Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2014

Fe sinxela

O relato do nacemento de Xesús é desconcertante. Segundo Lucas, Xesús nace nun pobo no que non hai sitio para acollelo. Os pastores han ter de buscar por todo Belén ata que o atoparon nun lugar apartado, recostado nun presebe, sen máis testemuñas que os seus pais. Ao parecer, Lucas sente necesidade de construír un segundo relato no que o neno sexa rescatado do anonimato para ser presentado publicamente. Que lugar máis apropiado que o Templo de Xerusalén para que Xesús sexa acollido solemnemente como o Mesías enviado por Deus ao seu pobo? Pero, de novo, o relato de Lucas vai ser desconcertante. Cando os pais se achegan ao Templo co neno, non saen ao seu encontro os sumos sacerdotes nin os demais dirixentes relixiosos. Dentro duns anos, eles serán quen o entregarán para ser crucificado. Xesús non atopa acollida nesa relixión segura de si mesma e esquecida do sufrimento dos pobres. Tampouco veñen recibilo os mestres da Lei que predican as súas “tradicións humanas” nos atrios daquel Templo…

3 Domingo TO A

SÓ QUEN ESCOITA É CAPAZ DE SUPERAR A DIVISIÓN Descarga o arquivo
ESCOITA ACTIVA Unha das cousas que máis chama a atención do xeito de actuar de Xesús é que para El nunca se chega ao final do camiño. Sempre hai unha posibilidade, unha nova perspectiva, unha nova oportunidade, un novo xeito de facer as cousas. No evanxeo de hoxe prezaremos isto no movemento de Xesús: vai dun lado a outro, busca novos lugares nos que ofrecer e compartir a súa palabra e a súa vida cos que aínda non o coñecen. En vez de quedar no fácil de deixarse ir, de pensar que xa está todo feito, Xesús aplícalle á súa vida o dinamismo da mensaxe da que fala, e iso supón ir abrindo novas canles e perspectivas de atroparse con máis xente e de poder compartir con ela toda a fondura e grandeza da mensaxe.

Tamén nós, desde esta palabra que cada domingo imos escoitando, somos chamados a non deixarnos ir polos vieiros da fe murcha e tristeira, senón que, seguindo as pegadas do mestre, invítasenos a buscar novas realidades desde …

2 Domingo TO

QUE MELLOR BEN QUE ACOLLERTE ACOLLENDO. A VONTADE DE DEUS É VONTADE DE FRATERNIDADE, ACOLLIDA E ESCOITA: GRAZAS, SEÑOR, POR RECORDÁRNOLO!  Descarga o arquivo
ESCOITA ACTIVA
Escoitamos moitas veces a expresión facer a vontade de Deus. E tan habituados estamos a ela que poucas veces somos capaces de acollela e remoela no noso pensamento. Facer a vontade de Deus ponos sempre en relación cos que están ao noso lado, porque é desde o servizo e preocupación polos outros como toda a riqueza que nos aporta a fe se vai concretando. Nesta resposta cara aos demais, é onde esa vontade, o que Deus quere de nós de maneira activa e construtiva, se vai desenvolvendo e collendo rostro de amor e solidariedade. Fagamos logo o esforzo de converter en vontade de Deus o noso traballo de levar compañía a quen está solo, esperanza a quen se atopa triste e desacougado, amor a quen os desenganos teñen convertido en desconfiado, e paz a cantos cren que non hai máis camiño de solución das cousas que a violencia.

Que…