Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2017

3 Domingo TO A 2017

SERVOS, QUE NON ESCRAVOS. A DINÁMICA DA NOSA RELACIÓN CON DEUS É DESDE O SERVIZO, NON DESDE A IMPOSICIÓN Accede e descarga o documento
CANTO GOZOSOENTRADA: Vinde axiña (Nº10)
LECTURAS: Ti es camiño e verdade (Nº 57)
OFERTORIO: Todos xuntos (Nº 56)
COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58)
ESCOITA ACTIVAA celebración de hoxe pon diante de nós un feito innegable: Deus segue a chamarnos, conta con nós. Oxalá que, coma os Apóstolos, tamén nós saibamos deixar todo aquilo que nos impide seguilo, todo aquilo que non fai das nosas familias, os nosos traballos, as nosas parroquias, os nosos países... verdadeiros espazos de diálogo, entendemento, traballo solidario e crecemento persoal, de Reino de Deus. Que celebremos xuntos esta grande ledicia. CORAZÓN MISERICORDIOSO*  Porque moitas veces fáltannos iniciativa, ilusión e imaxinación á hora de botar as redes, caendo na imposición e na vulgaridade; SEÑOR, QUE A TÚA MISERICORDIA ENCHOUPE A NOSA VIDA. *  Porque moitas veces o noso individualismo, a nosa autosuficiencia …