Ir al contenido principal

3 Domingo Coresma B



A importancia do ser sobre o ter: somos persoas, somos dignidade, somos libres, somos... fillos e fillas, queridos e agarimados por Deus


Descarga o ficheiro
Xa nos tes aquí
Grupos de Xesús
Escola de Espiritualidade
SINAL DE CORESMA: Continuamos poñendo dúas folliñas máis, que perfilarán o brazo horizontal da cruz.
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Pedras vivas
LECTURAS: A túa palabra
OFERTORIO: Pan do ceo, pan de vida
COMUÑÓN: Non vou so
ESCOITA ACTIVA
Que importante é saber quen somos, e que ninguén nos poida confundir. Nas nosas parroquias é habitual escoitar a pregunta: é ti de quen ves sendo? para coñecer a identidade, as raíces o de onde de cada un de nós. Hoxe, os textos que imos proclamar na celebración non necesitan preguntarnos nin quen somos nin de quen somos. Sabémolo: somos fillos e fillas de Deus, e polo tanto iguais en dignidade e merecedores, tod@s, do mesmo respecto. Non son os números das contas correntes, nin os rexistros da propiedade con posesións ao noso nome nin tampouco a capacidade de famosear por televisións e revistas o que nos dá a identidade, senón o saber que compartimos un mesmo Pai que nos quere e agarima, e que nun acto de xenerosidade total nos ofrece ao seu fillo coma un igual, para facer, o mesmo ca nós e con nós, a nada doada travesía da vida. É este o gozo que nos leva a poñer o respecto e a dignidade non en consensos nin en acordos, senón no patrimonio que temos en común: a dignidade que nos iguala, identifica e diferenza dos demais seres vivos. Isto é o que esta mañá queremos, xunt@s, celebrar, compartir e agradecer.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
*        Polas veces nas que nos sobran as palabras e nos faltan os feitos, SEÑOR, QUE SAIBAMOS RECOÑECER OS NOSOS ERROS.
*        Polas veces nas que fomentamos a desunión e o enfrontamento, CRISTO, QUE SAIBAMOS RECOÑECER OS NOSOS ERROS.
*        Polas veces nas que non deixamos que as túas palabras de vida aniñen no noso corazón, SEÑOR, QUE SAIBAMOS RECOÑECER OS NOSOS ERROS.
PALABRA ENRAIZADA
O texto do libro do Éxodo destaca, poñéndoa en boca de Deus Pai, a estreita relación que o une co seu pobo. Ámbolos dous forman unha unión de identidade que nada nin ninguén pode romper. Se nos paramos a pensar un pouco en relación co noso bautismo, tamén este nos incorpora, de xeito identitario a Deus. A crismación na fronte e no peito non son máis que expresión desta unión de raíz entre o crente e a Igrexa desde a súa incorporación ao proxecto de Xesús. O bautismo tamén posibilita que cada un/a de nós deixe atrás o Exipto da escravitude, da corrupción e da falta de liberdade, pasando a ser, para cantos nos chamamos os seus seguidores, a pertenza á Igrexa unha experiencia de liberación que vai facéndonos tomar conciencia de quen somos e cara onde imos: cara esa terra, non física nin espazo temporal, que nos achega á plenitude que Deus, en Xesús, nos ten ofrecido. Un ofrecemento que recolle nese libro que se vai abrindo para cada un/a de nós e que chamamos as dez palabras a través das que se vai manifestando o proxecto de Deus para con nós. Nel móstrase que desde e para El todas as vidas teñen a mesma dignidade e o mesmo valor, sen que sexa necesario presentar, para que se valoren e respecten, movementos bancarios e papeis de posuír grandes propiedades. Queiramos ou non crelo, a fe iguálanos ante un mesmo Pai liberador a quen chamamos Deus.
De aí que non sintamos vergoña nin medo ao cantar e proclamar que as súas palabras son palabras non para que se esquezan e as leve o vento; senón palabras de esperanza, de proxecto, de plenitude e novidade. Non se esgotan nin se fan vellas co paso do tempo, porque son palabras dirixidas e propostas -non impostas-, desde o amor, o respecto e a dignidade compartida co noso ser a súa imaxe. Son palabras que moven corazóns e persoas á conversión, á renovación e ao cambio de actitudes e comportamentos. Non son palabras para escoitar e esquecer, senón palabras para vivir.
E nelas está o verdadeiro escándalo, pois afirman que é o amor, a solidariedade, a preocupación polo outr@, a capacidade de poñerse no lugar de quen tes enfronte o que move o actuar dos crentes, o que pode cambiar os nosos corazóns. E diante dunha sociedade que busca inimigos, a Palabra de Deus rompe con esta lóxica do enfrontamento para invitarnos, propoñernos, camiñar na lóxica da escoita, a acollida e a xenerosidade. Isto convértese en verdadeiro escándalo nun mundo cheo de intereses e que só busca gañar a calquera prezo. E claro, esta non é a lóxica na que invita a camiñar Xesús. Por iso Paulo denuncia este gran escándalo para aqueles que non cren: que este xeito de facer as cousas, e de sentirse gratificados por facelas así, é posible. E nesta sabedoría a fe non é negocio nin especulación –cousa que indigna a Xesús– senón oferta de salvación e encontro de fraternidade na busca do común, do que une, do que esperta en nós verdadeira solidariedade. Avancemos logo por este camiño ao longo deste tempo de coresma, porque ao final non está o desencanto, senón a plenitude.

