Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2016

Santa Maria Nai de Deus 2017

aínda que o pareza, nada é igual. Todo pasa, todo cambia... tamén nós. venturoso ano novo para tod@s! Descarga o ficheiro CANTO AGRADECIDO PANXOLIÑAS §   ENTRADA: §   LECTURAS: §   OFERTORIO: §   COMUÑÓN: ESCOITA ACTIVA A moitas persoas estas datas parécenlle tristes; a outras, canseiras; a moitas outras, aburridas e baleiras de contido; tamén os hai que non soportan á familia, polo que estes días son para eles unha verdadeira cruz. E a nós? Si, a cada un e cada unha dos que estamos hoxe aquí. Temos pensado que significan persoalmente –non nos deixemos levar polo que din e lle oímos aos demais- estas celebracións cristiás?. Si, escoitamos ben: cristiás, porque o que celebramos é que Deus nace e que María ábrelle o seu corazón, toda a súa vida para acollelo e gozar tamén da salvación que nos vén traer. Por iso estamos hoxe aquí, para celebrar, aledarnos, agradecer e poñer este ano que comeza baixo o amparo da forza de

Nadal 2016

Nacer e celebrar no canto de consumir e frivolizar: Nadal Descarga o ficheiro SINAL DO NADAL 1- Ao comezo da celebración imos ata o nacemento e colocamos a figura do Neno . Onde non haxa nacemento, pódese colocar no berce que adoita estar diante do altar a figura do Neno, e que logo se dará a bicar no remate da celebración. O que queremos significar é que o berce, antes baleiro, convértese agora en berce no que tod@s somos acolid@s, por riba de raza, xénero, relixión ou cultura. Porque confesar a fe é facer do noso actuar imaxe do Evanxeo. CANTO AGRADECIDO PANXOLIÑAS §   ENTRADA:   §   LECTURAS   §   OFERTORIO:   §   COMUÑÓN:   §   BICADO DO NENO: ESCOITA ACTIVA Logo dun tempo de Advento no que nos temos ido esforzando por superar a seca da árbore que se fora esgotando pola falta de viveza, ilusión e xenerosidade;   e dispostos a que as follas que foron xurdindo nas pólas da árbore se manteñan cheas de savia durante moi

4 Advento 2016 A

ACHÉGASE A SALVACIÓN... DEIXEMOS QUE REVERDEZA O NOSO CORAZÓN Descarga o ficheiro   SINAL DE ADVENTO Colocamos a derradeira folla na nosa árbore. CANTO GOZOSO o    ENTRADA: Volve, Señor (Nº 90) o    LECTURAS: Benaventurados (Nº 118) o    OFERTORIO: Camiñar sen Xesús (Nº 69) o    COMUÑÓN: Vén axiña visitarnos (Nº 86) ESCOITA ACTIVA          Estamos xa na última semana do Advento. Unha semana que require de nos un esforzo por non caer en dúas tentacións. A primeira, a de deixarnos levar, pensando: “xa non hai nada que facer....total é a ultima! . A outra, vivir un Nadal meramente externo, pois o ambiente: comercios, rúas, decoración.... invítanos a mergullarnos neste consumismo baleiro e sen sentido. Pola contra, nós estamos chamados a deixar reverdecer na nosa vida, no noso corazón as actitudes que María, Xoán, Xosé e tantos homes e mulleres de ben, souberon vivir e poñer ao servi