Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2015

2 ADVENTO C 2015

 CANDO AS PALABRAS NON VAN ACOMPAÑADAS DOS FEITOS, CONVÉRTENSE EN BALEIRO SEN CONTIDO. SE DE VERDADE ESTAMOS ALEGRES, DEMOSTRÉMOLO! Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO o ENTRADA: Volve Señor (Nº 90) o LECTURAS: Escoita ti (Nº 26) o OFERTORIO: Como che cantarei (Nº 28) o COMUÑÓN: Vén axiña visitarnos (Nº 86) ESCOITA ACTIVA Avanzando neste tempo de preparación ao Nadal que é o Advento, aparece hoxe nos textos da palabra de Deus Xoán o Bautista. Irrompe na liturxia deste domingo para lembrarnos o obvio, inda que moitas veces non o queiramos nin ver nin escoitar: preparémonos para que a celebración do nacemento sexa iso, celebración. Esforcémonos por deixar atrás rutinas, costumes, consumo ou canto identifique Nadal con nostalxia, tristura ou discusión de familia no canto de unión agradecida porque Deus vén. Fagamos coma Xoán: preparémonos con sentido de fe, acollida e ledicia compartida. Porque a salvación deixou de ser unha palabra baleira para converterse en re

1 domingo Advento C 2015

unha misericordia transformadora que se deixa levar da man do amor que vai levedando na cotidianeidade da vida familiar Descarga o ficheiro SINAL DE ADVENTO CANTO GOZOSO o    ENTRADA: Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS: Veña o teu reino (Nº 88) o    OFERTORIO: Xesús chamado amigo (Nº 89) o    COMUÑÓN: Vén axiña visitarnos (Nº 86) ESCOITA ACTIVA             Hoxe comezamos o tempo de Advento. E como xa sabemos, é este un tempo de preparación, renovación, cambio e espera. A espera da chegada de quen, nacendo pobre e entre os pobres, pasou facendo o ben e acollendo. Querer acollelo en cada un dos nosos corazóns e tamén nas nosas familias, suponnos o esforzo de abrirnos á misericordia do perdón, á confianza e ao convencemento de que o nacemento de Xesús non é unha data para o consumo, senón para o cambio de actitudes persoais e o compromiso de non pasar indiferentes diante das situacións de dor e tristura que

Vésperas da misericordia

SINAL DE ADVENTO Estamos a vivir na Igrexa un momento de especial vitalidade. O pontificado do papa Francisco está a supor que moitas persoas volvan de novo a vista, e moitas delas tamén o corazón, ás actuacións e manifestacións non só do papa, senón tamén de moitos bispos e grupos que conformamos a comunidade cristiá. Parece que se está a dar unha volta ao importante, sen perderse en liortas ideolóxicas e interesadas de grupos intraeclesiais que o que buscan é situar aos seus membros -peóns- en ámbitos de influencia e poder dentro das estruturas da Igrexa. Esta volta, desde dentro e fóra da mesma Igrexa, volve a renomearse como “primavera eclesial” e é continuadora da xeira comezada por Xoán XXIII e o concilio Vaticano II. Nela ten un papel fundamental, como guieiro e promotor, o papa Francisco. O seu pontificado está a servir para volver esperanzar e ilusionar a cantos consideramos que a Igrexa ha ser un servizo ao mundo na solidariedade, a transparencia e vivencia do Ev