Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2014

Santa María Nai de Deus 2015

PARA AGRADECER E VALORAR A OPORTUNIDADE DUN NOVO ANO Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA Ao comezar un novo ano, damos grazas por todo o que recibimos de Ti, Xesús. Primeiramente agradecemos o amor e o apoio da familia, a vida compartida coas persoas que nos queren e axudan; a saúde; o cariño e amor que recibimos; os días cheos de proxectos e esperanzas e tamén os días tristes e difíciles que aparecen na nosa vida; os amigos, o traballo, por todo o que de Ti imos recibindo. Agradecemos canto temos vivido ao longo do ano que onte rematou, no que rimos e sufrimos, traballamos e descansamos, no que puidemos construír momentos bonitos e solidarios. Grazas porque foron aparecendo no noso camiño persoas que nos fixeron  felices ao cruzarse nós: os amigos, os compañeiros de traballo, os veciños, as persoas que amamos, as que están lonxe, as que nos botaron unha man, ás que puidemos axudar. Queremos tamén pedir perdón polo ben que non fixemos, polas persoas ás que  ferimos ou dana

Sagrada Familia 2014 B

GOCEMOS DO NOSO SER FAMILIA DESDE O AGARIMO E A TENRURA DUNHA IGREXA QUE QUERE SER NAI E NON MADRASTA Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA                 O nacemento de Xesús que celebrabamos hai uns día lémbranos a tod@s cales son as nosas raíces e a nosa identidade. Non nacemos por xeración espontánea nin por arte de maxia, senón que nacemos no seo dunha familia, e somos froito do amor. Non do amor pulsión e instinto, senón do amor tenrura, agarimo e xenerosidade; o amor do que Xesús nos deu testemuño desde a súa familia de Nazaret.           Cando por fin a Igrexa está decidida, máis alá das presión e atrancos dos grupos máis conservadores, a ser verdadeiramente nai; non ao xeito dunha formulación teolóxica, senón desde a súa capacidade para abrir as portas e acoller, escoitar e acubillar, celebremos con gozo a alegría do evanxeo que nos di que, máis alá das diferenzas físicas, o que fai familia é a capacidade de querer e camiñar xunt@s. Que a celebración que agor