Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2014

Santa María Nai de Deus 2015

PARA AGRADECER E VALORAR A OPORTUNIDADE DUN NOVO ANO
Descarga o ficheiro
ESCOITA ACTIVAAo comezar un novo ano, damos grazas por todo o que recibimos de Ti, Xesús. Primeiramente agradecemos o amor e o apoio da familia, a vida compartida coas persoas que nos queren e axudan; a saúde; o cariño e amor que recibimos; os días cheos de proxectos e esperanzas e tamén os días tristes e difíciles que aparecen na nosa vida; os amigos, o traballo, por todo o que de Ti imos recibindo.

Agradecemos canto temos vivido ao longo do ano que onte rematou, no que rimos e sufrimos, traballamos e descansamos, no que puidemos construír momentos bonitos e solidarios. Grazas porque foron aparecendo no noso camiño persoas que nos fixeron  felices ao cruzarse nós: os amigos, os compañeiros de traballo, os veciños, as persoas que amamos, as que están lonxe, as que nos botaron unha man, ás que puidemos axudar.
Queremos tamén pedir perdón polo ben que non fixemos, polas persoas ás que  ferimos ou danamos, polas nosas e…