Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

8 DOMINGO TO A

MEMORIA FRÁXIL PARA UN TEMPO LÍQUIDO Descarga o ficheiro
ESCOITA ACTIVA A fraxilidade da nosa memoria vaise pondo de manifesto na medida na que imos esquecendo momentos, persoas ou experiencias, pasadas ou recentes, da nosa vida. Esta fraxilidade produce en nós, moitas das veces, sentimentos de tristura por non poder lembrar a alguén ou o que nos pasou nun momento determinado; pero tamén nos fai tomar conciencia de que ninguén de nós, rico ou pobre; con poder ou sen el, branco ou negro escapa á constatación dun feito, que nos guste ou non, ocórrenos a todos: somos limitados. E na nosa limitación ímonos recoñecendo sempre necesitados dos demais, descubrindo que solos non imos a ningunha parte; e se imos, pouco dura ese traxecto. As persoas necesitámonos unhas ás outras, inda que moitas veces non nos guste ou necesitemos tempo para admitilo.
Diante la limitación humana, a Palabra de Deus hoxe invítanos a non quedar presos dela, senón a esforzarnos para, sen buscar esquecela, irlle dando á …