Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2014

5 Coresma A

O DON DA AMIZADE: UN AGASALLO QUE SEMPRE TEMOS QUE COIDAR E NUNCA DEBEMOS PERDER Descargar ficheiro SINAL DE CORESMA: Colocamos por riba do altar a quinta e derradeira pedra, para que nos faga decatarnos de que, se estamos dispostos, aínda é tempo de poñerse ao camiño para cambiar o noso corazón de pedra nun corazón de carne, moito máis sensible e achegado á realidade da xente. ESCOITA ACTIVA Dentro da fondura que hoxe nos presentan os textos da celebración, podemos fixarnos nun aspecto que ao mellor pasa desapercibido: o valor da amizade. Temos escoitado moitas veces o evanxeo de Lázaro, e seguro que nos teñen falado de moitas cuestións que nos axudan a entendelo, pero ao mellor foron poucas as veces nas que nos invitaron, a partires da lectura deste texto, a revisar as nosas actitudes e os nosos comportamentos á hora de tratar cos amigos. Ter un amigo, dise moitas veces, é ter un tesouro, e os tesouros, porque son moi importantes e teñen valor, debemos coidalo

Lecturas 5 coresma A

DOMINGO V DE CORESMA Descarga o ficheiro Primeira Lectura Ez 37, 12-14 Daréivo-lo meu Espírito e viviredes LECTURA DO LIBRO DO PROFETA EZEQUIEL Isto di o Señor Deus: - Velaí que eu vou abri-las vosas sepulturas, e vouvos facer subir das vosas sepulturas, meu pobo, e vouvos levar á terra de Israel. Recoñeceredes que eu son o Señor, cando eu abra as vosas sepulturas, e cando vos faga subir das vosas sepulturas, meu pobo. Vou poñer en vós o meu espírito e vouvos facer revivir na vosa terra. Así recoñeceredes que eu, o Señor, o digo e o fago -é o Señor quen fala-.  Palabra do Señor SALMO RESPONSORIAL Sal 129, 1-2. 3-4ab. 4c-6. 7-8 R/. (7): Do Señor vén a misericordia, e nel a redención é cumprida. Desde os abismos clamo a ti, Señor; Señor, escoita a miña voz. Ten atentos os oídos á voz da miña súplica. Se levas conta dos pecados, Señor, Señor, ¿quen poderá terse en pé? Mais en ti está o perdón para te faceres respectar. Eu e

4 Coresma A

NON QUEREMOS A LUZ QUE NOS CEGA, SENÓN A QUE NOS INDICA O CAMIÑO E NOS INVITA A FACELO XUNT@S Descarga o ficheiro SINAL DE CORESMA: Seguimos poñendo unha nova pedra por riba do altar; e explicando a necesidade de converter o tempo de coresma en esforzo por cambiar o corazón de pedra en corazón de carne. ESCOITA ACTIVA Paseniñamente, sen présa pero sen pausa, imos debullando este tempo de graza que quere ser para cada un e cada unha de nós a coresma. Deus vaise manifestando, vai saíndo ao noso encontro, vainos levando da man e mesmo no seu colo, esforzándose porque non vaiamos sol@s. A pesares dos nosos esquecementos, dos nosos retrasos, das nosas esixencias...., El segue a confiar en nós. E nós, podemos dicir o mesmo?. Porque se ben é certo temos momentos de honradez, lealdade, coherencia e franqueza, unha grande parte da nosa vida pasámola evitando: responsabilidades, compromisos, tomas de decisións.... Danos medo abrir os nosos ollos e ver a realidade, porque intuímos que “

Lecturas 4 Coresma A

DOMINGO 4 CORESMA   CICLO A Descarga o ficheiro PRIMEIRA    1 Sam 16, 1b. 6-7. 10-13a David é unxido coma rei de Israel PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL O Señor faloulle a Samuel: ‑" Enche o corno de óleo e vaite, de parte miña, onda Ixaí, o de Belén, pois escollín un rei entre os seus  fillos". Cando  chegaron  e  viu  a  Eliab, pensou: ‑"De seguro que o Señor ten diante de si o seu unxido". Pero o Señor díxolle a Samuel: ‑"Non te fixes no seu bo ver, nin na súa estatura. Ese está excluído, pois Deus non olla coma os homes. Os homes ven as aparencias, pero Deus ve o corazón". Ixaí fixo pasar a sete dos seus fillos á vista de Samuel e Samuel dixo: ‑"Ningún destes é o escollido do Señor". Samuel preguntoulle a Ixaí: ‑"¿Xa non tes máis rapaces?" E el respondeulle: ‑"Que-da aínda o pequeno, que está gardando as ovellas". Samuel díxolle: ‑"Pois manda que o traian, xa que

3 Coresma A

ADENT RÉ MO NOS NO CAMIÑO SEN MEDO A PERDERNOS Descarga o arquivo SINAL DE CORESMA: Neste ir falando a través dos sinais, continuamos poñendo por riba do altar unha nova pedra, para que nos lembre a necesidade de ir facendo o corazón moito máis sensible e achegado á realidade dos demais.   ESCOITA ACTIVA   Avanzando no tempo de coresma, a celebración de hoxe ten unha idea guía desde a que se nos invita a celebrar a fe neste domingo: temos sede . Si, temos sede de todo canto poida ir facendo de nós mulleres e homes en actitude de romper inercias que nos impiden vivir de xeito verdadeiramente alegre o seguimento de Xesús. Cantas persoas sedentas imos atopando cada día ao noso redor! . Persoas sedentas de paz, de xustiza, de respecto, de tolerancia, de... Oxalá que a s persoas que esta mañá nos xuntamos para compartir este momento de oración, atopemos na Palabra proclamada e no pan compartido a auga que cura a nosa sede, e nos leve a i r deixando atrás outro