A
FESTA DA PLENITUDE NO ENCONTRO GOZOSO CO PAI DA ESPERANZA
PÓRTICOA cantos hoxe nos reunimos celebrando a festa de Tódolos Santos, únenos a mesma convicción: Deus, que é amor e esperanza, non nos deixa solos, senón que nos acolle ao seu carón para invitarnos á confianza diante de toda a desconfianza que nos rodea; para chamarnos polo noso nome fronte ao anonimato que nos ignora e silencia; para tendernos a súa man nun momento no que o individualismo e o interese puramente materialista se queren impor por riba da amizade, o amor e a espiritualidade que nos leva a descubrir a Deus no encontro xeneroso cos irmáns e na profundidade das decisións que orientan e dan sentido a nosa vida. A festa de hoxe quere ser, logo, chamada a non deixarse arrastrar do pesimismo, para facer agromar a esperanza daquel que sempre se achega a nós e non cansa de dicirnos: benaventurados. Por tant@s benaventurad@s que responderon a súa invitación, compartimos e celebramos hoxe este momento de oración.
O PERDÓN
- Para que aprendamos a facer da nosa vida don e entrega, fronte á intolerancia e o egoísmo, SEÑOR, GRAZAS POR FACER DA SANTIDADE DON E ENTREGA.
-
Para
que descubramos que o amor non son palabras, senón feitos que se mostran no escoitar, axudar e animar a quen o necesite, CRISTO, GRAZAS POR FACER DA SANTIDADE DON E ENTREGA.
- Para que manteñamos os ollos abertos a descubrir a túa presenza en cantos se esforzan por romper a lóxica do egoísmo, para crecer na lóxica da preocupación e da cercanía, SEÑOR, GRAZAS POR FACER DA SANTIDADE DON E ENTREGA.
REMUÍÑO
*
O libro
da Apocalipse cóntanos algo que, a pesares de que temos escoitado moitas veces,
quizais non lle teñamos prestado toda a atención que merece: Son moit@s os
escollid@s, salvad@s, agarimad@s que xa gozan da presenza de Deus. E se son
moit@s os que xa perciben o recendo do amor de Deus, non podemos dicir que o
mundo é malo, que as persoas son todas egoístas e que a desesperanza é tanta
que non hai nada que facer. Ao contrario, se tomamos en serio a palabra
proclamada, e lle prestamos atención, descubriremos que a mensaxe que nos quere
dirixir é outra. Unha mensaxe en positivo: a bondade do amor de Deus está moito
máis presente entre nós do que cremos, por iso temos que deixar de laiarnos e
de mirar só o negativo, para comezar a construír desde o bo que percibimos ao
noso redor. Unha bondade que se nos mostra cada día nas persoas que dan o seu
tempo ao servizo dos demais, das persoas que se abren a compartir o que teñen,
das persoas dispostas a facer da vida dos outros un tempo de sorriso e paz. Esa
foi a tarefa na que tanto se implicaron homes e mulleres aos que temos
coñecido, e aos que hoxe queremos dicirlle desde esta nosa oración comunitaria:
grazas polo voso exemplo, grazas polo
camiño que nos abristes, grazas por
mostrarnos que fronte ao noso pesimismo hai outro xeito, outro mundo, outro
corazón que crece e vive en esperanza. A celebración de hoxe ten que ser para tod@s nós unha celebración
de agradecemento por todo o Reinado de Deus que temos recibido a través da
vida, polo exemplo e o testemuño das persoas coas quer temos compartido tempo e
vida, e que repousan nos “camposantos”
das nosas parroquias. E inda que os seus nomes non están nos calendarios, nin
as súas festas se celebran con foguetes e música, hoxe nós miramos para as lápidas
nas que están escritos os seus nomes e, cheos de agradecemento, celebramos que
teñan sido as mellores testemuñas do amor de Deus, os mellores embaixadores do
ilusionante e esperanzado proxecto de amor, paz e xustiza que viviu e nos
invitou a vivir Xesús de Nazaret. Por iso nós hoxe, con actitude orante, co corazón
latexando de lembranzas e co pensamento agradecido, reunímonos para celebrar
que “por riba das nosas distancias, hai
unha fe; unha esperanza que medra en nós tamén”; o que nos leva a confesar
sen rutina e cheos de agarimo: porque o voso testemuño foi tan grande que
estaredes sempre en nós, agardamos un día poder volver atoparnos ao lado do
noso amigo Xesús, para cantar o aleluia da resurrección. Paga a pena, entón,
non deixarse vencer, na loita de cada día, polas dificultades, atrancos e desilusións
que nos vaian chegando –sabendo que moitas veces son duras e difíciles de
entender– para seguir abrindo camiños e fendas que nos acheguen a Deus, e lles
posibiliten aos irmáns unha vida máis digna e xusta.
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Deus,
que é amor e acollida, invítanos neste momento a compartir a oración
comunitaria dicindo xunt@s:
GRAZAS
POLO TESTEMUÑO DE AMOR DAS PERSOAS SINXELAS
û
Para
que en toda a Igrexa saibamos ser agradecid@s e valoremos os exemplos de
entrega xenerosa de tantas persoas que hoxe, na súa festa, a festa dos santos
sen calendario, ven recoñecido o seu traballo e o seu esforzo en favor das
persoas e da súa dignidade, OREMOS.
GRAZAS
POLO TESTEMUÑO DE AMOR DAS PERSOAS SINXELAS
û
Para
que nas nosas comunidades non desalentemos nunca, e nos esforcemos por levar
tempo e capacidade de escoita a cantos, neste momento tan difícil, senten a
necesidade de persoas que os escoiten, OREMOS.
GRAZAS
POLO TESTEMUÑO DE AMOR DAS PERSOAS SINXELAS
û
Para
que cada un/ha de nós, saibamos valorar que só poderemos descubrir o que son a
felicidade e a alegría, se somos capaces de por o noso tempo ao servizo de quen
puidera necesitalo, como fixeron tantos homes e mulleres aos que hoxe queremos
honrar nesta festa de Tódolos Santos, OREMOS.
GRAZAS
POLO TESTEMUÑO DE AMOR DAS PERSOAS SINXELAS
Grazas,
Señor, por ofrecernos a alegría da esperanza e da vida entregada ao servizo da
felicidade dos outros. P.X.N.S.
Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Señor, axúdame a ser Santo:Santo sen premio.
Santo para non
ofenderte.
Santo para
servir mellor aos demais.
Señor, neste día,
que recordamos
e celebramos a memoria de tódolos Santos,axúdame a acercarme máis a Ti.
Que o Espírito
me conceda os dons necesarios para ser mellor.
Non porque eu
mereza algo, senón para que a miña loanza chegue a Ti, máis plena.
Señor, perdóame,
polas miñas
infidelidades e abandonos, por todo o que podía ter feito e non fixen,
por todo o que podía ter servido e non servín,
por todo o que teño desaproveitado.
Dáme a túa bendición para que o resto da miña vida,
che sexa fiel e
caritativo, luz túa e servidor de todos,
segundo Ti me pidas en cada momento.
Grazas Señor
pola túa misericordia comigo.
Amén.
CANTOS
ð
ENTRADA: Benaventurados
ð
LECTURAS: Por riba das nosas distancias/Camiñarei
na presenza do Señor
ð
OFERTORIO: Se o Señor resucitou
ð
COMUÑÓN: Pan do ceo
Comentarios