Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2015

Santos 2105

NA CASA COMÚN -O NOSO MUNDO- QUE NOS ABRE A UNHA COMUÑÓN CÓSMICA E MISERICORDIOSA, MANTEMOS VIVA A GRATITUDE DA MEMORIA QUE NOS FAI PRESENTES AS VIDAS DAS PERSOAS DE BEN QUE SE FORON, DEIXÁNDONOS A SÚA PEGADA Descarga o ficheiro

30 Domingo TO B 2015

APRENDAMOS A VER A TRAVÉS DOS OLLOS DE MISERICORDIA A REALIDADE QUE CONSTRUÍMOS, IMPERFECTA E NECESITADA DAS MANS E DOS CORAZÓNS DE CANTOS A CONFORMAMOS Descarga o ficheiro RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar LECTURAS: Contade as marabillas do Señor OFERTORIO: Eu soñei COMUÑÓN: Oh, Señor, escólleme OLLOS ABERTOS Constantemente escoitamos -mesmo tamén dicimos- que o mundo é imperfecto, que hai cousas que non nos gustan, que cada día uns teñen máis -moito máis- e a gran maioría menos ou nada. A pesares desta nosa queixa, pouco ou nada facemos para cambiar as cousas. Non estamos a falar de que vaiamos polos parlamentos , xuntas de goberno ou consellos de administración onde se decide; senón de que, alí onde esteamos, no achegado e pequeno da nosa vida, tamén estamos chamados a facer as cousas doutro xeito. Cambiar a forma de tratarnos, de relacionarnos uns cos outros, de axudarnos, e tamén de dicirnos as cousas que non facemos ben e debe

29 Domingo TO B 2015 DOMUND

Construamos unha Igrexa universal enchoupada de misericordia Descarga o arquivo RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS ENTRADA: Eu soñei LECTURAS: Grazas, Señor, graciñas OFERTORIO: Misioneiro serás COMUÑÓN: Ide e pregoade OLLOS ABERTOS Hoxe é o día no que en toda a Igrexa celebramos a Xornada pola evanxelización dos pobos. Evanxelizar é facer da Boa Nova, do Evanxeo, proposta de vida para nós e para aqueles que, a través do noso testemuño, se ven sorprendidos pola nosa coherencia no actuar, a nosa honestidade no traballar e a nosa caridade no acoller. Evanxelizar é tamén un verbo que expresa movemento, acción, dinamismo. Tres realidades que integramos na nosa vida cada día, desde que nos erguemos ata que nos deitamos, para poñelas na man de Deus e ofrecérllelas convertidas en obras que van poñendo nos ollos, beizos e corazón das persoas paz, igualdade e misericordia. Por iso esta Xornada non debe ser só para facer unha colecta e enviárllela aos máis pobres. I

28 domingo TO B 2015

Só un corazón quente é quen de entender que a misericordia de Deus é sabedoría de felicidade Descarga o ficheiro   RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS o    ENTRADA: Ti es camiño e verdade o    LECTURAS: As túas palabras son espírito e vida o    OFERTORIO: Na nosa terra o    COMUÑÓN: Déixate querer OLLOS ABERTOS Vivimos con cara de tristeza. Non coa de vinagre, pero si coa de tristeza. Por que nos pasa isto se o temos todo: casa, coche, médicos, profes...? Estamos rodeados de xente, a televisión está permanentemente emitindo, as emisoras de radio no deixan de sonar, os teléfonos seica son intelixentes, os ordenadores persoais... por que entón ese corazón tan reseco e esa cara marcada polas engurras da tristeza? Non será que a nosa confianza seguimos a poñela no ter, no posuír, no gardar, no cobizar, e non no ser: ser persoa, ser amig@, ser feliz, ser bo marido, boa muller, bo fillo, bo cura...? Que mellor momento ca este, no que estamos reunidos sen présa, nun luga