Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2014

Pedro e Paulo testemuñas

DEUNOS AS CHAVES NON PARA PECHÁRMONOS CON ELAS E FACER DEFENSAS NUMANTINAS, SENÓN PARA ABRIR PORTAS E VENTÁS QUE FAN POSIBLE O DIÁLOGO CUN MUNDO PLURAL NO QUE TOD@S SOMOS IMPORTANTES...AÍNDA QUE NINGUÉN É IMPRESCINDIBLE Descarga o arquivo
Lecturas
ESCOITA ACTIVA A imaxinería relixiosa sempre representa a Pedro cunhas chaves na man. Esta representación ten a súa orixe no Evanxeo que hoxe imos proclamar na celebración: Xesús entrégalle as chaves. Pero contra o que moitas veces se ten interpretado, estas chaves non son para pechar portas e ventás e atrincheirarse fronte ao mundo, senón todo o contrario: son as chaves que abren portas e ventás para permitir o diálogo, o encontro e a comunicación con outras maneiras de pensar, con outras concepcións antropolóxicas ou con outras propostas morais. O Evanxeo, porque é alegría e gozo, ofrécese sempre como camiño de encontro e entendemento, é comunicación e diálogo. Que mellor día ca hoxe, no que celebramos a festa de Pedro e Paulo, para tomármonos…

Corpus A

O Corpus outros anos

Corpus no Ciclo ACorpus 2011
Corpus 2008

Corpus no Ciclo BCorpus 2012
Corpus 2009
Corpus no Ciclo CCorpus 2013 Corpus 2010 Corpus 2007

A Trindade

CON AMOR E POR AMOR, DEUS MANIFÉSTASE E PON DIANTE NOSA UN PROXECTO NO QUE IR DESENVOLVENDO ESE AMOR
Descarga o ficheiro
Lecturas
ESCOITA ACTIVA Nunha sociedade na que as redes sociais, en cuestións de segundos,  son quen de poñer en contacto a milleiros de persoas dun cabo a outro do mundo e de mobilizar e convocar a xente que, malia non coñecerse, comparte uns mesmos ideais; atopámonos co feito de que moita xente, moitas familias viven hoxe na máis absoluta das incomunicacións: comparten a mesma casa, a mesma mesa, o mesmo espazo…pero pouco falan e non se coñecen entre eles. Son incapaces de abrir o corazón para compartir desánimos, plans, proxectos ou ilusións. Porén, a festa que celebramos hoxe, a Trindade, vén dicirnos que o Deus que se manifesta en Cristo e que envía o Espírito para alentar a nosa vida non quere camiñar só e incomunicado, senón que entra en comuñón con nós. Que non pechemos o corazón á súa chamada. CORAZÓN MISERICORDIOSO ûPorque moitas veces negámonos a abrir o corazón…