Ir al contenido principal

Ascensión 2016 C

 SÓ SABENDO MIRAR AOS DEMAIS SEREMOS CAPACES DE DESCUBRIR QUE TE ESTAMOS A MIRAR A TI. GRAZAS, SEÑOR, POR ENSINARNOS QUE NO ESPELLO DA VIDA, NON NOS MIRAMOS A NÓS, SENÓN A TI NOS IRMÁNS!
Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO
  • ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9)
  • ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 124)
  • LECTURAS: Benaventurados (Nº 118)
  • OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36)
  • COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)
ESCOITA ACTIVA
Hoxe celebramos en toda a Igrexa a festa da Ascensión do Señor. E contra o que puidera parecer, non é a festa do Deus que se vai e nos deixa orfos, senón a festa do Deus que nos invita a poñer os pés no mundo: nos seus problemas, nas súas dificultades, nas esperanzas e ilusións que vaian facendo posible que cada día sexamos un pouco máis xustos e libres, e menos individualistas e indiferentes ante o que lle ocorre a quen está ao noso lado. A festa da Ascensión, é entón, a festa onde afirmamos que a fe non pode vivirse máis que desde a achega ás persoas e ao compromiso cos problemas e a as esperanzas do mundo de hoxe. O Deus cristián non vira as costas ao mundo, todo o contrario, implícase e chámanos tamén a nós a implicarnos.
Fagamos desta celebración unha experiencia de solidariedade compartida que deixe a trás calquera intento de crernos mellores, superiores ou afastados de canto ocupa e preocupa aos que están ao noso redor. Porque o Deus de Xesús, non é un Deus da distancia, senón o Deus amigo e cercano que vai acompañando as pegadas de cada un e cada unha de nós.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
(Aspersión)
·       Para que nunca esquezamos que non somos perfectos, e que necesitamos recoñecer os nosos erros; SEÑOR, QUE NON PASMEMOS MIRANDO AO CEO.
·       Para que nos esforcemos por non ser desconsiderados nin indiferentes ante a chamada de quen nos necesita; CRISTO, QUE NON PASMEMOS MIRANDO AO CEO.
·       Para que non nos deixemos engaiolar por todo o que nos tente e e nos faga crer que só te podemos atopar dentro dos templos; SEÑOR, QUE NON PASMEMOS MIRANDO AO CEO.
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
Na lectura do libro dos Feitos dos Apóstolos que temos lido hoxe, escoitabamos unha frase que nos pode axudar a entender o porqué da festa de hoxe, a Ascensión do Señor. Dirixíndose a aqueles que tan ben coñecía e cos que compartira o seu tempo, díxolles: Galileos, que facedes ollando para o ceo? Claro e directo coma sempre, Xesús failles ver que xa non é tempo de escoitar, senón de transmitir, compartir, mostrar e testemuñar todo canto foran descubrindo e vivindo con El. Comezaba así o tempo da Igrexa, o tempo da comunidade, o noso tempo. Por iso tamén nos di hoxe a cada un de nós que onde se ten que xogar o partido da presenza do Evanxeo no mundo non é pechándose dentro dos templos, senón fóra deles, ao lado das persoas coas que nos imos topando cada día. É aí onde colle forza e sentido que nos chamemos cristiáns, e todo canto afirmamos crer, rezar e seguir da mensaxe de Xesús e vivilo de xeito sinxelo pero honesto e coherente. Os pés no chan dannos sempre o sentido do real, do que pasa ao noso redor, de onde e cales son os problemas e cales as esperanzas deste noso tempo. Así evitaremos reducir a nosa fe a ritos ou prácticas culturais, para convertela en maneira de descubrir e comprometernos en buscar camiños de esperanza e futuro ao lado de quen quere tamén coma nós, estar no mundo con actitude de construción, non esperando que outros fagan, senón comezando, xa agora a facer nós. E para iso, como lles dicía Xesús aos que estaban con El, e nos di hoxe a nós: non podemos quedar ollando para o ceo.
A isto se refire unha e outra vez o papa Francisco cando afirma que o evanxeo é un gozo, que o mundo é casa común ou que o amor non pode ser outra cousas máis que ledicia. Porque se saímos ao cotián de cada día a converter en vida a súa invitación a ir e anunciar no medio do mundo o evanxeo, este vai tomando forma cada vez que ante as situacións nas que nós, e os que coma nós, non tapan/mos os ollos ante a realidade, senón que tendo os pés nela, imos esforzándonos por facela máis acolledora, xusta, solidaria e esperanzada. Ascender non é irse e desentenderse, senón estar acompañando e sabendo que nada se esgota no aquí, e que a plenitude será cando esteamos para sempre ao seu lado. Pero para iso é fundamental estar no aquí da vida de cada un de nós de maneira activa e alegre. Porque sen negar que os golpes da vida nos fan sufrir e nos producen dor, neles tamén descubrimos que só loitando para superalos seremos capaces de sentir a forza da presenza de quen nos di constantemente que o mundo é a nosa casa, e nela todos temos acubillo. Un acubillo que descubrimos tendo non unha actitude resignada, senón alegre e activa, facéndoo desde o amor, e sabendo que será en beneficio de todos, os que estamos agora e os que virán despois, por iso este noso mundo é casa común que todos debemos coidar e protexer.
E nisto é onde temos que mostrar que somos verdadeiras testemuñas de quen nos agarima coa súa tenrura, nos bendí coa súa compaña e nos alenta coa súa alegría. Non estamos solos! Inda que ás veces poidamos ter esa sensación ante a dimensión que van tendo as dificultades que imos atopando. Pero para poder entender e sentir isto é necesario que adoptemos unha actitude non de resignación, senón de confianza nas palabras de Xesús: "mandareivos o don prometido", o Espírito Santo, para que El sexa forza que nos descubra como verdadeiras testemuñas do evanxeo. E do mesmo xeito que os apóstolos volveron cheos de alegría, tamén nós, cada vez que sexamos capaces de achegarnos a alguén e mostrarlle, con palabras e feitos, que vivir o evanxeo hoxe é posible; que ser solidarios e preocuparse polo que lles pasa aos demais, non ha ser unha intromisión na vida persoal dos demais, senón un esforzarse por facer camiño xuntos e buscar o que humaniza e fai a vida máis xusta e igualitaria, estaremos facendo posible e visible que nin miramos para outro lado nin tampouco para o ceo, senón que poñemos a nosa mirada nas persoas, e desde elas e con elas; e elas con nós, imos traballando para facer do mundo casa común da presenza de Deus nel.
RENOVACIÓN PROMESAS BAUTISMAIS
(Propoñemos facer a renovación das promesas bautismais durante todos os domingos da Pascua. A poder ser, farémola desde a fonte bautismal)
Renovemos agora persoal e comunitariamente esta fe que hoxe celebramos cheos de esperanza e vida:
Estades dipost@s a loitar contra o mal que nos fai infelices e nos pecha no egoísmo?. Si, estou dispost@.
Estades dispost@s a non deixarvos levar de canto nos aparta de Deus e fire aos irmáns?. Si, estou dispost@.
Estades dispost@s a que no voso corazón non aniñen a cobiza, a insolidariedade e a envexa?. Si, estou dispost@.
Credes en Deus Pai e amigo da vida, que puxo nas nosas mans o mundo que el creou?. Si, creo.
Credes en Xesús, o seu Fillo, que naceu de Santa María, pasou polo mundo facendo o ben, e que no seu amor e fidelidade entregou a súa vida para abrirnos a nós o camiño da resurrección?. Si, creo.
Credes na forza e presenza do Espírito Santo, na Igrexa comunidade de fe e vida, na comuñón dos santos, no perdón e na resurrección que nos levará a gozar para sempre da presenza de Deus?. Si, creo.
Pai, que esta fe que acabamos de proclamar e confesar sexa sempre para nós alento e esperanza no camiño da nosa vida. P.X.N.S. Amén.
FRATERNIDADE ORANTE
E despois de proclamar persoal e  comunitariamente esta fe que compartimos e nos une, presentemos a Deus a nosa oración comunitaria dicindo xunt@S:
QUE TE RECOÑEZAMOS POÑENDO A NOSA MIRADA NOS IRMÁNS

