Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2016

18 domingo TO C 2016

POLA CASA E MÁIS O PAN, POLO TRABALLO....GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS!!!!!!!!!!!!!! Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO *       ENTRADA: Acharte presente na vida (Nº 51) *       LECTURAS: Canta o sol (Nº 22) *       OFERTORIO: Grazas, Señor graciñas (Nº 50) *       COMUÑÓN: Pan do ceo (Nº 53) ESCOITA ACTIVA A nosa celebración de hoxe invítanos a agradecer e valorar o mundo laboral. Si, aínda que moitas veces dicimos aquilo de “a quen inventou o traballo había que matalo”, desde a visión cristiá o traballo é camiño de realización persoal, xa que grazas a el colaboramos con Deus recreando a creación. E cando falamos de traballo non nos estamos a referir só a aquel que ten unha remuneración económica, senón que neste concepto tamén van incluídos (non podía ser doutro xeito), aqueloutros que, sen que haxa salarios polo medio, a xente desenvolve como camiño de realización: amas de casa, voluntarios.... Por iso nesta mañá de domingo, vimo

Santiago Apóstolo 2016

FAGAMOS DO SERVIZO A OPCIÓN QUE GUÍE A NOSA VIDA E A CONVERTA EN DISPOÑIBILIDADE QUE NON REXEITA, SENÓN QUE ACHEGA PARA CONSTRUÍR ENCONTRO, PARTICIPACIÓN, DIÁLOGO E ENTENDEMENTO DESDE O AMOR Á NOSA TERRA E A TENRURA DO PROXECTO DE XESÚS Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ·       ENTRADA: Eu sei de quen me fiei (Nº 9) ·       LECTURAS: Canta o sol (Nº 22) ·       OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) ·       COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Benvid@s á celebración deste día de festa. Festa é sempre sinónimo de alegría, encontro, colaboración e participación. Toda unha serie de actitudes que nos chaman a poñer o mellor de nós ao servizo de todos; que nos invitan a pasar do eu individual ao nós solidario na vivencia dunha mesma fe, concretada desde o amor a unha terra e cultura que compartimos e na que nos diriximos habitualmente a Deus. A celebración desta mañá, día de Santiago Apóstolo e día de Galicia, é unha

17 Domingo TO C 2016

Namentres Deus escoita, nós tapamos os oídos. Por que nos empeñamos en botarlle a El a culpa? Deus sempre escoita e perdoa Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO *      ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) *      LECTURAS: Benaventurados (Nº 118) *      OFERTORIO: Recibe Señor (Nº 31) *      COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA A vida de cada un e cada unha de nós vaise desenvolvendo nunha dobre dirección: dar e recibir. Ninguén é tan egoísta que sempre e en todas as circunstancias se peche tanto en si mesmo que sexa incapaz de dar e compartir algo da súa vida: sorriso, palabra, cercanía, solidariedade, medios materiais... Tampouco ninguén é tan desagradecido que non sexa capaz de valorar -dígao ou non-, o tempo que outros teñen compartido con el/a ou o esforzo por animar, aledar e estar en momentos no que todos necesitamos a man, a palabra ou a aperta de quen nos quere e para quen si somos importantes. A isto apunta hox