Ir al contenido principal

11 Domingo TO B

En tempo de dificultade e escaseza, a mesa do altar segue a convocar na comuñón sempre solidaria
Descarga o ficheiro

CANTO GOZOSO
§  ENTRADA: Eu soñei
§  LECTURAS: Salve, Santo Sacramento
§  OFERTORIO: Ti es o pan do ceo
§  COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida
ESCOITA ACTIVA
Xesús non quere quedar na Igrexa dentro do sagrario. El sae ao noso encontro na rúa. Hoxe coas nosas pegadas mostrarémoslle ao Señor que non sempre somos capaces de ir deixando pegadas de presenza xusta e solidaria por onde pasamos, por iso queremos deixarnos acompañar por El para emendar os nosos erros, os nosos esquecementos, as nosas ausencias e invisibilidades cando nos teñen necesitado. A través dos nosos pés, das nosas mans, das nosas palabras, das nosas... Xesús vólvenos dicir que non se quere ir e deixarnos ao pairo; todo o contrario: El segue a camiñar con e entre nós. O que pasa é que moitas veces, nós, máis alá das flores, non somos capaces de poñer nada, esquecendo que El segue a insistir unha e outra vez: “facede isto en memoria de min”. Desde a súa memoria celebrada e compartida fagamos da nosa oración comunitaria memoria viva e solidaria de fraternidade, porque El está aquí, non marchou.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
  • Porque non somos sacramento de verdadeira irmandade, SEÑOR, QUE NOS CONVERTAMOS DA DUREZA DE CORAZÓN.
  • Porque deixamos que o pan do perdón e da misericordia endureza nas lacenas do corazón, CRISTO, QUE NOS CONVERTAMOS DA DUREZA DO CORAZÓN.
  • Porque non queremos facer da Eucaristía mesa de encontro e comuñón, SEÑOR, QUE NOS CONVERTAMOS DA DUREZA DO CORAZÓN.
PALABRA ENRAIZADA
Ø  De lingua longa e memoria escasa (“Faremos todo o que dixo o Señor”, Ex 24,3-8): A primeira lectura do libro do Éxodo que acabamos de escoitar invítanos, neste día do Corpo e Sangue do Señor –día que para algúns é unha festa de moito colorido, pero de pouco compromiso– a prestarlle atención á Palabra de Deus, non para pechala nas nosas íntimas ensoñacións, senón para que nos axude a iluminar a nosa acción; é dicir, o que facemos cada día alí onde estamos. Si, porque parece que a atención que lle prestamos á Palabra de Deus non é moita, dado que canto ela nos vai mostrando para que a nosa vida se enraíce no proxecto de salvación e achega ao mundo no que vivimos nós convertémola en pedir o que faciamos en tempos pasados, sen ser conscientes de que o que noutro tempo pasou, agora xa non é posible. E non o é porque nin a sociedade na que vivimos é a mesma –hoxe somos máis libres para elixir se queremos ou non confesar a fe, ninguén nolo impón nin nos obriga; tampouco é unha sociedade de cristiandade, pechada e na que o único centro sexa o relixioso, ao contrario: a pluralidade na que vivimos fainos máis libres para poder escoller, e como consecuencia actuar en función da escolla, sen que ninguén teña que tutelarnos nin obrigarnos a actuar contra o que coidamos que non é centro de interese para a nosa vida– nin tampouco os cristiáns somos nin os mesmos nin tantos coma eramos –o que non quere dicir que o número sexa sinónimo da calidade dos que profesamos a fe en Xesús– nin tampouco os que somos temos como única preocupación estar no interior dos templos. A fe pídenos hoxe que a testemuñemos no medio do mundo –atentos aos “sinais dos tempos” nos di o Concilio Vaticano II– e iso supón que quizais nos sobren ritos, que para a gran maioría lles resultan irrelevantes por terse quedado niso, en simples ritos ou costumes; e quizais nos falte ilusión, compromiso por facer cousas que nos axuden a non deixarnos camiñar por vieiros de corrupción, xustificación de mentiras, ausencia de vivencia ética no día a día da nosa vida, denuncia das situacións de pobreza e esquecemento das persoa máis débiles... Aquí, neste escenario, é onde temos que ir mostrando a forza das nosas conviccións de fe. Non podemos pedir, cando non hai resposta, que repitamos o que noutro tempo foi unha axuda para vivir a fe, pero que hoxe ademais de non servir, non axuda, todo o contrario, a mostrar que Xesús segue sendo presenza no mundo e no corazón das persoas. Facer o que nos di o Señor é saber estar cos ollos ben abertos para descubrir onde é necesaria a nosa presenza e, desde ela, responder co noso comportamento, no medio dos que nin pensan coma nós nin consideran relevante que teñamos fe, á invitación de responder á chamada que Deus nos fai. E para iso é importante ter a lingua curta e a memoria viva. Pois ao fin e ao remate, a fe ao que nos chama é a facer memoria viva e presente, desde o aquí e agora de cada tempo, no Deus que facéndose presente no mundo pasou, e invitou a pasar, facendo o ben. Non é polo tanto Corpus unha festa para o folclore, senón un espertar para estar no mundo buscando dar resposta ao que tantas veces ten insistido Xesús: “cada vez que llo fixestes a estes máis pequenos, a min mo fixestes”.
