Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2014

18 Domingo TO A

DEUS NON FALLA: EN TEMPOS DE ESCASEZA SEGUE A OFRECERNOS A SÚA COMPAÑA E O SEU XANTAR: “VINDE E COMEDE”Descarga o arquivo ESCOITA ACTIVA Man aberta e comida son palabras que hoxe están bastante en crise. Cando hai moito é fácil dar do que sobra a mans cheas; porén, cando as cousas veñen dadas é de valorar que siga a haber xente que coa súa man aberta ofrece do que ten. Esta podería ser a imaxe que nos axudara a entender e nos motivara a participar na celebración de hoxe. Deus non só non retira a súa man, senón que, se cabe, ábrea moito máis para a través dela ofrecernos a comida da solidariedade e do amor. Porque.... que están a ser senón todas as mans abertas das persoas que dedican os seus medios e o seu tempo a compartir o que teñen para que outros poidan comer cada día, pagar os seus recibos de luz ou o seu aluguer?. Daquela, que mellor que reunirnos para dar grazas a ese Deus que a través da súa palabra vai conformando esa forma de ser que chamamos vida cristiá, Evanxeo, para que o…

17 Domingo TO A

SÓ QUEN TEN UN CORAZÓN QUE SABE ESCOITAR ENTENDE QUE SOMOS DIGNIDADE
Descarga o ficheiro
ESCOITA ACTIVA Utiliza a primeira lectura de hoxe unha expresión que nos dá a clave para entender por que as persoas somos moito máis importantes que calquera outro ser vivo. Cando a Salomón se lle di que pida o que queira, contra do que puidera parecer, el non pide posesións, poder, prestixio ou medios materiais, senón algo que hoxe, acostumados como estamos a medir ás persoas non polo que son senón polo que teñen, nos chama a atención: un corazón escoitador. É dicir, sensible, cercano, preocupado polos demais e capaz de ser cos outros, non máis cós outros nin mellor cós outros. Toda unha lección para cantos seguen a pensar que a felicidade e a realización persoal está en todo o que diga relación co verbo posuír.
Que participemos nesta celebración coa mellor disposición a facer da nosa vida un compromiso por saber acoller, escoitar e acompañar a tantas persoas que imos descubrindo necesitadas de pala…

Santiago Apóstolo 2014

É FESTA NA NOSA TERRA!. QUE MELLOR MOMENTO PARA COMPARTIR E AGRADECER A NOSA IDENTIDADE, A NOSA FE, A NOSA XENTE? Descarga o ficheiro
ESCOITA ACTIVA Agradecid@s. Si, este pode ser hoxe o adxectivo que nos axude a centrar a celebración que imos comezar. Agradecid@s porque formamos parte dunha comunidade que reza de xeito solidario polos demais, sexan de aquí ou vivan a milleiros de quilómetros. A fe é universal. Non pode pecharse nun curral para que non saia, e sexa só para nós. Agradecid@s tamén porque esa fe podemos vivila cos pés na terra, facendo nosos “os gozos e as esperanzas, as tristuras e angustias“ dos homes e mulleres que viven ao noso lado, co realismo e a tenrura coas que tamén Xesús soubo vivir coa xente do seu tempo os seus problemas e as súas ilusións. Neste día do Apóstolo; neste día de Galicia, poñamos os pés no chan, abramos ben os ollos e fagamos unha oración sinxela e sincera fitando cara ao ceo. CORAZÓN MISERICORDIOSO ûPor non poñer o noso tempo ao servizo de quen o n…

domingo 16 to a

NON HAI XUSTIZA SEN HUMANIDADE: SÓ RECOÑECENDO AO OUTRO COMA IGUAL PODEMOS POÑER EN PÉ A GRAN TAREFA DO REINO
Descarga o arquivo Lecturas
ESCOITA ACTIVA Unha das frases da primeira lectura de hoxe dinos que “ao xusto lle cómpre ser humano”. Por aquilo de que as lecturas se dividen en tres ciclos, as persoas que adoitamos participar os domingos nas celebracións da comunidade cada tres anos temos escoitado esta frase. Porén, quizais a pesares de tela escoitado moito, non lle temos prestado a atención que ela merece, porque en algo tan sinxelo como son estas seis palabras, agóchase unha estupenda síntese na que poderiamos resumir a fe cristiá. A salvación da que tantas veces falamos en abstracto non ten outra concreción que a capacidade que nós teñamos de ir facendo visible a xustiza de Deus e o recoñecemento da humanidade no actuar en relación cos demais. Só deste xeito poderemos poñerlle rostro e sentido ás palabras. Do contrario non faremos máis ca poesía, pero a poesía non é seguimen…