Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2014

22 Domingo TO A

POR QUE, INDA QUE NOS DIGAMOS CRISTIÁNS, SEGUIMOS LAMENTÁNDONOS? BOTEMOS FÓRA CANTO NOS FAI DESCONFIAR DE DEUS E COMECEMOS A CONSTRUÍR A VIDA SEN CONVERTER A DEUS NA BANCA QUE NOS DÁ RENDIBILIDADE
Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA

Estamos tan afeitos a escoitar moitas veces as mesmas cousas que acabamos por crelas sen esforzarnos por discernir, reflexionar ou contrastar. E isto lévanos a facernos crédulos diante do que máis insistencia pon á hora de dicir as cousas. Porén, Deus ten outro xeito de ver a realidade e de invitarnos a seguila. Para El o importante non é canto podemos gañar co que facemos, senón como podemos ser mellores persoas e máis felices. Verdade que a diferenza é clara?. Pois nin Xeremías nin Pedro, dos que hoxe nos falan os textos que imos proclamar, o entenderon. Eles estaban noutras cousas, namentres o Deus Pai en Xesús buscaba abrir novos camiños cos que seguir cara adiante, sen ter que dar sempre voltas e máis voltas á vida convertida en redonda. Preguntémonos, ta…

21 Domingo TO A

FRONTE AO AUTORITARISMO DE QUEN DOMINA, XESÚS ENTRÉGALLE A PEDRO UNHA MISIÓN CONSTRUÍDA SOBRE O SERVIZO, NON SOBRE O DOMINIO NIN A IMPOSICIÓN Descarga o ficheiro
ESCOITA ACTIVA Cada mañá ao levantarnos móstrasenos como unha porta que temos que abrir para poder entrar por ela. A chave desa porta dánola Deus en forma de disposición para poñer no día que comeza ilusión, gañas, esperanza, capacidade para superar dificultades ou esforzo por non deixarnos levar da incomprensión de uns para cos outros. Si, a chave dánola Deus, e nós acollémola ou non, segundo a implicación de cadaquén á hora de acoller este gran agasallo que se nos fai e de darlle sentido e contido ao noso abrir os ollos. El ábrenos a porta porque é quen ten as chaves e nos invita a entrar.
Que saibamos ser agradecidos cara Aquel que non abandona a obra das súas mans, senón que a pon ao noso dispor para que sintamos que, desde a nosa liberdade e o noso compromiso, é posible ir construíndo camiños de humanización e encontro co no…

20 Domingo TO A