Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2013

6 domingo Pascua C

FRONTE Á RELIXIÓN DO MEDO, XESÚS OFRÉCENOS O AMOR DA RELIXIÓN PÓRTICO Unha vez máis a Palabra de Deus quere chamar a nosa atención para que non caiamos na vivencia dunha relixión do medo e da imposición, senón que nos invita e urxe a camiñar e vivir nunha relixión de liberdade, de paz, de amor. O Señor ponnos deberes, e a nós corresponde traballar para facelos ben, o que supón estar en actitude activa, e sempre á espreita de canto impida que a confianza, o respecto, o diálogo sincero e sosegado vaia dando froito na nosa relación cos demais. Especialmente con aqueles que pensan distinto a nós e non comparten o noso xeito de ver e facer as cousas. Que aprendamos de Xesús, para facer da nosa vida, non unha renuncia ao que son conviccións profundas, senón a, sen renunciar ao que cremos, saber poñer á persoa por riba de normas e imposicións.  O PERDÓN Porque nos sobra medo, e nos falta confianza, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MISERICORDIA. Porque lle damos consellos aos demais, pero somos incap…

5 Pascua C

CANDO O AMOR NON É O EIXE, AS PERSOAS NON SON O CENTRO DA ACCIÓN PASTORAL
PÓRTICO Paz e ben ao comezo desta nova celebración do tempo de pascua. A paz que nos deixou Xesús e que, non sen dúbidas, acabaron crendo e acollendo os discípulos. Hoxe tamén nós somos invitados a seguir sendo construtores de paz alí onde esteamos. Paz que une, paz que acompaña, paz que escoita, paz que constrúe xustiza, paz convertida en camiño de seguimento. Tamén ben. Ben para poder sorrir co irmán, ben para sacar adiante novos proxectos, ben para non desesperar fronte ás dificultades, ben para que o irmán non sexa algo, senón alguén querido por Deus e dignificado polo actuar dos irmáns, que busca humanizar e agarimar. Que a celebración de hoxe nos alente e encamiñe na busca desta paz e deste ben.


O PERDÓN Para que non deixemos que os nosos corazóns se pechen á paz e ao ben que nos trae Xesús, SEÑOR, QUE NON DECAIAMOS NO CAMIÑO. Para que aprendamos a vivir o amor desde o encontro con quen puidera necesitarnos, CRI…

4 pascua C

Ao pe do teu caxato sentín o meu sosego
PÓRTICO CONFIANZA.Esta podería ser a palabra que mellor define e se achega a este tempo de Pascua e á celebración deste terceiro domingo pascual. Confianza en Deus por riba das desconfianzas que nos fan sentir os que falan, din e se manifestan coma os seus representantes e para os que non hai sosego -senón moitas valgadas sombrías-, para os que todo son males, desconfianzas, condenas e imposicións. A pesares deste xeito de actuar por parte dos que queren seguilo sendo pastores das comunidades ás que están chamados a servir, o Deus que en Xesús vence á morte, segue a dicirnos que nesas valgadas sombrías nas que todo parece saír mal, El nin se esquece nin se vai: está, permanece, continúa á nosa beira. É o único e verdadeiro Pastor.
Que nesta mañá que nos reunimos para escoitar, compartir e celebrar a confianza en Cristo Pastor, renovemos o noso compromiso de manter sempre firmes as nosas conviccións e a nosa esperanza, unidos a aqueles que, na súa …

3 Pascua C

QUE NUNCA TEÑAMOS MEDO DA TENRURA: QUÉROTE.... QUE PALABRA TAN FERMOSA CANDO SE DI CO CORAZÓN!
PÓRTICO
Paz e ben. Os discípulos non se decataban de que Xesús estaba alí, con eles, ao seu lado. E non eran capaces de recoñecelo porque inda non se deran conta de que a súa presenza non necesita anunciarse nin mostrarse con grandes roupaxes e pontificais barrocos. Non, El vaise facendo pequeno na sinxeleza das cousas de cada día: na ledicia de facer ben o traballo, no tempo dedicado a falar coa muller e cos fillos, cos pais, cos avós, cos veciños, cos amigos...na palabra que sabe recoñecer o ben que outros fixeron as cousas… no saber aproveitar cada un dos momentos da nosa vida para dar resposta positiva á invitación do “sígueme“ que nos fai. Non teñamos medo, superemos a desconfianza. El está ao noso lado. Aprendamos a dicirlle:”aquí estou, Señor, e sabes que?. Quérote!”.
O PERDÓN

Aínda que ás veces non nos esforzamos por recoñecerte nas cousas pequenas de cada día, e non traballamos para fac…