Ir al contenido principal

22 domingo TO C 2016


QUEN NUNCA TIVO UN PORCO E AGORA TEN UN PORQUIÑO, ÁNDALLE TODO O DÍA CURRICHIÑO, CURRICHIÑO
CANTO GOZOSO
* ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9)
* LECTURAS: Douvos un mandato novo (Nº 18)
* OFERTORIO: Seguirei os teus pasos (Nº 103)
* COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 119)
ESCOITA ACTIVA
Hai quen di que para coñecer ben a unha persoa haille que dar un carguiño, aínda que sexa pequeno. É aí onde se descobren os mellores e os peores instintos: sabendo que temos algunha influencia, algún poder. No fondo, parece que a tod@s, se ben é certo que a uns máis que a outros, nos gusta saír na foto, que nos coñezan, que nos dean palmadas nas costas e nos feliciten... nunha palabra, que precisen de nós.
E esta situación, que descubrimos a cotío nos nosos políticos, nas asociacións de veciños, nas comisións de festas, nos equipos directivos.... tamén se dá na nosa Igrexa, na que moitas veces, non só a xerarquía, senón tamén os demais membros, nos cremos en posesión da verdade absoluta e mesmo nos eriximos en xuíces dos demais, predicándonos a nós mesmos e non a Deus, buscando o noso proveito e non o ben común.
Todo isto vén a conto porque o eixo fundamental da nosa celebración de hoxe é o valor da humildade, de sentir que aquilo que facemos debe buscar non o recoñecemento dos demais, senón o noso sentirnos a gusto con nós mesmos. Por iso estamos chamados a descubrir que somos servos, últimos, ás veces incomprendidos e mesmo motivo de risa... pero para Deus sempre primeiros.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
·      Por empeñarnos en converter as tradicións e as rutinas en valores evanxélicos e en dogmas de fe, SEÑOR, PERDOA A NOSA SOBERBIA
·      Por seguir preguntándolle ao vento se está permitido curar en sábado mentres os irmáns e as irmás xacen doentes esperando que lles deamos a nosa man para erguerse, CRISTO, PERDOA A NOSA SOBERBIA.
·      Porque non estamos dispostos a ser últimos e servidores, senón que queremos ser sempre primeiros, aínda que sexa a costa de pisarmos aos demais, SEÑOR, PERDOA A NOSA SOBERBIA.
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
É GRANDE A MISERICORDIA DE DEUS E REVELA OS SEUS SEGREDOS AOS HUMILDES: A primeira lectura do libro do Eclesiástico volve falarnos, unha vez máis, da infinita tenrura de Deus. Un Deus que non gusta de palacios, traxes de etiqueta, púlpitos, fachendas ou falsos ouropeis, senón que se comprace na xustiza e nas cousas pequenas que, ao fin e ao cabo, son aquelas que van enchendo a nosa vida: unha visita a quen está enfermo, uns aloumiños a quen se sente desprezado e non querido, un pouco de compaña a quen sente a soidade e a cruz da vida, un sorriso a quen está agoniado.... son esas cousas as que lle gustan a Deus, son esas cousas, e non outras, as que van enchendo de bos froitos o noso capacho para presentarllo ao Señor. Porén, que necios seguimos sendo!!!!!!!!!!!!!!!. Encerramos a Deus na rixidez dunhas normas, no corsé dun templo, na frialdade dunha moral heterónoma que fai corresponder a cada “pecado” a súa condena coma se se tratase dunha lei de tráfico coa que se van restando puntos. Que non, home, que non!!!!!!!!!!!!. Que non se trata diso, que se trata de saber descubrir a grandeza de Deus nos pequenos, nos humildes e nos sinxelos....Porque o Señor, como ben nos lembra o Salmo, prepara a súa casa para o desvalido. Cando aprenderemos nós a facer o mesmo en vez de amoblar a mansión da soberbia, da prepotencia e de crernos superiores????????.

