Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2013

1 Advento

UN ADVENTO PARA CONSTRUÍR ESPERENZA ABRINDO O CORAZÓN A QUEN CHEGA SIGNO: Elaboraremos unha árbore en cartolina (tamén pode ser unha árbore natural) na que iremos pendurando, cada un dos domingos de Advento, un corazón tamén feito de cartolina. Dito corazón ten unha pechadura que, ao abrirse, deixa ver dentro unha frase dos textos das lecturas do día, que nos invita a deixar atrás canto nos fai insensibles e ritualistas na nosa tarefa de levar á vida de cada día as esixencias do Evanxeo de Xesús. Ao remate do Advento, poñeremos a árbore cos corazóns pendurados nela, diante do nacemento. Este é un sinal de que estamos dispostos a que o Deus que nace sexa estímulo e forza para non volver ao candado que nos encerra e illa dos irmáns. Neste primeiro domingo, a frase que escollemos é: “ Imos alegres á casa do Señor ”. PÓRTICO Cando se comeza algo novo sempre se xera un momento de ilusión, esperanza, ledicia, estímulo… Non sabemos se seremos capaces de acadar o obxectivo propo

Cristo Rei 2013

UN REINADO CONTRACORRENTE: PAZ, XUSTIZA E AMOR. UNHA APOSTA DESDE O CORAZÓN PARA A VIDA PÓRTICO  Cristo Rei Bos días!. Que se alegren as persoas pobres, as sinxelas, a xente de bo corazón, as persoas inmigrantes, as que teñen o carisma das bágoas, as que berran liberdade, as que non foron amadas nin bicadas suficientemente, as que deron amor sen preguntar, as limpas de corazón..... Porque chega un ceo novo e unha terra nova, na que Xesús será rei e onde reinará a misericordia, a xustiza, a beleza, a honradez, o perdón, a amizade e o amor.... Esta é a esperanza, grande pero crible, coa que vivimos e, sobre todo, actuamos. Porque cando Deus non é algo afastado e abstracto, senón alguén que sabe acompañar vidas, proxectos e tamén fracasos, a fe deixa de ser un costume para converterse en forza, alento e vida. Esta é a fe pola que loitou Xesús. Hoxe vímola compartir. Por iso podemos dicir sinceramente: Que ledicia a miña xa están os meus pés, pisando os vieiros da casa de Deu

33 Domingo TO C

O QUE NON TRABALLA QUE NON COMA....   E TI, MORRERÍAS DE FAME? PÓRTICO As palabras da carta de Paulo resoan nos nosos oídos coma un aldabonazo que nos fai poñer as pilas. Si, porque moitas veces pensamos que o mundo do traballo era pura e simplemente un medio de gañar cartos para logo poder gastalos. Que equivocados estabamos!!!!!!!!!!!!!!!. O traballo é medio para obter uns ingresos, pero o seu fin non debemos situalo aí, pois estaríamos quitándolle todo o sentido de realización persoal, encontro cos demais, aportación ao desenvolvemento da sociedade...Pero....estivemos tan cegos que non nos decatamos e agora, como nos ocorre coas cousas importantes, botámolo de menos cando o temos perdido. A Palabra lémbranos que temos que estar atentos ao mundo laboral para erguer a nosa voz sempre que por medio do traballo dos outros, haxa persoas que se enriquezan, os exploten, lles supriman dereitos ou manteñan situacións de escravitude –que neste tempo de crise medran coma o leite na

Domingo 32 TO C

PORQUE NOS TROUXO A VIDA..... CELEBRÉMOLO!!!!!!!!!!! PÓRTICO As persoas fixemos e facemos de todo con Deus. Unhas séntense na obriga de defendelo (aínda que sexa condenando aos irmáns); outras mesmo ousan dicirlle o que debería facer nestes tempos de ateísmo e crise moral; algunhas seguen aferrándose a imaxes relixiosas e concepcións infantís. Hainas tamén que falan del coma se coñecen ao detalle os seus plans e designios; e quen invoca a súa autoridade a tempo e a destempo. Fanse e fixéronse demasiadas caricaturas de Deus. Pola contra, é sorprendente constatar que Xesús case non ofrece explicacións sobre a súa concepción de Deus: invócao, confía nel como Pai, busca cumprir a súa vontade... pero non se adica a facer teoloxía nin retratos. Porén, con ocasión dunha discusión cos saduceos, confesa a súa fe nun Deus que non é Deus de mortos, senón de vivos. Este mesmo Deus de vida, que nos convoca aquí nesta mañá de domingo, quere ser para tod@s nós, neste mes de novembro no q