA LVIII DE MANS UNIDAS) Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11) LECTURAS: Amigos nas penas OFERTORIO: Eu soñei (Nº 64) COMUÑÓN: O pouco que Deus nos dá (Nº 53) ESCOITA ACTIVA Hoxe, segundo domingo de febreiro, celebramos en toda a Igrexa a campaña contra a Fame de Mans Unidas. É un bo día para lembrar que Deus destinou a terra e canto contén para uso de todas as persoas, de todos os pobos. Consecuentemente, os bens creados deben chegar a todos de xeito equitativo. É unha cuestión de xustiza... e tamén de caridade e fraternidade. Se todos somos fill@s, se todos somos irmáns e irmás... por que uns temos a fartar de todo, o que nos leva a estragar mentres que outros non teñen o máis necesario para desenvolverse como persoas e 800 millóns de persoas seguen a pasar fame? Se cadra, o lema desta campaña: “ O mundo non precisa máis comida, senón máis xente compr