E MENTRES, NÓS, SEGUIMOS PREGUNTANDO PARA XUSTIFICARNOS: Porque nós, a pesares do que nos di a carta aos Hebreos, seguimos apostando polo medo e non polo amor, pola lei e non pola liberdade, pola imposición e non pola educación, polo autoritarismo e non pola coherencia, polo comercio e non pola gratuidade.... e así nos luce o pelo. Seguimos preguntándolle ao vento se está permitido curar en sábado, quen é o meu próximo, se se pode comer carne os venres de coresma, se cómpre ir gañar as indulxencias no ano santo, se se poden bautizar nen@s cuxos pais viven “en pecado”, pero son coherentes coa súa fe, se podo ir comulgar aínda que falten cinco minutos para cumprir a hora do xexún eucarístico, se.... sen ternos decatado de que iso son tonterías, porque non temos descuberto que non é mellor cristián o doutrinalmente seguro, senón aquel cuxo corazón reborda de amor cara aos irmáns e irmás, aquel que é quen de abandonar unha vida cómoda para arriscarse na aventura da fe, que implica ser a voz dos que non teñen voz, que chama a ser eclesialmente incorrectos nunha Igrexa na que cómpre abrir as ventás para que entre o aire renovador do Espírito. Ao final da nosa vida, a pesares do que moitos predican, pensan e din, non se nos vai examinar do número de celebracións nas que participamos, das oracións que coñecemos, dos rosarios que rezamos ou das novenas ás que asistimos, senón que o Señor, para que entremos pola porta estreita, diranos: Canto amaches?. E iso implica que van aprobar:
@s que practican a xustiza, entendida como dar ao irmán e á irmá o que precisa para desenvolverse coma persoa.
@s que non calumnian nin utilizan aos demais para o seu beneficio.
@s que buscan o ben común por riba do individualismo.
@s que son coherentes e fieis aos seus principios, e nunca están en venda.
@s que visitan aos enferm@s, aos tristes, aos que están sos... aínda que sexan mulleres.
@s que buscan e traballan pola paz
@s que denuncian calquera tipo de atentado contra a dignidade da persoa.
@s que protexen e coidan a creación que puxeches nas nosas mans.
Este é o culto que o Señor quere que lle deamos: o do amor. Sen amor, o demais será baleiro e estéril, mera anécdota. Porque o amor sempre nos fai mellores persoas; a relixión, ás veces; o poder, nunca. Non o esquezamos.
FRATERNIDADE ORANTE
Alentados pola túa Palabra que nos invita a vivir a fe en continua actitude de servizo, unímonos para dicirche xuntos:
GRAZAS POR INVITARNOS Á CASA DO AMOR
·      Pola Igrexa, para que abandonando vellas actitudes farisaicas e hipócritas, saiba sempre poñer no centro da súa acción á persoa, creada a imaxe e semellanza de Deus, OREMOS.
GRAZAS POR INVITARNOS Á CASA DO AMOR
·      Polas nosas comunidades, nas que celebramos, compartimos e sentimos a forza da fe, experiencia da presenza de Xesús, para que non perdamos tempo en discusións que nos impiden seguir a súa mensaxe e acaban enfrontándonos uns cos outros, OREMOS.
GRAZAS POR INVITARNOS Á CASA DO AMOR
·      Por nós, que saibamos prestar atención sincera e comprometida ao Evanxeo, e non caiamos na tentación de adecualo á nosa comodidade, perdendo así a frescura e radicalidade que supón chamarse seguidor de Xesús, e selo verdadeiramente, OREMOS.
GRAZAS POR INVITARNOS Á CASA DO AMOR
Grazas, por non deixar que nos adormezamos na tarefa de levar á vida a túa gozosa e esperanzada mensaxe. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
-Do desexo de ser estimado... líbrame Señor.
-Do desexo de ser loubado… líbrame Señor
-Do desexo de ser honrado… líbrame Señor
-Do desexo de ser aplaudido… líbrame Señor
-Do desexo de ser preferido aos outros… líbrame Señor
-Do desexo de ser consultado… líbrame Señor
-Do desexo de ser aceptado… líbrame Señor
-Do temor de ser humillado… líbrame Señor
-Do temor de ser desprezado… líbrame Señor
-Do temor de ser reprendido… líbrame Señor
-Do temor de ser calumniado… líbrame Señor
-Do temor de ser esquecido… líbrame Señor
-Do temor de ser posto en ridículo… líbrame Señor
-Do temor de ser inxuriado… líbrame Señor
-Do temor de ser xulgado.. líbrame Señor

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor