Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2014

Domingo 30 TO A

O ESQUECEMENTO LÉVANOS A REPETIR OS ERROS QUE NOS FAN INFELICES Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA Seguro que as lecturas que imos proclamar hoxe resúltannos moi coñecidas, alomenos por telas escoitado moitas veces. O que ao mellor xa non é tan seguro é que lle teñamos prestado a atención que merecen pola fondura da mensaxe que nos transmiten e pola forza coa que son pronunciadas. Si, porque tanto as palabras do libro do Éxodo como as de Xesús poñen o importante no centro, sen deixarse levar de modas ou rebumbios mediáticos. O importante, o fundamental é manter sempre, e dise isto moi claro, sempre o respecto e a defensa da persoa. Porque é ela, e só ela, a que posúe a dignidade que comparte con Deus. Por iso é necesario respectala, comparta ou non o noso xeito de pensar, rece a un Deus diferente ao noso ou teña unha escala de valores que non compartimos. E iso é así porque a dignidade non nola dá ningunha constitución nin ningún acordo internacional asinado por países, senón que a digni…

Hoxe vai ser un gran día