Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

Ascensión 2014 A

QUE A NOSA BOCA SEXA MEDIO DE ACLAMACIÓN DA SABEDORÍA DE DEUS Descarga o ficheiro Lecturas ESCOITA ACTIVA Mirar os acontecementos da nosa historia só cara arriba é propio da maxia. Miralos cara atrás é propio da superstición. Porén nós, coma cristiáns, temos unha mirada propia: cara arriba, confiando en Deus; cara ós lados, buscando aos irmáns; e cara adiante, construíndo futuro con optimismo, coa ledicia de sabérmonos acompañad@s. Mais sempre temos a tentación da mirada máxica ou supersticiosa. A Pascua é tempo de espabilar, de renunciar a estas tentacións, de liberarnos das cadeas que escravizan. Busquemos coa mirada a Cristo, miremos ao irmán e comecemos esta celebración recoñecendo nel a imaxe do Resucitado. CORAZÓN MISERICORDIOSO *         Porque moitas veces caemos na tentación de desconectar da realidade e pasar de todo, SEÑOR, QUE BOTEMOS RAÍCES DE FRATERNIDADE. *         Porque esquecemos que a nosa vida ten que ser un canto para aclamarte, e non para esquecer

6 pascua a

UNHA ENTREGA SEMPRE SOLIDARIA: A FRATERNIDADE COA PERSOA ENFERMA Descarga o arquivo Lecturas ESCOITA ACTIVA         A Igrexa española celebra hoxe a Pascua do Enfermo. E faino, como ocorre sempre, neste sexto domingo do tempo pascual. A celebración de hoxe quere pór diante nosa o importante que ten que ser para cantos formamos parte das comunidades cristiás facer da caridade espello no que poder mirarnos cada día. Sen ela, a fe esvaece e morre. Con ela crece, madura e desenvólvese ata facerse creativa e sempre novidosa.         Comecemos logo a celebración predispoñendo o corazón para acoller a quen necesite das tiritas da achega e da axuda e da presenza solidaria a quen está mergullado na triste dor da enfermidade CORAZÓN MISERICORDIOSO ·         Que non viremos a cara diante da situación na que viven as persoas enfermas, SEÑOR, RENOVA EN NÓS A FORZA DA CARIDADE. ·         Que non fagamos do noso tempo esquecemento para cos máis necesitados e débiles. CRISTO,

5 Pascua A

CHAMAD@S A SUPERAR A DIVISIÓN: NIN HELENISTAS NIN HEBREOS.... DE CRISTO E INCLUÍNTES!!!!!!!!!! Descarga o arquivo ESCOITA ACTIVA Diante da tentación sempre presente en nós de crer que temos as mellores solucións, polo que non necesitamos nin escoitar nin atender ao que os demais nos poidan dicir, a celebración de hoxe invítanos a deixar atrás este xeito de ver as cousas para comezar a pensar dun xeito inclusivo; é dicir, desde unha perspectiva global, de todos, e non só desde a nosa. Deste xeito a comunidade veríase enriquecida e fortalecida. Que canto celebremos hoxe comunitariamente sexa pulo de cambio e transformación de actitudes nas nosas vidas. CORAZÓN MISERICORDIOSO (Podemos substituír esta parte pola aspersión á comunidade e o canto, A auga do Señor ) v Porque nos pode o individualismo e fáltanos capacidade comunitaria, SEÑOR, QUE A DIVISIÓN SEXA ACTITUDE A SUPERAR. v Porque non construímos sobre pedra, senón sobre area a nosa vida e as nosas conviccións, C

4 Domingo Pascua A

O TESTEMUÑO DO RESUCITADO É PARA NÓS CAMIÑO DE SEGUIMENTO E DE MADUREZ PERSOAL Descarga o arquivo Lecturas ESCOITA ACTIVA No día do Bo Pastor, e nun mundo tan orfo de pastores que queiran, agarimen e se entreguen para servir con naturalidade e sen actitudes ambiguas e desconfianza; reunímonos para comezar a celebración rezando xunt@s e agradecendo a Deus que poidamos ter persoas que nos acompañen e fagan posible que as nosas comunidades poidan seguir xuntándose e gozando deste encontro festivo do domingo. Damos grazas e pedimos para que, entre tod@s, sigamos facendo dos nosos encontros de oración momentos de fe compartida, de vida entregada e de esperanza vivida sempre no nome do Señor. CORAZÓN MISERICORDIOSO (Podemos substituír esta parte pola aspersión á comunidade e o canto, A auga do Señor ) Porque somos dos que criticamos, mais non dos que colaboramos, SEÑOR, QUE NON NOS CREAMOS MÁS CA NINGUÉN.   Porque nos sobra intolerancia e nos falta humildade, CRISTO,