Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2015

2 Coresma B

Non sempre é doado o camiño. Nel atopamos costas, curvas ou rectas que nunca parecen rematar; en todas estas situacións El acompáñanos, porque é un dos nosos: Carne de humanidade Descarga o ficheiro
SINAL DE CORESMA: Colocamos outras dúas follas de carballo no taboleiro, trazando o pau vertical da cruz. ESCOITA ACTIVA Como ben sabemos, os camiños da vida son moitos e ben diferentes. A pluralidade das nosas vidas fai que tamén sexan plurais as formas de ilas construíndo. Deste xeito, o que para uns é axuda, para outros é atranco.A pesares desta variedade, o que non deberiamos esquecer nunca os que nos chamamos cristiáns é que, por moi difícil e duro que sexa o camiño, sabemos cal é o horizonte cara onde imos. É máis, sabemos tamén que non imos solos. Que o camiño da coresma que temos iniciado nos vaia axudando a deixar atrás dificultades e atrancos, para poder chegar con gozo ao seu remate na Pascua.Solo así, a cruz terá sentido pleno, non de morte e tristura, senón de esperanza e plenitude…

1 Domingo Coresma B

Coma árbore que se vai cubrindo das follas con saiba rexeneradora, a cruz é espesura de conversión transformadora, e non camiño de frustración e fracaso. SINAL DE CORESMA O sinal que escollemos para este tempo de Coresma é unha cruz. Para facela, reciclaremos as follas de carballo coa chama prendida que debuxamos para o tempo do Advento. Cada domingo iremos colocando unha parella de folliñas ata completar o debuxo da cruz. Queremos indicar que, coa forza do Espírito, seremos quen de facer o camiño coresmal, camiño de deserto e conversión, para chegar como persoas novas á Pascua.
Descarga o ficheiro
ESCOITA ACTIVA Hoxe, primeiro domingo de coresma, queremos vivir a experiencia de ilusión e cambio que nos vai deixar ás portas da pascua da vida e da esperanza que nos trae a resurrección de Xesús. Para chegar ata ela necesitamos poñernos en camiño e non recuar diante das dificultades e situacións complicadas que imos atopando. Ninguén nace aprendido, dicimos moitas veces; e é verdade, pero non…

6 Domingo TO B

FRONTE Á TIRANÍA DA LEI, POÑÁMONOS NO ACUBILLO DO EVANXEO QUE NON EXCLÚE NIN DIFERENZA Descarga o ficheiroESCOITA ACTIVA Hoxe, domingo de Antroido, ás portas de comezar un novo tempo litúrxico, volvemos ser convocados ao redor do altar para compartir e agradecer a vida. Toda a vida. Os momentos nos que todo é gozo e ledicia e tamén aqueles nos que a dificultade vai entrando e nos vai presentando retos e situacións nada doadas ás que lle atopar solución. Pero en todos eses momentos non estamos solos. A presenza e a forza de Xesús vanse manifestando ao noso lado, e vaino facendo de formas e modos diferentes, pero sempre está. Que saibamos ter oídos e ollos atentos e abertos para poder recoñecelo á hora de afrontar respostas e solucións. Porque o Evanxeo, inda que ás veces non sexamos capaces de descubrilo, é proposta de acubillo que acolle, alenta e acompaña. Compartamos, logo, canto hoxe nos ofrece a Palabra de Deus desde oración comunitaria que agora comezamos. CORAZÓN MISERICORDIOSO Porqu…

5 Domingo TO B

HABERÁ SUFICIENTE AMOR NO MUNDO PARA REDIMIR O SUFRIMENTO E A MISERIA?  SE TE ANOTAS TI.... SEGURO QUE SI!!!! (XORNADA DE MANS UNIDAS) Descarga o arquivo
ESCOITA ACTIVA

Invitados a non deixarnos levar pola inercia da pasividade e da monotonía, a fe quere ser ese alento que nos fai descubrir que non todo se compra ou se vende, que non todo está dominado polas ansias de poder, que a desesperanza non vai triunfar, que podemos e queremos compartir vivencias.

Por iso é polo que nos xuntamos aquí nesta mañá do segundo domingo de febreiro no que a ONG Mans Unidas nos fai un chamamento para que nos apuntemos á loita contra a fame. Porque a Boa nova, o Evanxeo é un sentido de ser e vivir, de facer... Un sopro de frescura que nos libera e alenta. Deixarémonos sandar e vivificar por el?.

CORAZÓN MISERICORDIOSOPorque vivimos a fe coma unha pesada carga sobre os nosos ombreiros e non coma un feito liberador, SEÑOR, DANOS A TÚA LIBERACIÓN.Porque en demasiadas ocasións pechamos ollos, oídos e corazón aos…