Ø  Porque cumprir ritos é máis doado e cómodo que cambiar actitudes (“Cumprirei os meus votos ó Señor” Sal 115,18): No salmo rezabamos que cumpririamos os nosos votos –esixencias– ao Señor. Pero o cumprir do que nos fala esta oración non é facer cousas por costume ou tradición, senón responder desde a nosa vida –actitudes e comportamentos– a facer da nosa presenza testemuño vivo, real e verdadeiro do que cremos e vivimos. Na vida de fe non contan as horas pasadas dentro dos templos, senón o esforzo por levar fóra dos templos o que alí temos vivido, compartido e celebrado. E iso non podemos reducilo a retóricas vellas e doutros tempos, senón comportamentos renovadores, esperanzados e transformadores das persoas –nós mesmos– e das realidades onde estamos.
Ø  Da pascua xudía á Eucaristía cristiá (“Tomade, isto é o meu corpo”): E só así, o Corpo que vén a nós como alimento e que temos recibido na Eucaristía, pode converterse en memoria viva da presenza de Deus en nós e no mundo. O Corpo de Xesús é un corpo de solidariedade, unión, xustiza, honestidade... Deste xeito entenderemos o que supuxo o paso da pascua xudía –simplemente recordaban cun rito a saída de Exipto- á pascua cristiá: presenza real, transformadora e gozosa de Xesús na vida de cada día en cada un de nós. Non é o noso un Deus ausente, senón que quen o facemos ausente somos nós, por reducilo a media hora de celebración –moitas veces sen saber nin querer saber o que celebramos– e por non facer del o motor e o alimento que nos vai axudar para non recuar diante das dificultades que o día a día da vida nos vai presentando. Por iso, neste día da festa de Corpus, preguntémonos tamén nós: Que teño feito eu polo meu irmán? O risco, tamén a verdadeira satisfacción, está en saír ao encontro de quen nos necesite e dicirlle: aquí estou para o que queiras.
FRATERNIDADE ORANTE
Cristo faise Pan; e nós somos invitad@s a compartilo ofrecéndollo aos irmáns que non o teñen. Desde esta invitación dicimos xunt@s:
SEÑOR, QUE O NOSO PAN SEXA ALIMENTO PARA OS IRMÁNS QUE NON O TEÑEN
·        Para que toda a Igrexa, que hoxe celebra a festa da túa presenza na mesa do noso mundo, non se deixe intimidar polos que non queren que con voz alta e clara, fale na defensa dos máis débiles, explotados e esquecidos, OREMOS.
SEÑOR, QUE O NOSO PAN SEXA ALIMENTO PARA OS IRMÁNS QUE NON O TEÑEN
·        Para que deixemos que canto temos escoitado, compartido e vivido  nas nosas celebracións parroquiais deste día, mova os nosos corazóns a actuar sen medo ante as inxustizas e a non calar diante dos abusos que sofren os máis débiles e indefensos das nosas parroquias, OREMOS.
SEÑOR, QUE O NOSO PAN SEXA ALIMENTO PARA OS IRMÁNS QUE NON O TEÑEN
·        Polas persoas que traballan como Igrexa pola solidariedade, a xustiza e a denuncia de calquera explotación das persoas máis indefensas, para que o seu traballo sexa o espello no que sempre nos miremos á hora de actuar como seguidores de Xesús, OREMOS.
SEÑOR, QUE O NOSO PAN SEXA ALIMENTO PARA OS IRMÁNS QUE NON O TEÑEN
·        Por cantos hoxe nos imos achegar á mesa da Eucaristía para recibir a Xesús, alimento de benaventuranza, que atopemos nel a forza para acompañar aos enfermos, alentar aos tristes e ofrecerlles o noso agarimo aos que foron enganados, OREMOS.
SEÑOR, QUE O NOSO PAN SEXA ALIMENTO PARA OS IRMÁNS QUE NON O TEÑEN
Fai, Señor, da nosa oración comunitaria fermento que faga levedar o noso corazón na xustiza e na solidariedade. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA

A caridade comeza por abrir os ollos á realidade; pero a realidade pódese mirar e valorar de diferentes maneiras. Podemos ver a realidade desde o beneficio das grandes empresas, desde o fluír dos préstamos bancarios, desde os intereses do mercado, desde a redución do déficit e os resultados macroeconómicos ou podemos ler a realidade desde o número de parados, desde os rexeitados polo sistema, desde a rendas mínimas, desde os índices de pobreza, desde os recortes dos dereitos sociais... Nós queremos ver a realidade desde os ollos de Deus, desde o lado dos pobres, como nos pide o Papa Francisco”. (Caritas, Que fixeches co teu irmán? (Xen 4,9) p.356/7)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel