Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2013

50 anos Pacem in terris

CINCUENTA ANOS DA Pacem in terris O 11 de Abril de 1963, a piques de rematar o seu pontificado, o Papa Xoán XXIII, o Papa Bo –así alcumado por cantos vían nel a volta da Igrexa ao Evanxeo– publicaba a encíclica que pasou a ser referencia fundamental do seu pontificado e pola que sempre será lembrado: Pacem in terris. Nun momento no que a guerra fría e, dentro dela, a estratexia da disuasión adquiriran forza e servían como pedagoxía das dúas grandes potencias para seguir sementando medo e terror nas vidas e nas ilusións das persoas de todos os pobos, especialmente dos máis desfavorecidos, as seguintes palabras, que recollen a quen ía dirixido o texto do Papa Xoán XXIII, abrían un tempo de esperanza e expectativa, non só para os crentes, senón para todas as persoas de ben: “Aos venerables irmáns Patriarcas, Primados, Arcebispos, Bispos e outros Ordinarios en paz e comuñón coa Sé Apostólica, ao clero e fieis de todo o mundo e a todos os homes boa vontade ”. Si, porque as cinco

Corpus 2013

VIVE CON SINXELEZA E A CONVIVENCIA FARANOS MÁIS FELICES (CAMPAÑA DE CÁRITAS) PÓRTICO Nuns momentos de tanta dificultade como os que estamos a vivir, nos que cada vez o futuro é máis negro para tantas e tantas persoas, cómpre pararnos e pensar, con sinceridade e sen tentar enganarnos a nós mesmos, sobre cales son as necesidades fundamentais da nosa vida. Probablemente sexamos capaces de descubrir que o que nos fai máis felices e mellores persoas é a capacidade de querer e de sentirnos querid@s. Que mágoa que tivera que chegar esta maldita crise económica para que nos decataramos de que a plenitude non está no ter, senón no ser; que o importante non é o envoltorio exterior, senón corazón quente e solidario!!!!!!!!!!!!!!. Estamos diante dunha fonda crise de humanidade á que só poderemos facerlle fronte se entendemos, dunha vez por todas, que o centro non está en Wall Street, senón na PERSOA, querida e creada por Deus á súa imaxe e semellanza. Que a celebración deste día de Corpu

Trindade C

UN MISTERIO QUE SE MOSTRA COMO COMUÑÓN DE PERSOAS E SOLIDARIEDADE DE CORAZÓNS PÓRTICO Ao falar da Trindade, na teoloxía e na pastoral atopámonos cun problema de linguaxe, e como consecuencia, tamén de comprensión. Na nosa cultura, e desde os nosos conceptos, resúltanos difícil iso de que son tres pero só un; por iso é necesario renovar a linguaxe para poder comprender o que dicimos e celebrar canto queremos conmemorar na festa deste domingo. Esta renovación ten que levarnos a clarificar o que é o importante, o fundamental, o que nos pode axudar a entender que queremos dicir ao falar da Trindade. E sen escarvar en moitas disquisicións teolóxicas, diremos que a festa de hoxe quere mostrarnos que somos comuñón uns para cos outros; e que esta comuñón non pode vivirse máis que de xeito comunitario. Deus váisenos manifestando no tempo de maneiras diversas: como Pai que acompaña ao seu pobo nas dificultades e nos logros; como Fillo que abre camiños de encontro, fraternidad

Pentecoste C

NON HAI COMEZO SEN FINAL: PENTECOSTES, UN TEMPO NOVO PARA A IGREXA PÓRTICO Hoxe, domingo de Pentecostes, remata o tempo de Pascua. Ao longo dos cincuenta últimos días fomos acompañados polos textos da Escritura que nos narraban todo canto foran experimentando os Apóstolos logo da resurrección de Xesús: o paso da incredulidade, a incertidume, o desconcerto e desconfianza á confianza, á ilusión, ao sentido de descubrirse comunidade, á alegría de ir tomando conciencia de que Xesús seguía entre eles, que a morte non fora o seu final; que todo aquilo que lle foran escoitando e foran vendo no seu actuar seguía presente entre eles. Nunha palabra, que o fracaso non entraba nas súas vidas. E toda esta pluralidade de situacións anímicas e vivencias, descubriran tamén que era necesario dalas a coñecer, compartilas, comunicalas, para que outras persoas puideran sentir a mesma alegría e o gozo deles. É esta segunda experiencia a que tamén fomos seguindo ao longo do tempo de Pascua coa lectura