Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2015

22 Domingo TO B 2015

--> Nunha sociedade con persoas de mente tan dispersa, que difícil entender cando nos din: Escoita! Descarga o ficheiro

21 domingo TO B 2015

Palabras de vida para un mundo enchoupado de morte, esquecemento, indiferenza e exclusión. Señor, que nunca deixemos de escoitar a vida que traen as túas palabras Descarga o arquivo
RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS oENTRADA: Vinde axiña oLECTURAS: As túas palabras, Señor, son espírito e vida oOFERTORIO: Aquí están Señor oCOMUÑÓN: O amor é o meirande OLLOS ABERTOS Dinos o evanxeo de hoxe que o Señor ten palabras de vida, palabras que alentan cando xa todo parece perdido, palabras que nos fan recobrar a fe no ser humano ao sentir a dor e a frustración pola capacidade que temos de facer dano uns aos outros; palabras que nos insisten, unha e outra vez, en que somos dignidade, fin e non medio, capacidade, posibilidade e proxecto sempre realizándose e nunca rematado. Deixemos que estas palabras enchoupen o noso corazón e nos fagan abandonar o noso escepticismo, a nosa mesquindade e a dúbida permanente de que todo dá o mesmo porque nada pode cambiar.

20 Domingo To B 2015