Ir al contenido principal

Bautismo do Señor C

acollid@s na fe, acompañad@s na esperanza. Unha invitación a agradecer as nosas raíces
CANTO GOZOSO
§  ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10)
§  LECTURAS: A auga do Señor (Nº 124)
§  OFERTORIO: Recibe Señor (Nº 31)
§  COMUÑÓN: Todos xuntos (nº 56)
ESCOITA ACTIVA
A celebración deste domingo invítanos a poñer os ollos na decisión que un día tomaron os nosos pais para que fosemos cristiáns. É polo tanto unha celebración para agradecer poder compartir unha mesma fe desde o bautismo recibido e a fe agradecida. Logo do tempo de Nadal, onde todo xiraba derredor da encarnación –o Deus feito un dos nosos-, desde o anuncio de Xoán Bautista e desde o si de María, a invitación que hoxe se nos fai é a de agradecer a fe recibida desde a decisión dos nosos pais de pedir para nós o bautismo. E do mesmo xeito que para Xesús foi o comezo dunha experiencia de comunidade e un camiñar sempre acompañado dos seus; o bautismo é tamén para nós sabernos sempre acompañados por unha comunidade coa que compartimos e camiñamos, deixándonos agarimar polos momentos compartidos, pola fe celebrada e pola graza recibida para poder vivir e agradecer que nin estamos sós nin nos sentimos abandonados á nosa sorte, senón que camiñamos xunt@s nunha esperanza que funde as súas raíces na Palabra que se fixo coma nós para quedar ao noso lado.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
*      Por non acoller con gratitude a fe recibida dos nosos pais e nais; SEÑOR, RENOVA A NOSA CONFIANZA EN TI.
*      Porque moitas veces deixámonos levar polo orgullo e non recoñecemos os nosos erros; CRISTO, RENOVA A NOSA CONFIANZA EN TI .
*      Polas veces nas que lle dámos as costas ás peticións de axuda e escoita que nos fan os que temos máis preto, SEÑOR, RENOVA A NOSA CONFIANZA EN TI .
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
  • A imaxe do Servo que aparece nos textos do profeta Isaías é unha invitación a poñer a nosa atención nos diferentes significados que ten unha mesma palabra para poder situala e comprendela no seu contexto, evitando caer nunha falsa ou incompleta comprensión da mesma. Hoxe temos escoitado a palabra servo na primeira lectura, e segundo o xeito de entendela na linguaxe habitual, viría ser alguén que está sometido á vontade e á acción doutra persoa que manda máis e ten poder. Porén, non é este o uso que o profeta lle dá a esta palabra. O servo vén sendo aquel que se pon ao servizo dos demais para facerlle a vida máis doada. Tamén aquel que cumpre coa misión recibida de traballar a prol das causas onde se busque poñer ao máis débil no centro, e non no derradeiro lugar. Mesmo podemos dicir tamén que o servo é aquel que non se sente nin humillado nin sometido cando sae na defensa dos máis débiles e sen voz. Non é logo o sometido pola forza e poder do poderoso, senón o que cumpre coa misión de acompañar toda situación e experiencia humana que necesita ser enchoupada de esperanza. Por iso a figura do servo ponse en relación coa persoa de Xesús –o Deus que vén de encarnarse para facerse dos nosos- pero non se esgota nel, senón que se prolonga en tódalas persoas que fan da súa vida unha entrega xenerosa de solidariedade ao servizo e ás causas dos máis pequenos e empobrecidos do noso mundo. É logo servo sinónimo de servizo e servidor, non de sometemento e escravitude, por iso é chamada a cada un/unha de nós para que sexamos serv@s da tenrura e da xustiza neste mundo que imos creando cheo de reproches e esixencias, e no que se vai perdendo a perspectiva de humanización e o compromiso liberador.
