Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2013

12 Domingo TO C

O COMEZO DUNHA GRANDE AMIZADE NA QUE FLÚE O DIÁLOGO: OS SACRAMENTOS Pórtico Os católicos temos setes sinais cos que queremos mostrar que a presenza do amor de Deus se vai manifestando sempre na vida: os sacramentos. Cada un destes sinais quere achegarse a unha faceta da nosa vida para expresar que nela nos atopamos con Deus nunha experiencia de sentido e amizade. Son sete sinais de encontro e agarimo; nada que ver cos ritos baleiros nos que os temos convertido. Deus non nos deixa nunca, sempre quere encontrarse con nós. Desde o comezo ata o remate das nosas vidas, esta presenza vai dándonos a forza para ser misericordiosos, solidarios no alimentar aos irmáns, servizais na disposición a dedicar tempo a quen o necesite, consolo e agarimo na enfermidade e amor fiel que enriquece a convivencia. Neste domingo, esta experiencia de encontro e relación con Deus preséntanola Paulo ao dicirnos que o bautismo non é costume nin tradición, senón incorporación a Cristo, á súa morte e á súa resurrecció…

11 Domingo TO C

A RECONCILIACIÓN DESDE O AMOR: CAMIÑO DE VIDA E MADUREZ PERSOAL
PÓRTICO Toda a celebración litúrxica deste domingo xira ao redor da experiencia da reconciliación, da que tod@s nós, por unha ou outra razón, estamos necesitad@s. Reconciliación con nós mesmos –que pouco nos queremos ás veces!; reconciliación cos demais, reconciliación con Deus e mesmo reconciliación co mundo do que formamos parte. Reconciliarse é unha tarefa esixente: volver a unir o que por rutina, comodidade, costume ou indiferenza se foi rompendo, illando ou destruíndo. E o cumio da reconciliación é o cambio: volver a poñérmonos de novo en camiño, saber onde está a meta que tantas veces foramos deixando atrás. Nunha palabra, reconciliarse é conseguir de novo a ilusión na vida.
Xesús, no evanxeo que imos escoitar hoxe, danos un novo exemplo de que, se queremos, nada pode impedir que nos reconciliemos con Deus, con nós e cos demais. É unha cuestión de liberdade. A liberdade de coñecer, querer e saber. Non é Deus o que nos …