Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2013

Domingo 22 TO C

SE TOMAMOS EN SERIO A SINXELEZA E A BONDADE DO ACTUAR DE XESÚS, FAREMOS DO ENCONTRO COMUNITARIO GOZOSA EXPERIENCIA DE AMOR E SERVIZO
PÓRTICO A experiencia comunitaria da que constantemente nos fala Xesús remítenos a que teñamos sempre unha actitude activa, comprometida e solidaria á hora de estar no mundo e de relacionarnos uns cos outros. Desde as súas orixes, a dimensión social da fe é unha esixencia fundamental do ser cristián...inda que durante moito tempo, por interese da institución eclesial que non da mensaxe evanxélica, fomos fomentando a submisión, o sometemento, o autoritarismo e a falta de criterio nos membros das comunidades cristiás. Para os que mandaban e tiñan o poder, eclesial e social, non interesaba ter cristiáns adultos, maduros, con criterio e autonomía para tomar decisións sen ter que recorrer ao parecer da “autoridade”. O Concilio Vaticano II, hai xa cincuenta anos, cambiou esta xeira, urxíndonos a formarnos e a romper coa dinámica de reducir o ser cristián a unhas…

21 domingo TO C

FRONTE AO ELES OU NÓS DOS HOMES, O PLAN DE SALVACIÓN DE DEUS CHÁMANOS Á UNIVERSALIDADE: TOD@S, EN CRISTO FOMOS SALVAD@S
PÓRTICO Pensar en global, vivir e actuar en local. Esta expresión, que seguro temos escoitado moitas veces, resume claramente o que queremos dicir ao manifestar que a fe é unha invitación que nos abre á universalidade -polo que non é excluínte- de aceptar e acoller por riba de cores, relixións ou linguas a todas as persoas. Pero esta universalidade concrétase, móstrase e realízase no achegamento dos que temos ao lado: familiares, veciños, amigos... o que é sempre unha chamada de atención para que non caiamos na divagación de facer da fe ilusión de boas intencións, pero incapaz de actuar no concreto, mirando de fronte ás persoas, tendéndolles a man e chamándoas polo seu nome. Que todo canto agora imos celebrar e compartir, nos axude a espertar do sono das boas intencións baleiras, e nos traslade ao compromiso real e concreto de termar e preocuparnos de quen nos necesite.…

20 Domingo Tempo Ordinario C

A PAZ SÓ PODE SER FROITO DA XUSTIZA PÓRTICOOs cristiáns e as cristiás non podemos ser persoas fatalistas, que nos resignemos diante dunha situación inxusta, buscando por riba de todo tranquilidade e unha falsa paz. Tampouco podemos ser persoas inmobilistas, que xustifiquemos a orde actual das cousas, sen traballar ilusionadamente, nun esforzo creador e solidario, por un mundo mellor. Asemade, tampouco debemos ser persoas rebeldes que, movidas polo resentimento, botemos abaixo todo para asumir o lugar daqueles @s que derrubamos. Porén, @s seguidores de Cristo vivimos e actuamos movidos pola paixón e pola aspiración de colaborar nun cambio total da humanidade. As lecturas que imos escoitar hoxe invítannos a non desfalecer neste camiño, a non desanimarnos. Que nos deixemos engaiolar por esta Palabra de vida e esperanza. O PerdónPedimos perdón, Pai, porque mentres que Ti nos falas de entrega, valor, coraxe e esforzo, nós buscamos un milleiro de escusas tras as que agochar a nosa covardía e o…

Asunción 2013

María, ábrenos camiños de alegría e de solidariedade. María, ensínanos a amar con tenrura entrañable, a sufrir con serenidade, a servir con alegría, a esperar contra toda esperanza, a gustar a alegría do Espírito. María, acompáñanos no camiño da Pascua e ensínanos a sentírmonos pobres e felices, serenos e fortes, alegres e cheos de esperanza, para gritar: ¡Resucitou de verdade, El é o meu amor e a miña esperanza!”.
MARÍA, MULLER SEN MEDO QUE NON SE DEIXOU DOMINAR POLOS COSTUMES DO TEMPO. MARÍA, MULLER LIBRE QUE SOUBO ABRIR CAMIÑOS CONTRA A ESCRAVITUDE E O SOMETEMENTO PÓRTICONon foi doada a situación na que se viu envolta María ao saber que ía ter un fillo: solteira, muller e sometida aos comentarios e murmuracións dos seus veciños. Si, tamén naquel tempo, o mesmo ca hoxe, os veciños non tiñan outra cousas mellor que facer que murmurar e facer dano coa súa crítica a quen non actuaba segundo os ditados dos costumes do tempo. A pesares disto, María non recúa, non se volve atrás. Ela está decidida…