Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2015

4 Domingo TO B

O PODER DA PALABRA Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA A palabra é unha arma poderosa que podemos usar de xeito negativo ou positivo. Convéncenos unha persoa que sabe argumentar as súas ideas e causas, pónsenos a pel de galiña cando escoitamos a alguén recitar un poema con sentimento, acoden as bágoas aos nosos ollos cando alguén a quen queremos nos fire coas súas palabras, sorrimos e mesmo se nos soben as cores cando alguén nos dirixe unhas palabras de amor ou gaba algo de nós.... Pois ben, a Palabra é tamén a que nos convoca nesta mañá de domingo. Unha Palabra con autoridade, que non con autoritarismo, que sae ao noso encontro para ser caxato na nosa vida. Escoitaremos a súa voz ou endureceremos o noso corazón?. CORAZÓN MISERICORDIOSO Porque as nosas teimas impídennos moitas veces escoitar a túa voz, que nos fala de esperanza e gozo, SEÑOR, QUE NON ENDUREZAMOS O NOSO CORAZÓN . Porque facemos oídos xordos á túa voz, que nos fala de sinxeleza, unión, diálogo, xustiza,

3 Domingo TO B

HOXE PODE SER UN DÍA GRANDE Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA É triste, pero cada día coñecemos a moita xente que nace, crece, traballa, reprodúcese (ou non), xubílase e morre. Así, sen máis. Endexamais se preguntaron quen son, como son, que fan, por que o fan, para que viven, cara onde camiñan…. ou cara onde quixeran camiñar. Porque ser protagonistas da nosa propia historia, vivir a tope a vida, chegar a ser persoa… non é algo que se nos dea feito, que se consegue con ir sumando anos ou que se atopa sen buscar seriamente. Descubrir o sentido profundo da vida, ser nós mesmos, é tarefa persoal e intransferible. A tarefa máis urxente e primeira de toda a vida. Porque Deus chámanos a ser nós mesmos, a vivir unha existencia humana e humanizadora, libre e liberadora… e ensinounos o camiño: o servizo. Que a celebración que agora comezamos nos axude a decatarnos de que hoxe é un bo día para descubrilo. CORAZÓN MISERICORDIOSO ·          Por non querer dedicar tempo a revisar

Epifania 2015

E A LUZ ENCHEU O MUNDO DE VIDA E MAIS DE PAZ Descarga o arquivo ESCOITA ACTIVA Chegou a luz por medio dunha estrela, e a nosa vida viuse iluminada, chea de gozo, aberta á esperanza. A festa dos Reis quere ser un metáfora dunha fe que chega e se ofrece a tod@s; unha fe que non exclúe, senón que une e achega; unha fe que se mostra a tod@s e que só nos pide agrandar o corazón para facerlle oco, e poder así quedar para sempre con e entre nós. E iso só o pode ofrecer un Deus que é para tod@s –UNIVERSAL– desde a tolerancia, a paz e a xustiza. Abrámonos a compartir esta fe nesta nosa oración comunitaria que agora comezamos. CORAZÓN MISERICORDIOSO ·          Polas veces nas que cansamos de entender que a túa mensaxe é universal, para tod@s, e non só para os nosos, SEÑOR, QUE NON PRACTIQUEMOS A DISCRIMINACIÓN . ·          Polas veces nas que reducimos a fe a memorizar oracións sen poñer a vida e as ilusións nas túas mans, CRISTO , QUE NON PRACTIQUEMOS A DISCRIMINACIÓN. ·         

2 Nadal 2015 B

UNHA SABEDORÍA IMPREGNADA DE HUMANISMO Descarga o arquivo ESCOITA ACTIVA                 Non é doado facer entender que o Evanxeo é ledicia, e que a vida dun cristián ten que estar impregnada desa ledicia. E non é doado porque tod@s estamos demasiado impregnados non da humanidade que nos ofrece a sabedoría de Deus, senón da mundanidade que nos ofrecen os homes; e prestámoslle pouca atención á sabedoría que vén de Deus. As lecturas e interpretacións que facemos das situacións e acontecementos do día a día están cheas dos tópicos que escoitamos na televisión, na radio ou lemos nos xornais. Poucas veces son froito dun tempo repousado no que deixamos que a Boa Nova de Xesús resoe nos nosos oídos e enchoupe o noso corazón. E todo isto o que fai é que acabemos dicindo cousas co mesmo derrotismo co que o fan as páxinas de sucesos dos xornais ou os moitos minutos consumidos por espazos de televisión onde so se fala de morte, violencia ou abuso. Darémonos algún día conta de que hai vida m