FRATERNIDADE ORANTE
Presentamos a nosa oración comunitaria ao Pai. A El que nos invita a vivir a fe non coma un negocio, senón coma o sentido que alenta e move a nosa vida, respondámoslle dicindo:
GRAZAS, SEÑOR, POR FIARTE DE NÓS
·         Para que en todas as comunidades cristiás saibamos separar o que responde á túa invitación de vivir e acoller a fe na gratuidade; e non a mesturemos con intereses monetarios, de dominio ou de poder, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POR FIARTE DE NÓS
·         Para que saibamos vencer a tentación, e non nos deixemos ir por camiños que nos fan insensibles, egoístas e insolidarios diante da dor e tristura dos que temos máis preto, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POR FIARTE DE NÓS
·         Para que este tempo de coresma sexa en cada un/ha de nós un tempo de graza que non só nos axude a recoñecer os erros, senón tamén a poñer os medios para superalos e volver a Ti, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POR FIARTE DE NÓS
·         Hoxe, no día da muller traballadora, queremos pousar a nosa mirada e a nosa oración en todas as mulleres do mundo, fonte de vida, para que nunca máis vexan pisoteada a súa dignidade, nin sexan marxinadas polo simple feito de ter nado mulleres, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POR FIARTE DE NÓS
Señor, acompaña co teu agarimo a nosa vida comunitaria, e alenta canto hoxe poñemos nas túas mans. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
Queres acertar e non sabes que decisión tomar. Tes medo e equivocarte.Non te precipites. Non estás so. Conta con Deus: indícame o camiño que hei seguir (sal 142), envía a túa luz e a túa verdade, que elas me guíen (Sal. 42).
          Andas na procura da luz. Necesitas ver as cousas con máis claridade. Escoitar o mellor que hai en ti. Deus guiarate polo camiño recto. Ábrelle o teu corazón: Ensíname, Señor, o teu camiño para que sega a túa verdade (Sal 85).
          Non te enganes ti mesmo. Purifica a túa mente e os teus desexos. Pídelle axuda a Deus: Non deixes inclinarse o meu corazón á maldade (Sal 140). Actúa con sentidiño e humildade. Busca a verdade de Deus: Búscote de todo corazón. Apártame do camiño falso e dáme a graza da túa vontade. (Sal 118).
(J.A. Pagola, Salmos PPC, 83)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel