Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2015

Domingo 18 TO B 2015

SE A NAI TERRA NOS OFRECE ALIMENTOS PARA TODOS, POR QUE NOS EMPEÑAMOS EN NON RESPECTAR A SÚA EQUIDADE SOLIDARIA? Descarga o arquivo  CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos LECTURAS: As túas palabras, Señor, son espírito e vida OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá COMUÑÓN: Eu soñei ESCOITA ACTIVA Vinde e acollede, dous verbos nos que hoxe se sintetiza a Palabra de Deus que escoitaremos. A invitación de Deus que recolle Isaías na primeira lectura é un vinde no que se acolle a tod@s e non se discrimina/exclúe a ninguén. Vinde cantos queirades atopar esperanza, tenrura, solidariedade, acollida, escoita... vinde porque vos quero... e invítovos tamén a vós a que vos queirades. Deus, no seu amor, dao todo e invítanos a facer o mesmo. E se sempre foi importante, hoxe necesita selo moito máis porque son tantas as persoas que ven como os seus proxectos se frustraron e as súas ilusións esmoreceron, que temos que ser nós os que esteamos cos ollos moi abertos para facer visible cos nosos feitos ao…

Santiago apóstolo 2015

SERMOS FIEIS Á NOSA FE PASA POR SERMOS FIEIS Á NOSA TERRA  Descarga o arquivo
CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiñaLECTURAS: O amor é o meirandeOFERTORIO: Na nosa terraCOMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñasESCOITA ACTIVA A festa de hoxe, a festa de tod@s @s galeg@s, lémbranos que o único camiño para ser grande é renunciar ao desexo de poder e aprender a servir desde o amor. As persoas que viven desde a xenerosidade, o servizo e a solidariedade son persoas que irradian unha autoridade única. Non precisar dar coba, adular ou ameazar: a súa vida é grande, precisamente, porque saben dala. Que a festa de Santiago Apóstolo, que non tivo medo nin vergoña de confesar ao Señor, neste noso día de Galicia, sexa un estímulo para nós crentes, na tarefa de facer do noso país un lugar fraterno, solidario, xusto e acolledor sempre desde o servizo e o amor.
CORAZÓN MISERICORDIOSO Porque son moitas as ocasións nas que sentimos vergoña á hora de rezar ou expresarnos na nosa lingua, SEÑOR, QUE TEÑAMOS OS PÉS NA TERRA.P…

16 Domingo TO B

ABRIR AS PORTAS PARA ACOLLER DESDE O CORAZÓN, SUPERANDO O “ZAPEO” DUNHA PASTORAL QUE PON SORRISO ESTÉTICO PERO NON CORAZÓN COMPROMETIDO
Descarga o arquivo
RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS oENTRADA: Vinde axiña oLECTURAS: O Señor é o meu pastor oOFERTORIO: Misioneiro oCOMUÑÓN: O amor é o meirande OLLOS ABERTOS O influxo da televisión é, nos guste ou non recoñecelo, cada vez máis grande en cada un/ha de nós. A forza de ver e escoitar moitas veces a mesma cousa acabamos por facela nosa; e moitas veces sen darnos conta de que iso é así. Vén isto a conto porque todos nós temos feito moitas veces “zaping” co mando da televisión. Nada parece gustarnos o suficiente como para que lle prestemos a atención necesaria, e case sen darnos conta, imos pasando por un e outro canal sen decidirnos a quedar nun con tranquilidade e sosego. Isto mesmo nos pode tamén estar pasando coa nosa vida e, como non pode haber separación entre unha e outra, tamén coa nosa vida de fe. Parece que nada nos conforta, e buscamos aquí…