Ir al contenido principal

8 DOMINGO TO A

MEMORIA FRÁXIL PARA UN TEMPO LÍQUIDO  
ESCOITA ACTIVA 
A fraxilidade da nosa memoria vaise pondo de manifesto na medida na que imos esquecendo momentos, persoas ou experiencias, pasadas ou recentes, da nosa vida. Esta fraxilidade produce en nós, moitas das veces, sentimentos de tristura por non poder lembrar a alguén ou o que nos pasou nun momento determinado; pero tamén nos fai tomar conciencia de que ninguén de nós, rico ou pobre; con poder ou sen el, branco ou negro escapa á constatación dun feito, que nos guste ou non, ocórrenos a todos: somos limitados. E na nosa limitación ímonos recoñecendo sempre necesitados dos demais, descubrindo que solos non imos a ningunha parte; e se imos, pouco dura ese traxecto. As persoas necesitámonos unhas ás outras, inda que moitas veces non nos guste ou necesitemos tempo para admitilo.
Diante la limitación humana, a Palabra de Deus hoxe invítanos a non quedar presos dela, senón a esforzarnos para, sen buscar esquecela, irlle dando á vida outras metas e horizontes que a vaian enchendo de sentido e esperanza. E aquí atopamos con Deus. El é para nós a forza, o sentido, a meta cara onde imos. El é quen de non tomar en conta a nosa limitación, para querernos e acollernos tal e como somos. Diante de nós e dos outros que esquecemos/cen, Deus chega á nosa vida para ser sempre continuidade  e presenza, memoria viva que acolle a nosa desmemoria e nos dá agarimo e tenrura. Que nos deixemos levar desta apaixoante mostra de amor! 
CORAZÓN MISERICORDIOSO 
  • Para que a pesares da fraqueza da nosa memoria, saibamos recoñecerte como amigo que nunca nos deixa, SEÑOR, AGARÍMANOS COA TÚA COMPAÑA. 
  • Para que non deixemos que a nosa vida camiñe por vieiros de agoniamento  e desesperación, CRISTO, AGARÍMANOS COA TÚA COMPAÑA. 
  • Para que non lle deamos entrada no noso corazón a canto nos leva a prescindir dos demais, SEÑOR, AGARÍMANOS COA TÚA COMPAÑA. 

PALABRA ENRAIZADA 

  • Como diciamos ao comezo, son tempos de memoria fráxil. Unha fraxilidade que moitas das veces non quere ser máis ca escusa para non asumir responsabilidades polo comportamento. Pois en tempos así, aleda e ilusiona escoitar a palabra de Deus na primeira lectura, onde, unha vez máis, se nos lembra que diante da nosa fraxilidade, Deus non se esquece de nós, senón que vai termando da nosa vida co agarimo e a preocupación dun pai/dunha nai para quen a familia é cumio de encontro e amor. Tamén nós poderiamos preguntarnos se, como fai Deus con nós, somos capaces de facelo cos que conforman a nosa familia, cos que están preto e, moitas veces, esperando, ese achegamento pola nosa banda. Na vida non hai cousa peor e máis triste que o esquecemento....e non nos referimos ao esquecemento de honras e recoñecementos, senón ao esquecemento das persoas, das que ninguén se lembra nin ás que ninguén ten en conta. E disto, por desgraza, na sociedade –e a parroquia forma parte desa sociedade– hai moito. A invisibilidade de cada vez máis persoas tería que facernos pensar aos que nos chamamos cristiáns, que é o que non estamos a facer ben para que isto ocorra, xa que deberiamos ter presente que detrás de informes, estatísticas, formularios ou trámites diversos, atópase a vida de persoas. Persoas que sofren, que están solas, que necesitan dos demais e de que as institucións non as acaben convertendo en expedientes que hai que estudar. Os seres humanos somos fill@s de Deus, e polo tanto con dignidade e necesidade de sentírmonos recoñecidos e respectados. E iso, cada vez máis, vaise deixando en segundo ou terceiro plano. Como contrapunto esta a acción de Deus. Nós si que esquecemos aos demais; si que nos esquecemos uns doutros; si que co noso actuar reducimos ás persoas ao anonimato e á invisibilidade...pero como El mesmo nos di, nunca é tarde, e sempre estamos a tempo. Fixemos a atención na palabra hoxe proclamada e comecemos a ver aos que están ao noso redor con outros ollos: os ollos do encontro, a dispoñibilidade e a disposición a camiñar xunt@s, sen facer camiños de dúas velocidades nin caer na tentación de crernos redentores e salvadores dos demais. O único que salva é Deus en Cristo, e nós non somos máis que seguidores invitados a facer da nosa vida estancia de acollida compartida e construtora de esperanza.... tendo sempre presente que El nunca nos vai esquecer. Por iso só nel atopamos refuxio e máis descanso sen ningún tipo de contraprestacións. 

