Un sinal enraizado na terra e aberto a non esquecer a nosa identidade cristiá
O Advento é sempre unha invitación a mirar dentro de nós e botar fóra todo o lixo que no día a día da nosa vida imos acumulando: as nosas soberbias, a nosa ansia de sabelo todo e opinar do que faga falta, o noso considerarnos imprescindibles e pirixel de tódalas salsas... todo canto nos vai facendo criar costra que afasta do proxecto de ser construtores do Reinado de Deus alí onde esteamos.
Para significar e resaltar esta invitación a afastar de nós toda canto nos vai facendo insensibles ao plan de Deus para con nós, axudámonos de sinais cos que se quere poñer de manifesto que, a pesares das nosas debilidades, nada está perdido. Deus segue, e non cansa unha e outra vez, a darnos oportunidades para cambiar e comezar de novo.
Coma outros anos, tamén para este novo ciclo litúrxico que comezamos o primeiro domingo de Advento –este ano tócanos o ciclo B– ofrecemos un sinal que ao longo das catro semanas deste tempo de preparación ao Nadal nos axude a ir deixando atrás o lastre das adherencias que arrefrían o noso corazón e entumecen as nosas mans para a solidariedade fraterna.
Estando en Galicia, coidamos que a folla do carballo -árbore senlleira e tan significativa para nós– podería ser a base sobre a construamos este sinal que nos quere axudar a facer o camiño de renovación e cambio –agora que non cansamos de escoitar por tódolos lados que estamos nunha nova “primavera eclesial“– que nos afaste do influxo consumista de reducir o Nadal a puro mercantilismo que nos faga remexer dentro de nós para sacar fóra o que nos tenta a seguir por ese camiño.
Tendo o anterior en conta, o sinal ten como fondo unha folla de carballo pintada en verde –a cor da esperanza; a esperanza á que nos vai levando o tempo de Advento– e dentro da cal descubrimos unha chama prendida –en amarelo– para facernos caer na conta que o tempo de Advento dará froitos se nos deixamos guiar pola luz e a forza do Espírito.
Como os domingos de Advento son catro, comezamos o primeiro dos domingos cunha folla, para ir engadindo nos sucesivos, tantas como semanas ten este tempo. Poñendo de manifesto o ir crecendo interiormente, coa compaña da luz de espírito, nesta renovación que desemboca no gozo da esperanza acadada co nacemento do Deus feito home.
Oxalá que os sinais axuden á nosa transformación –interior e exterior- e non queden nunha estética estéril e baleira, á que recorremos porque toca e é costume, pero sen que acabe sendo significativa na nosa vida!.

Comentarios