  • En Cristo este servo do que falaba Isaías concrétase ao tomar conciencia da súa misión. Xesús non foi un “superman” que o sabía todo desde o principio, senón que foi gañando conciencia a medida que ía desenvolvendo a súa misión de servir desde a denuncia do actuar dos poderosos e a entrega aos necesitados. Isto, á vez que ía facendo que os poderosos comezasen a velo coma un “atranco” para seguir oprimindo e impoñendo os seus criterios de clasismo e poder, facía que os pobres e necesitados descubriran nel a presenza do Deus liberador que tanto agardara o pobo de Israel. En Xesús, unxido pola forza e presenza do Espírito, vaise facendo realidade e vai tomando corpo a afirmación, tantas veces repetida e escoitada, de que chegou o momento da liberación, persoal e colectiva; de que o sometemento rematara; de que xa era tempo de non seguir deixándose dominar nin pola mentira nin pola imposición dos poderosos. E a isto ía contribuíndo Xesús a medida que descubría que a súa misión non era outra máis que a de cumprir o encargo do Pai de ser voz de denuncia, xustiza e liberación. O seu bautismo foi comezo dun tempo, curto en anos pero longo en compromiso e traballo por un mundo máis esperanzado, xusto e solidario: o tempo da Igrexa. O tempo dos cristiáns. O noso tempo. E hoxe, ao celebrar a festa do bautismo de Xesús, tamén somos chamados a celebrar a festa do noso bautismo; pero non como unha festa de consumo e escusa para invitar á familia a comer, senón como o momento no que comezou tamén para nós a tarefa de facer da nosa vida e do noso actuar unha busca permanente do servizo e a entrega á causa da xustiza, a solidariedade e a paz. Tres eixos sobre os que se artella a mensaxe de Xesús. A mensaxe que estamos chamados a vivir e desenvolver os cristiáns hoxe.
  • Por iso, se El é o Fillo no que Deus se sente plenamente compracido, nós somos hoxe tamén @s fill@s chamad@s a mostrar que os enfermos, os parados, as maltratadas, os maiores... seguen a ser os preferidos de Deus. E isto non se aprende de memoria, senón que se ha, temos que, vivir desde o corazón que sente, a cabeza que pensa e as mans e pés que actúan. A isto nos urxe o bautismo recibido!
FRATERNIDADE ORANTE
Porque o amor de Deus enchoupou os nosos corazóns, agradecid@s, dicimos agora:
QUE A AUGA DO BAUTISMO TRAIA A PAZ PARA O NOSO ACTUAR
  • Para que a Igrexa sexa auga que libera e esperanza que non cala ante os enganos e inxustizas dos poderosos do noso mundo, OREMOS.
QUE A AUGA DO BAUTISMO TRAIA A PAZ PARA O NOSO ACTUAR
  • Para que traballemos desde as nosas parroquias para que a rutina e a indiferenza non enchoupen nin o noso pensamento nin o noso xeito de mirar, comprender e transformar a realidade na que vivimos, OREMOS.
QUE A AUGA DO BAUTISMO TRAIA A PAZ PARA O NOSO ACTUAR
  • Para que fagamos da nosa vida esforzo por agradecer a fe recibida dos nosos pais e compartida cando rezamos e celebramos a forza da esperanza que non deixa que a tristura, a dor e a inxustiza nos venzan, OREMOS.
QUE A AUGA DO BAUTISMO TRAIA A PAZ PARA O NOSO ACTUAR
Señor, poñemos na túa man a nosa oración comunitaria, coa que queremos expresar que seguimos a necesitar de Ti e da túa presenza no camiñar de cada día. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
É urxente recuperar o carácter luminoso propio da fe, pois cando a súa chama se apaga, todas as outras luces acaban languidecendo. Porque a característica propia da luz da fe é a capacidade de iluminar toda a existencia do home. Porque unha luz tan potente non pode provir de nós mesmos; ha vir dunha fonte máis primordial, ten que vir, en definitiva, de Deus. A fe nace do encontro co Deus vivo, que nos chama e nos revela o seu amor, un amor que nos precede e no que nos podemos apoiar para estar seguros e construír a vida. Transformados por este amor, recibimos ollos novos, experimentamos que nel hai unha gran promesa de plenitude e se nos abre a mirada ao futuro. A fe, que recibimos de Deus como don sobrenatural, presentase como luz no camiño, que orienta o noso camiño no tempo. Por unha parte, procede do pasado; é a luz dunha memoria fundante, a memoria da vida de Xesús, onde o seu amor se ten manifestado totalmente fiable, capaz de vencer á morte. Pero, ao mesmo tempo, como Xesús resucitou e atráenos máis alá da morte, a fe é luz que vén do futuro, que nos desvela vastos horizontes, e nos leva máis alá do noso «eu» illado, cara á máis ampla comuñón. Dámonos conta, por tanto, de que a fe non habita na escuridade, senón que é luz nas nosas tebras.
(Francisco, Lumen fidei, 4)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor