Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2014

1 Advento B

ACOLLER CON LEDICIA O EVANXEO ESÍXENOS ESTAR ESPERTOS E ATENTOS A CANTO PASA AO NOSO REDOR Descarga o ficheiro
SINAL DE ADVENTO O mesmo que outros anos, e buscando axudarnos a vivir e comprender o significado deste tempo litúrxico, temos escollido un sinal: unha folla de carballo debuxada e posta sobre un panel. Segundo vaiamos avanzando nas  semanas de Advento, iremos engadindo novas follas; deste xeito o primeiro domingo será unha, o segundo dúas... a así ata o cuarto. No medio de cada unha das follas, debuxamos tamén unha chama prendida para significar que a forza do Espírito aléntanos a camiñar cara ao Nadal desde o respecto ácasa na que vivimos -o mundo, o- e o empeño en non calar diante canto destrúe e arrasa todo o que Deus puxo nas nosas mans para coidar.
ESCOITA ACTIVA Volvemos hoxe comezar un novo ciclo litúrxico. Desde este primeiro domingo

Sinal de Advento

Un sinal enraizado na terra e aberto a non esquecer a nosa identidade cristiá
O Advento é sempre unha invitación a mirar dentro de nós e botar fóra todo o lixo que no día a día da nosa vida imos acumulando: as nosas soberbias, a nosa ansia de sabelo todo e opinar do que faga falta, o noso considerarnos imprescindibles e pirixel de tódalas salsas... todo canto nos vai facendo criar costra que afasta do proxecto de ser construtores do Reinado de Deus alí onde esteamos.
Para significar e resaltar esta invitación a afastar de nós toda canto nos vai facendo insensibles ao plan de Deus para con nós, axudámonos de sinais cos que se quere poñer de manifesto que, a pesares das nosas debilidades, nada está perdido. Deus segue, e non cansa unha e outra vez, a darnos oportunidades para cambiar e comezar de novo.
Coma outros anos, tamén para este novo ciclo litúrxico que comezamos o primeiro domingo de Advento –este ano tócanos o ciclo B– ofrecemos un sinal que ao longo das…

Cristo Rei 2014