Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2014

26 Domingo TO A

DO DITO AO FEITO....HAICHE UN GRAN TREITO Descarga o arquivo ESCOITA ACTIVA A celebración de hoxe é unha invitación a que nos preguntemos, dun xeito sincero, que significa realmente Deus no noso quefacer cotián. O que se opón moitas veces á fe non é a increnza, senón a falta de vida. Porque, que importa o credo que pronuncian os nosos beizos se falta logo na nosa vida un mínimo esforzo de seguimento de Cristo?; que importa que un fillo lle diga a un pai que vai traballar na viña se logo en realidade non o fai?. Non será que temos reducido, a miúdo, a nosa fe a palabras, ideas ou sentimentos?. A Palabra proclamada quere axudarnos, unha vez máis a descubrir que a verdadeira fe, hoxe coma sempre, é a que viven aqueles homes e mulleres que traducen en feitos o Evanxeo. Porque.... do dito ao feito, haiche un gran treito. Que non nos quedemos en palabras que leva o vento. Camiñemos cara ao compromiso. CORAZÓN MISERICORDIOSO
Polas veces nas que lle temos esixido aos demais esforzo, colaboración …

25 Domingo TO A

NOS CAMIÑOS DA VIDA, O CAMIÑO DE DEUS É UNHA INVITACIÓN A SUPERAR CANSAZOS E DIFICULTADES Descarga o ficheiro
Lecturas
ESCOITA ACTIVA Temos escoitado, tamén utilizado, moitas veces a expresión “camiños da vida”. Con ela queremos poñer de manifesto todos os nosos quefaceres, as nosas tarefas de cada día, de todos os días. Esta metáfora do camiño aplicada a vida de cada un de nós axúdanos a ir tomando conciencia que do mesmo xeito que non todos os camiños son iguais, tampouco, inda que sexa o mesmo, non todos o andan da mesma maneira. Cada un vai poñendo a súa propia historia, as súas propias forzas ou o seu propio obxectivo á hora de andalo.
Nos textos das lecturas que hoxe imos proclamar o camiño preséntasenos como un elemento que forma parte da mesma vida e das mesmas preocupacións e esperanzas que cada un de nós ten á hora de facelo. Ese camiño é un camiño de crecer en liberdade e de non deixarse levar da ilusión de querer ser coma Deus. Tampouco de querer facer un deus á nosa medida. Os…

Santa Cruz TO A

SEMENTAR ESPERANZA: VELAÍ A NOSA TAREFA Descarga o ficheiro
Lecturas
ESCOITA ACTIVA
Hoxe é a festa da Exaltación da Cruz. E pode ser que nunha sociedade coma a nosa, que busca apaixoadamente a comodidade e o máximo benestar, haberá xente que se pregunte polo sentido desta festa. Porén, se cadra máis ca nunca, cómpre lembrar que cando celebramos a cruz non ensalzamos o sufrimento, a inmolación e a morte, senón o amor, a proximidade e a solidariedade dun Deus que quixo compartir a nosa vida... e a nosa morte. A cruz é a revelación do noso destino: o triunfo de Cristo é a vitoria de todas as persoas.
Ninguén nos vai quitar as dificultades, a dor, os problemas, as preocupacións; pero si sabemos que todas elas poderán ser superadas naquel en que pomos a nosa forza, a nosa esperanza, a nosa vida. Aquel que soubo superar o fracaso e abrirse á esperanza. Tamén nós, os seus seguidores, somos invitados neste día a non esquecer que a morte, todas as mortes -non só as físicas-, que se producen no nos…