Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2015

Trindade 2015

UNHA FESTA DESDE A POLIFONÍA DE DEUS PARA UN MUNDO CHAMADO A ABANDONAR O MONOCROMATISMO CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña LECTURAS: Benaventurados/Xesús é Señor OFERTORIO: Eu soñei COMUÑÓN: Ide e pregoade ESCOITA ACTIVA Hoxe celebramos a festa da Santísima Trindade, a festa na que o Deus cristián se nos manifesta como presenza permanente ao noso lado. O Pai que nos escolle para ser o seu pobo, o Fillo que nos invita a seguilo e o Espírito Santo que nos alenta, desde o noso camiñar como Igrexa, para que superemos a tentación do pesimismo e a sensación de fracaso. Por iso dicimos tamén que é a festa da polifonía de Deus; é dicir, El ofrécenos moitas músicas para que poidamos interpretar a peza cuxa única letra é: amádevos uns aos outros e ide e anunciade. Ben aprendida a letra, esforcémonos por poñerlle sempre músicas que nos falen de xustiza, igualdade, dignidade, respecto e solidariedade. Só así entenderemos por que a celebración de hoxe é unha invitación a mirar ao mundo con ollos de cam…

Pentecostes 2015

Presenza e alento do Espírito nun xeito de sentir e vivir a fe moitas veces desalentado e pouco crible Descarga o ficheiro

Ascensión 2015

UNHA FE QUE NON SABE POÑER OS OLLOS FITANDO O ROSTRO DOÍDO DOS IRMÁNS E SÓ MIRA PARA O CEO É UNHA FE PRA ENTRETER E ENGANAR
CANTO GOZOSO ENTRADA: Con ledicia imos todos ao altar LECTURAS: A túa Palabra
OFERTORIO: O amor é o meirande
COMUÑÓN: Ide e pregoade

ESCOITA ACTIVA Neste domingo da Ascensión somos invitad@s a poñer a mirada no mundo do que formamos parte e que imos construíndo entre tod@s. Mirar, e facelo sen medo nin volvera vista, non é tarefa doada. Moitas das imaxes que van aparecendo diante dos nosos ollos son difíciles de entender nunha sociedade que se di avanzada, moderna e permanentemente aberta á comunicación. E son difíciles de entender porque nesa mirada imos atopando violencia -moita e cada vez máis-, indiferenza ante a dor dos demais, engano e mais mentira. Como vai ser doado manter os ollos nesa mirada! Claro que preferiríamos imaxinarnos que o mundo é unha película onde as cousas non son reais; pero non é así, por iso non é fácil soster, como dicimos, esa mirada.…

6 domingo Pascua 2015

Un amor en espiral, sen esquinas e en reciprocidade: Sempre aberto con e para nós CANTO GOZOSO ENTRADA: Non vou soLECTURAS:Cantádelleao Señor unha cantiga novaOFERTORIO:Grazas, Señor, na mañáCOMUÑÓN: O amor é o meirandeESCOITA ACTIVA Os tempos socio-culturais que estamos a vivir non resultan doados para a gran maioría da xente. Máis alá da televisión-consumo ou das mensaxes de distracción por parte dos poderosos, a maior parte da poboación, clase media, esta a pasalo mal. Os soldos, para quen ten a sorte de telos, son cada vez máis baixos, inda que haxa que traballar máis horas; conceptos como antigüidade, dereitos adquiridos ou emprego estable comezan a ser palabras que nos van quedando moi lonxanas. E no medio, coma sempre, as persoas. As que sofren, as que quedan sen nada, as que son un número nun impreso oficial. Fronte esta situación de desencanto, os crentes temos a fe. Pero non unha fe de ritos, vella e sen capacidade de transformar a vida, senón unha fe esperanz…