  • Para poder ir desenvolvendo esta tarefa debemos ter sempre presente que non nos vale calquera camiño, de aí que primeiro temos que parar a pensar que enderezo coller, e logo ver se antes de poñernos a andar fai falla amaña-lo camiño. Isto evítanos ben camiñar sen rumbo ben ter que abandonar por non ter sabido que un ha escoller non calquera camiño ao chou, senón aquel que sabe que pode percorrer e rematar. A consideración das nosas limitacións dános un sentido de realismo e móstranos que as decisións importantes necesitan maduración e responsabilidade. De nada nos vale berrar que somos libres se non acompañamos ese berro da coherencia das nosas capacidades e das nosas limitacións. Actuar así fainos grandes e con capacidade de poñerlle corazón a canto facemos, sen que sexa un piloto automático de rutina e sen sentido o que marque a vida. Se somos seguidores dun proxecto de amor e esperanza, estamos chamados a testemuñalo coa nosa vida, a tomalo en serio e a non deixarnos ir polos vieiros do actuar deixado e o desconcerto... e moito menos xustificar este actuar como se non foramos máis que robots teledirixidos. A liberdade desde a que Deus nos crea, chama sempre pola nosa responsabilidade á hora de testemuñar coa vida que El é razón da nosa esperanza. 

  • Por iso non nos agoniamos. Ao contrario, porque sabemos que non nos esquece nin nos trata coma monicreques, non vivimos inquedos polas cousas materiais, senón que sabendo que estas son importantes para unha vida digna, non as convertemos nin en razón nin en obxectivo do noso vivir, o que nos abre a: ser persoas confiadas e sempre dispostas a tender pontes que unan na busca de proxectos de ben común e a esforzarnos para non ser carga inxusta para quen a sinxeleza da súa vida fai que sexa capaz de prescindir do superfluo para vivir compartindo o necesario. E isto non resulta comprensible se non somos capaces de entrar na dinámica do proxecto de Xesús, que nos chama a busca-la xustiza, e desde ela, traballar para facer do lugar no que estamos un espazo no que o anonimato e a invisibilidade dean paso á sinceridade a é acollida confiada de facer cousas que nos enchan persoal e comunitariamente. 

FRATERNIDADE ORANTE 

O Señor, a diferenza de nós, tennos sempre presentes. Para El somos os fillos e as fillas dos que terma facéndonos libres e responsables. Unámonos a El, e digamos logo xuntos: 

SEÑOR, QUE A NOSA MEMORIA SEXA VIVA E AGRADECIDA 

  • Para que desde a comunidade eclesial que formamos os bautizad@s, aprendamos a mostrar agradecemento, no nome de Xesús, a tódalas persoas que buscan achegarse e levar cariño a quen espera atopar en nós testemuñas fieis do amor de Deus, OREMOS. 

SEÑOR, QUE A NOSA MEMORIA SEXA VIVA E AGRADECIDA 

  • Para que saibamos ser agradecidos coas persoas da nosa comunidade parroquial que poñen o seu tempo e a súa alegría en estar ao noso lado nos momentos nos que necesitamos mans amigas e palabras de alento, OREMOS. 

SEÑOR, QUE A NOSA MEMORIA SEXA VIVA E AGRADECIDA 

  • Para que na medida en que poidamos, dediquemos un pouco do noso tempo en acompañar, visitar e agarimar co noso sorriso e a nosa palabra ás persoas que van atopando dificultades e tristuras no camiño das súas vidas, OREMOS. 

SEÑOR, QUE A NOSA MEMORIA SEXA VIVA E AGRADECIDA 

Señor, acolle a anima esta oración que xuntos temos rezado. P.X.N.S. Amén. 

MIRADA DE ESPERANZA 

Xesús, Mestre bo, 
ensínanos o camiño para vivir solidariamente. 
Axúdanos a converter o noso corazón duro 
nun corazón sensible e cércano a todas as persoas que sofren. 
Ensínanos a saber descubrir a dor, o sufrimento e as necesidades dos demais. 
Danos a sinxeleza precisa para conmovernos diante do próximo  
e para acudir na súa axuda. 
Que non sexamos mesquiños na nosa entrega,  
que aprendamos a dar todo o que temos:  
as nosas cousas, o noso tempo, o noso esforzo, a nosa vida enteira,  
para que os outros vivan máis e mellor. 
Axúdanos a ter compaixón, que non é lástima, 
senón solidariedade activa e compromiso co outro. 

CANTO GOZOSO 

  • ENTRADA: Camiñarei 
  • LECTURAS: Déixate querer 
  • OFERTORIO: Graciñas, Señor, na mañá 
  • COMUÑÓn: Eu soñei

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel