Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2015

Laudato si - unha invitación á lectura

So   unha invitación para unha lectura máis repousada Descarga o ficheiro O xoves 18, o Papa Francisco ben de agasallarnos con un texto, a súa segunda carta encíclica, “ Laudato si ” – Loado sexas - .Texto que foi asinado por el no día de Pentecostes, o 24 de maio en Roma, e no que nos invita a poñe-los pés no chan sen deixar de mirar ao ceo. Si, porque chama a nosa atención para que botemos unha mirada á casa na que tod@s, os sete mil millóns longos de habitantes, vivimos: o mundo. Non é un texto que aborde só o tema do medio ambiente, senón que vai máis ao fondo. Pon diante dos nosos ollos a reflexión global, sen fixarse só nun aspecto, sobre a ecoloxía humana en todas e cada unha das súas dimensións. E faino así porque os problemas do mundo non se reducen nin se circunscriben, inda que tamén, ás cuestións referentes á contaminación por parte das grandes empresas; non, os problemas do mundo aféctannos a tod@s e desde perspectivas diversas. E no centro de tódolos enfoque

13 Domingo TO B

--> Nun mundo enchoupado de morte, a proposta do Deus de Xesús segue a falar de vida en abundancia Descarga o ficheiro --> RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS ENTRADA: Que ledos hoxe estamos LECTURAS: Canta aleluia OFERTORIO: Eu soñei COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas OLLOS ABERTOS Miremos cara onde miremos, imos percibindo que a realidade está enchoupada de situacións nas que a persoa non só non é o centro do que se di e fai, senón que moito diso que se di e fai o que busca é convertela nun medio para conseguir outros fins. Daquela, non é de estrañar a denuncia profética do papa Francisco na súa carta encíclica sobre a ecoloxía, cando nos reitera a urxencia de volver ao rego de poñer o importante no centro, por riba do inmediato. Si, porque se non poñemos ao ser humano no corazón de canto facemos, acabaremos facendo da corrupción, o engano, o abuso, a violencia, e calquera outra acción que faga ás persoas escravas dos que teñen poder, sexa este do tip