Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2016

27 domingo TO C 2016

Xa está ben de laios e queixas, poñamos o oído atento para escoitar a voz de Deus Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO *       ENTRADA: Eu soñei (Nº 58) *       LECTURAS: Non vou so (Nº 60) *       OFERTORIO: Velaquí, Señor, o viño (Nº 33) *       COMUÑÓN: Acharte presente (Nº 51) ESCOITA ACTIVA Somos limitados, débiles e necesitados sempre dos demais. Isto fai que non debamos perder endexamais a perspectiva de que é na sinxeleza e na humildade como verdadeiramente podemos ir descubrindo por que paga a pena vivir a vida. E na vida non todo é sempre éxito, triunfo ou ganancia. Estamos demasiado acostumados -quizais polo influxo do periodismo deportivo- a que hai que gañar sempre, que quedar segundos é un fracaso, que con participar xa non chega, que... e a custa de escoitalo moitas veces, e de ver como se idolatran a persoas de carne e óso coma nós, pensamos que na vida todo é triunfo, e que xa non é necesario o esfor

26 Domingo TO C 2016

SÓ A DEFENSA DAS PERSOAS, A LOITA PARA QUE A DIGNIDADE DE NINGUÉN SEXA ESMAGADA E A BUSCA DA XUSTIZA, PODE FACER VISIBLE O PROXECTO DE AMOR DE DEUS PARA CON NÓS CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) ESCOITA ACTIVA Non lle prestamos atención, poñemos pouco oído para escoitala, tárdanos acender unha vela no canto de tentar entender... pero a pesares de todos os atrancos que lle poñemos para non acollela a Palabra de Deus segue a insistir unha e outra vez sen cansar: a defensa das persoas ha estar por riba, sempre, de calquera outra razón. Porque o Deus amor que nos quere e nos acolle na súa tenrura, non cansa de insistir e repetir: as persoas por riba do poder, o prestixio, o dominio ou os cartos. Claro que isto é esixente, difícil e moitas veces duro, pero pagaría a pena se non fose así? Cambiemos, permitamos que de verdade a palabra de Deus enchoupe o

25 Domingo TO C 2016

QUE APROVEITEMOS A FORZA DA NOSA PALABRA PARA DENUNCIAR O ABUSO, A ADULACIÓN E O ESQUECEMENTO DOS QUE SON TRATADOS CON MENOSPREZO. HOXE TÓCANOS A NÓS, SER OS PROFETAS DO NOSO TEMPO! Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) LECTURAS: A túa palabra (Nº 25) OFERTORIO: Eu soñei (Nº 38) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº   50) ESCOITA ACTIVA De cando en vez, tod@s necesitamos que alguén nos estimule o corazón e a cabeza, porque co paso do tempo a desidia, o costume, a inercia e a falta de ilusión, lévannos a caer nunha especie de abatemento no que todo nos dá igual, como se nos esvarase. Os textos da Palabra de Deus que hoxe imos ler nesta celebración queren ser ese alguén que nos faga caer na conta de que o mundo non é plano; que nel non pasa nunca nada; que a realidade é de outro xeito distinto a como nola contan. Dispoñamos, logo, todo o noso ser para participar deste encontro comunitario. Sa