Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2015

Santa María 2016

366 DÍAS, 366 RAZÓNS PARA NON SER INDIFERENTE CANTO GOZOSO oPanxoliñas
ESCOITA ACTIVA Bos días e feliz ano novo para tod@s!!! O mes de xaneiro que hoxe comezamos fala de inicios. E sempre que empezamos algo, facémolo con moita ilusión, con bos propósitos e co desexo de poder rematalo. Por iso vimos aquí: para agradecerlle a Deus a súa compaña e para poñer na súa man estes doce meses que temos por diante. Sabemos que teremos días bos, outros que serán regulares e mesmo pode que algún deles estea cheo de negros nubarróns; pero tan certo coma iso é que Deus estará con nós, porque nos quere, porque somos o máis importante para El, porque, a diferenza do que facemos nós, El nin quere nin pode ser indiferente diante da dor, da tristura e da desesperanza. Que, como María, a quen hoxe celebramos na súa maternidade, deixemos que a Palabra cuestione a nosa vida e nos axude a trocar a globalización da indiferenza pola revolución da tenrura. Comezamos?.
CORAZÓN MISERICORDIOSO Para que non sexamos indif…

Sagrada Familia 2015

Nadal 2015

Ofrecendo sempre misericordia, chega o mensaxeiro traendo a boa nova farturenta que se fai palabra viva e acolledora para quedar entre nós

Descarga o ficheiroPDF

SINAL DO NADAL 1- Ao comezo da celebración imos ata o nacemento e colocamos a figura do Neno. Onde non haxa nacemento, pódese colocar no berce que adoita estar diante do altara figura do Neno, e que logo se dará a bicar no remate da celebración. O que queremos significar é que o berce, antes baleiro, convértese agora en berce no que tod@s somos acolid@s, por riba de raza, xénero, relixión ou cultura. Porque confesar a fe é facer do noso actuar imaxe do Evanxeo. 2- Tamén se pode colocar, logo de mostralo a tod@s, no portal o texto coas obras de misericordia, para poñer de manifesto que o Deus Neno que chega, faino sendo testemuña da misericordia da que nos invita a dar testemuño. CANTO AGRADECIDO §Panxoliñas ESCOITA ACTIVA É Nadal. Si, Deus nace en rúas e fogares, en actitudes e comportamentos, en sorrisos e alentos. Deus nace, e est…