ˣ   Para que a Igrexa nunca mire para outro lado ante os problemas de violencia, inxustiza, discriminación ou exclusión que cada día sofren as persoas máis pobres e indefensas deste mundo que queremos sexa casa común, OREMOS
QUE TE RECOÑEZAMOS POÑENDO A NOSA MIRADA NOS IRMÁNS
ˣ   Para que nas nosas parroquias non caiamos na tentación de facer invisibles aos enfermos, a quen está solo, a quen non ten traballo ou está  a pasar por dificultades de comunicación e entendemento na súa familia, OREMOS.
QUE TE RECOÑEZAMOS POÑENDO A NOSA MIRADA NOS IRMÁNS
ˣ   Para que cada un e cada unha de nós, seguindo a invitación de Xesús, superemos a tentación de desentendermos de canto pasa ao noso redor, e nos comprometamos e esforcemos por tentar atopar solucións a todo canto nos aparta dos demais e nos fai persoas pechadas, tristes, angustiadas e sen esperanza, OREMOS.
QUE TE RECOÑEZAMOS POÑENDO A NOSA MIRADA NOS IRMÁNS
Señor, acabamos de compartir a oración comunitaria. Nela mostramos a necesidade que temos de non pecharnos no indiviualismo que entristece, e de esforzarnos por construír relacións que nos acheguen uns a outros. Dános forza para non abandonar nesta tarefa. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
Señor:
Un día chegaches a nós na debilidade dun neno. E hoxe faste Igrexa na debilidade duns homes e mulleres crentes en ti.
Un día chegaches a nós na debilidade dunha manxadoira. E hoxe faste Igrexa nuns homes e mulleres que teñen que aprender a camiñar solos.
Un día chegaches a nós na escuridade da nosa fe. E hoxe faste Igrexa na escuridade dun futuro que só dependerá de ti.
Dános a alegría de asumir a nosa condición de ser a túa Igrexa.
Dános a alegría de anunciarte ao mundo coa alegría da nosa fe.
Dános a alegría de non ter medo a comezar sen ter aprendido.
Dános a alegría de comezar case no silencio.
E dános a valentía de non ter medo ao futuro. Que coma os apóstolos recordemos a túa experiencia con nós.
E que todos soñemos un ceo e unha terra nova para os homes e mulleres que te esperan. Amén.
(http://juanjauregui.es/ascension-del-senor

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel