Ir al contenido principal

Lecturas 4 Coresma A

DOMINGO 4 CORESMA 

CICLO A

PRIMEIRA    1 Sam 16, 1b. 6-7. 10-13a
David é unxido coma rei de Israel

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

O Señor faloulle a Samuel: ‑" Enche o corno de óleo e vaite, de parte miña, onda Ixaí, o de Belén, pois escollín un rei entre os seus  fillos".
Cando  chegaron  e  viu  a  Eliab, pensou: ‑"De seguro que o Señor ten diante de si o seu unxido". Pero o Señor díxolle a Samuel: ‑"Non te fixes no seu bo ver, nin na súa estatura. Ese está excluído, pois Deus non olla coma os homes. Os homes ven as aparencias, pero Deus ve o corazón".
Ixaí fixo pasar a sete dos seus fillos á vista de Samuel e Samuel dixo: ‑"Ningún destes é o escollido do Señor".
Samuel preguntoulle a Ixaí: ‑"¿Xa non tes máis rapaces?" E el respondeulle: ‑"Que-da aínda o pequeno, que está gardando as ovellas". Samuel díxolle: ‑"Pois manda que o traian, xa que non nos sentaremos á mesa ata que el chegue". Ixaí mandou que o fosen buscar. Era loiro, de ollos fermosos e de bo parecer. O Señor dixo a Samuel: ‑"Érguete e únxeo, pois é este".
Samuel colleu o corno do óleo e unxiuno diante dos seus irmáns.


SALMO RESP.      Sal 22, 1-3a. 3b-4. 5. 6
R/  (1):  O Señor é o meu pastor: nada me falta.

O Señor é o meu pastor: nada me falta.
Os pastos verdecentes lévame a repousar,
lévame a beber ás augas tranquilas:
El repón as miñas forzas.

Guíame por vereas rectas,
por mor do seu nome.
Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,
ningún mal temería, pois ti vas comigo:
o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

Ti pos para min a mesa,
á cara dos meus inimigos;
únxesme con perfume a cabeza,
e a miña copa reborda.

A túa bondade e o teu amor vanme seguindo
tódolos días da vida.
Eu habitarei na casa do Señor
ó longo dos meus días.


SEGUNDA     Ef 5, 8-14
Érguete de entre os mortos e hate iluminar Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:
Antes erades tebras pero agora sodes luz no Señor. Así que andade coma fillos da luz, (porque a luz é toda bondade, xustiza e verdade), tendo en conta o que agrada ó Señor. E non compartáde-las obras estériles das tebras; polo contrario, denunciádeas, que do realizado por eses tales ás agachadas dá vergonza mesmo falar. Pero todo iso, cando o delata a luz, queda ó descuberto, pois todo o que se manifesta é luz. Por iso dise:
Acorda, ti que estás a durmir,
érguete do medio dos mortos
e Cristo iluminarate.


VERSIÑO     Xn 8, 12
Eu son a luz do mundo, di o Señor;
quen me sigue, terá a luz da vida


EVANXEO     Xn 9, 1-41  (longo)
Foise, e lavouse, e volveu vendo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

O pasar, Xesús viu a un cego de nacemento. Entón preguntáronlle os seus discípulos:
‑Mestre, ¿quen pecou, para que nacese cego: el ou seus pais?
Xesús respondeu:
‑Nin pecou el nin os seus pais, senón que está cego para que se mostren nel as obras de Deus. Precisamos face-las obras do que me mandou mentres é día; está a chega-la noite e daquela ninguén pode traballar. Mentres eu estou no mundo, son a luz do mundo.
Dito isto, cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna polos ollos do cego, dicíndolle:
‑Vaite lavar na piscina de Siloé (que quere dicir "enviado"). El foi, lavouse e volveu con vista. Entón os veciños e os que antes o viran andar a pedir preguntaban:
‑¿Non é este o que estaba sentado pedindo?
Uns dicían: "éche o mesmo"; outros, "non, é un que se lle asemella"; e el dicía: "son eu". Entón preguntábanlle:
‑Daquela ¿como se che abriron os ollos?
El respondeu:
‑O home que se chama Xesús fixo lama, untoume os ollos, e díxome: "Vai a Siloé e lávate". Entón fun e, ó que me lavei, comecei a ver.
Preguntáronlle:
‑¿Onde está ese?
El contestou:
‑Non o sei.
Levaron onda os fariseos o que fora cego. (Era sábado o día que Xesús fixera lama e lle abrira os ollos). E outra vez lle preguntaban tamén os fariseos como chegara a ver. El respondeulles:
‑Untoume lama polos ollos, laveime e vexo.
Algúns dos fariseos dicían: "Este home non vén de Deus, que non garda o sábado". Outros, en cambio, dicían: "¿Como ía poder un home pecador facer estes sinais?" E había división entre eles.
Entón preguntáronlle outra vez ó cego:
‑¿A ti que che parece ese home que lles deu a vista ós teus ollos?
El contestou:
‑Que é un profeta.
Os xudeus non lle creron que fose cego e que chegase a ver, ata que chamaron polos seus pais e lles preguntaron:
‑¿É este o voso fillo, o que vós dicides que naceu cego? Logo ¿como é que agora ve?
Os pais responderon:
‑Nós sabemos que este é o noso fillo e que naceu cego: como é que agora ve, non o sabemos; nin sabemos tampouco quen lle deu a vista. Preguntádelle a el, que ten anos para falar en por si.
(Isto dixérono os pais, porque lles tiñan medo ós xudeus, pois xa se puxeran de acordo en que, se alguén o recoñecía coma Mesías, botábano da sinagoga. Por isto dixeron seus pais: "Ten idade, preguntádelle a el").
Chamaron por segunda vez polo home que fora cego e dixéronlle:
‑Dá gloria a Deus: nós sabemos que ese home é un pecador.
El entón respondeu:
‑Eu non sei se é un pecador; só sei unha cousa: que eu antes era cego e que agora vexo.
Dixéronlle entón:
‑Pero ¿que foi o que che fixo? ¿Como che deu a vista?
Respondeulles:
‑Xa volo dixen e non me fixestes caso. ¿Por que queredes oílo outra vez? ¿Ou é que tamén queredes facervos discípulos del?
Eles enchérono de aldraxes e dixéronlle:
‑Serás ti discípulo del; nós somos discípulos de Moisés. Nós sabemos que a Moisés lle falou Deus; deste, polo contrario, non sabemos de onde é.
O home replicoulles:
‑Pois nisto precisamente está o admirable: en que vós non sabedes de onde é e el deulles a vista ós meus ollos. Sabemos que Deus non escoita os pecadores, pero se un é piadoso e fai a súa vontade, a ese escóitao. Endexamais non se soubo de ninguén que dese vista a un cego de nacemento: se este non viñese de Deus, non podía facer nada.
Respondéronlle eles:
‑Ti naciches todo metido en pecados ¿e vasnos ensinar a nós?
E botárono fóra.
Oíu Xesús que o botaran fóra, buscouno e preguntoulle:
‑¿Cres ti no Fillo do Home?
El respondeulle:
‑¿E quen é, Señor, para que crea nel?
Díxolle Xesús:
‑Éche o mesmo que estás vendo e que está a falar contigo.
El dixo:
‑Creo, Señor.
E prostrouse diante del.
Entón dixo Xesús:
‑Para realizar un xuízo vin eu a este mundo: para que os que non ven, vexan; e os que ven, se volvan cegos.
Oíron isto algúns dos fariseos que estaban onda el, e preguntáronlle:
‑¿E, logo, nós tamén estamos cegos?
Xesús contestoulles:
‑Se estivésedes cegos, non teriades pecado; mais, como dicides que vedes, o voso pecado permanece.


Ou máis breve:  1. 6-9. 13-17. 34-38
O pasar, Xesús viu a un cego de nacemento. Entón
Dito isto, cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna polos ollos do cego, dicíndolle:
‑Vaite lavar na piscina de Siloé (que quere dicir "enviado"). El foi, lavouse e volveu con vista. Entón os veciños e os que antes o viran andar a pedir preguntaban:
‑¿Non é este o que estaba sentado pedindo?
Uns dicían: "éche o mesmo"; outros, "non, é un que se lle asemella"; e el dicía: "son eu".
Levaron onda os fariseos o que fora cego. (Era sábado o día que Xesús fixera lama e lle abrira os ollos). E outra vez lle preguntaban tamén os fariseos como chegara a ver. El respondeulles:
‑Untoume lama polos ollos, laveime e vexo.
Algúns dos fariseos dicían: "Este home non vén de Deus, que non garda o sábado". Outros, en cambio, dicían: "¿Como ía poder un home pecador facer estes sinais?" E había división entre eles.
Entón preguntáronlle outra vez ó cego:
‑¿A ti que che parece ese home que lles deu a vista ós teus ollos?
El contestou:
‑Que é un profeta.
Respondéronlle eles:
‑Ti naciches todo metido en pecados ¿e vasnos ensinar a nós?
E botárono fóra.
Oíu Xesús que o botaran fóra, buscouno e preguntoulle:
‑¿Cres ti no Fillo do Home?
El respondeulle:
‑¿E quen é, Señor, para que crea nel?
Díxolle Xesús:
‑Éche o mesmo que estás vendo e que está a falar contigo.
El dixo:
‑Creo, Señor.
E prostrouse diante del.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel